de todo un pouco

venres, 29 de marzo de 2013

Xa está aqui un ano mais a Festa da Augardente


         

O vindeiro domingo día 31 un ano máis celebramos no noso concello a Festa da Augardente, que xa vai pola  XLIII  edición.

         Este é o programa de actos de este dia, que empezan as 10 da maña co prendido das alquitaras e prolóngase ata o amancer, coa verbena que estará amenizada pola orquestra amencer.

         Así mesmo, como fixemos o ano pasado, nos tamén estaremos alí expoñendo as nosas manualidás o longo de todo o dia.

         Haberá tamén degustacións de produtos típicos do noso concello, e creemos que, esta garantido un fermoso día de lecer na nosa vila se te animas a visitarnos.

         Deixo  o programa para que podades consultalo, e tamén un enlace para que vexades o que o noso amigo Iago Santalla escribiu sobre este dia


 

venres, 8 de marzo de 2013

DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


Hoxe, coma cada 8 de Marzo, celebramos  o día internacional da muller traballadora, un día, no que as mulleres de todo o mundo, se unen para celebrar o seu dia, vencendo fronteiras relixións, clases sociais , para xuntas loitar polos seus dereitos, e o mesmo tempo celebrar os  xa conseguidos.


Este día conmemórase a loita da muller por a súa participación, en pe de igualdade co home, na sociedade e o seu desenrolo íntegro como persoa. En algúns países incluso e festa nacional.

A directora executiva da ONU mulleres gravou este vídeo para celebrar este dia do que tamén vos deixo este enlace.


 

Sigamos loitando porque cada día sexa un 8 de marzo, aínda queda moito camiño por andar.