de todo un pouco

mércores, 19 de setembro de 2018

SENDA DO OSO, HORRIBLEMENTE BELA


          Conocemos  "horriblemente bela"  Senda do Oso, gracias as nosas veciñas de Paradela, xa que elas a visitaron fai un tempo atrás e compartiron imaxes nas súas redes sociais  que espertaron  a nosa  curiosidade por este bellísimo lugar,  e a través de elas,  e tamén investigando nos  mesmas sobre dita senda,  tras consultar diversas páxinas en internet para documentarnos un pouco sobre si esta ruta sería axeitada para nos, decidimos  coller as nosas mochilas e  partir de cara a esta  espectacular  paraxe.

      Partimos as 6.30  de Portomarín, onde nos esperaba o  noso autobús habitual para partir  dirección Proaza, posto que foi alí no cercado oseiro onde empezamos a nosa peregrinaxe por estas paraxes asturianas que tanto nos gustaron.












         

          Como e habitual en nós, fixemos un pequeno descanso no camiño, xa que o viaxe era longo, para poder tomar o primeiro café do día, e facer a primeira foto  cos nosos condutores, posto que a maioría das veces levamos dous para aproveitar o día o máximo, sen problemas horarios para eles, que como todos sabedes, non poden ter os discos activos mais de 15 horas diarias. Para elo e aproveitando que tivemos que desviarnos a Mondoñedo, por estar a autovía pechada por mor da néboa, fixemos un alto no bar do Rei das Tartas para estirar as pernas e repoñer un pouco de forzas para iniciar despois xa a ruta sen outro tipo de pausa.





         Iniciamos de novo ruta, agora hasta o cercado oseiro, en Proaza, contemplando xa as preciosas paisaxes o noso paso, que non era mais que un adianto do que nos estaba esperando.

          En un principio, e vistas as predicións meteorolóxicas na zona, temíamos que o tempo non fora tan desexable como nos gustaría, pero unha vez alí, pronto nos demos conta que o día non podía ser mais agradable para pasear tranquilamente, sen presa, por unha das paraxes mais fermosas que encontrei o longo da miña vida.






        Empezamos o percorrido; non sen antes ler as indicacións que se nos fan en este cartel. En un principio discurre por un verde val entre montañas, onde e frecuente ver vacas pastando en un verde que parece unha inmensa alfombra, aínda mesmo en esta época avanzada do verán, polos marxes da senda a vexetación predominante e de avelaneiras; sorpréndenos, que durante toda a ruta, non contemplamos ningún tipo de vexetación que  non fose autoctona.

        Xa pronto encontramos o cercado oseiro, onde están en seme liberdade as osas Paca e Tola, que contemplamos a unha de elas durmindo placidamente dende a mesma senda, paramos no mirador do cercado para seguir a diante, por unha senda, que como era un dia laborable, venres, solo en algunhas ocasións nos encontramos con algúns ciclistas, os que a veces nin sequera sentíamos acercarse.





          Despois de un rato de camiño encontramos un pequeno pobo, ligada claramente a súa forma de vida a senda, con varios postos de aluguer de bicicletas, e con algún chiringuito onde poder refrescarte antes de entrar o Desfiladeiro de Peñas Juntas.




          
        A súa entrada encontramos este cartel, que nos chama a atención, e nos preguntamos ¿como algo pode ser horriblemente Bello?, pero unha vez dentro do desfiladeiro comprobamos que efectivamente e horrible!!! Pero o mesmo tempo, moi moi moi belo, e por iso decidín poñerlle a esta entrada o titulo de “ Senda do Oso, horriblemente bela”,  facendo honor as palabras de a rexenta María Cristina, por conxugar tan ben estes dous adxectivos tan dispares.

          Empezamos o percorrido polo Desfiladeiro de Peñas  Juntas, acompañadas en todo momento polo Rio Trubia o noso carón, e polo outro marxe do río a carreteira  AS 228, en algúns momentos o desfiladeiro estreitase tanto que xa non hai cabida para os tres,  soamente cabe o rio, discorrendo a carreteira e a senda por túneles escavados baixo a roca












          Creo que pouco se pode engadir de esta espectacular paisaxe, posto que as imaxes falan por si soas, solo que o desfiladeiro de Peñas Juntas ten uns 4 uns  km de lonxitude, e unha vez dentro non se pode saír e sumados a os cerca de 4 km que hai dende o cercado oseiro onde empezamos fan uns 8 km, que discorren por unha senda practicamente chan sendo un percorrido asumible para calquera persoa, independente da súa forma física.







          
         Chegou un momento que nos cruzamos coa N- AS 228, e decidimos chamar o autobús  que pasara a recollernos, e continuar dirección o embalse de Valdemurio onde tiñamos constancia de que había unha área recreativa, outra fermosa paisaxe para desfrutar antes de ir a comer a Taberga onde tiñamos feita a reserva.  

          Estas son algunhas imaxes tomadas en Valdemurrio, que vos deixamos posto que elas falan por si soas, e para non facer a entrada tan extensa.












  



             

         De aquí  de novo en autobús collemos dirección Teberga, para tomar un descanso mentres desfrutábamos de un bo xantar no restaurante Casa Lauréano, que rexentado por unha galega de Laxe, nos serviron en unha terraza exterior un abundante xantar composto de fabada, cocido tebergues, macarróns, cabrito, bacallau, terreira, e pósteres  tamén variados miña nai....alí comida non nos faltou.....😋😋😋











Xa despois de comer, acordamos facer unha pequena visita a Gijón para rematar a xornada, estivemos paseando por o paseo litoral visitamos o porto deportivo, palacio de Revillagigedo, e un pequeno callexeo  arredor do múelle deportivo decidimos dar volta para a casa, con outra viaxe as costas da que gardaremos un fermoso recordo.