de todo un pouco

xoves, 26 de abril de 2012

ALGUNHAS IMAXES DA NOSA I EXPOSICION


O pasado día 8 de abril celebrouse no noso concello a XLVII edición da festa da augardente, e con tal motivo, fixemos a nosa I exposición de manualidades, na que expuxemos parte dos nosos traballos.
A exposición estivo aberta durante a meirande parte do día a todos os que quixeron visitala, tendo gran afluencia de visitantes. Estas son algúns dos traballos que alí expuxemos.

Algunhas de nos na exposición coa nosa profe



Aquelas catiuscas que estaban abandoadas


Cuadros e aquelas pequenas cousas que xa non servían









                 Aproveitando tellas e bidons en desuso








                               A sopeira da aboa que xa non servía




                                           O espello restaurado


      Algúns cacharos inservibles decorados con esmero 










                              Bonito centro feito de tellas


                              A silla que se rescatou do trasteiro


                               
                                                   Un fermoso bodegón


                                      Algúns dos nosos cadros














Fermosa lámpara




A sulfatadora e a cafeteira antiga




De lousas tamén facemos reloxios





sábado, 7 de abril de 2012

I EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES DE O XARAMAGO

          Iste día 8 de abril, e con motivo da XLII Festa da Augardente, celebramos a nosa I exposición de traballos manuais na Casa do Concello.

          A exposción estará aberta todo o día para quen queira visitarnos e alí expoñeremos parte dos traballos que fomos realizando o longo de nosa pequena historia como asociación.


ESPERAMOS A VOSA VISITA

DE NOVO AQUI!!!!.................

                     Querid@s seguidor@s:

          Un pequeno problema de saude matívome uns días un pouco alonxada de estas páxinas, aínda que cada día procurei na medida do posible, ler e contestar o vosos comentarios.
           Xa case que restablecida, espero que nos sigades vistando e poder seguir publicando novas cousas que podan ser do voso interese.

                         Un afectuoso saudo a todos os que nos visitades



                                             O XARAMAGO

O DIA 8 CELEBRAMOS A XLII FESTA DA AUGARDENTE

PROGRAMA DE ACTOS:



Mañán día 8 de abril, celebrase no noso concello o XLII Festa da Augardente,  co seguinte programa de actos:

          10.00 h Prendido das alaquitaras na Praza maior

          11:00 h Pasarruas coa banda de Taboada

          12:00 h Solemne Procesión do Encontro e a continuación misa na Igrexa se San Xoán. De seguido concerto a cargo da Banda.

          16:00 h Actuación da "Batucada Áxe".

          5.30:00 h Cabildo Xeral da Orde serenísima da alquitara nos salóns da Casa de Cultura, coa recepción dos novos Cabaleiros e Damas que ingresan na Orde,  e a continuación pregón na Praza do Concello. Seguirá a este acto o concurso de augardente, proba, selección e fallo do Xurado nos soportais da Casa do Concello.
Entrega de premios os augardienteiros gañadores.

          18:30 Actuación do grupo de gaitase folclore galego "Río Miño".

          10:00Actuación da orquestra "Breixa Band".

          12:00 Queimada popular ofrecida polo concello.

           Haberá exposición de artes da pesca da anguía en caneiro e de anguías vivas.

          Tamén exposición de productos artesanais.

          Durante todo o día no Concello haberá exposición de traballos realizados pola Asociación de Mulleres Rurais "O Xaramago".

          Degustación a precios populares de filloas flambeadas con augardente  e de empanada de anguía