Presidenta: Mª del Carmen Pérez Fontao, veciña da parroquia do Castro San Martiño, con domicilio no lugar de Grumelez.
Vicepresidenta: Isolina Fernández Vázquez, veciña de Vilaxuste
Secretaria: Ana María Vázquez Rodríguez, de Portomarín.
Tesoureira: Mª Dolores López López, veciña de Recelle
Vocal: Mª Aurora Vázquez Mosquera veciña de Castro San Martiño.
Constitúen unha asociación sen ánimo de lucro, o abeiro da vixente lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación decidindo por unanimidade chamala “ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS O XARAMAGO”.
Os seus fins principais como ben definen na acta fundacional son:
- Promocionar a igualdade da muller rural
- Mellorar as relacións sociais entre as mulleres do concello
- Intentar recuperar tradicións esquecidas.
A primeira actividade que realiza a asociación é un cursiño de manualidades e pintura´que se está desenvolvendo no Cruceiro e na localidade de Portomarín.
Deixámosvos unhas cantas imaxes para que vexades algúns dos nosos traballos, e tamén vos invitamos a que vos unades a nos .
Queremos tamén invitarvos a colaborar na elaboración de iste blog deixándonos comentarios e todo tipo de suxerencias e imaxes que pensedes que poden ser de interés.
![]() |
Isolina |
![]() |
Ana Vázquez |
![]() |
Lorena Platas |
![]() |
Isolina |
![]() |
Lorena Platas |
Mari carmen
Mari Carmen
Mari carmen
Pilar Silva
todo e moi bonito hay que seguir pintando e haber se se nos punta mais xente que esto merece a pena e é moi entretenido e pasase ben.
ResponderEliminarun saludo
alégrame moitisimo que penses así. saudos
EliminarEstou impresionado co moito traballo que levades feito en tan pouco tempo. Din que os muros estan ahi para ser saltados ou derrubados. Tamen se di que cando fortes ventos sopran uns agachanse tras dos muros e outros/as construen muiños de vento. Alegrome de ter entre as miñas veciñas a mulleres de seu, que xa vexo que non lle teñen medo ao esforzo. Unha aperta e bicos.
ResponderEliminarJuan Serrano
Saudos Juán, será unha honrra para nos que nos sigas visitando e poder contar cos teus comentarios.
Eliminarnoraboa polo voso traballo, o rural galego: mundo de oportunidades, precisa iniciativas creativas, comprometidas e dun interés impresionante, como os vosos. Moito ánimo e pónome a vosa disposición, para canalizar ideas e proxectos que podan ser do voso interes. Unha aperta. Elena Candia, portavoz do PP na Deputación Provincial de Lugo e do Partido Popular de Mondoñedo.
ResponderEliminar