ORELLAS:
INGREDIENTES:
800 gr de fariña
800 gr de fariña
2 ovos
1 vasiño de anís
100 gr de manteiga derretida no microondas
1 vaso de auga morna
Sal e azucre ou mel
Aceite para fritir.
100 gr de manteiga derretida no microondas
1 vaso de auga morna
Sal e azucre ou mel
Aceite para fritir.
MANEIRA DE FACELAS
Mesturase a manteiga coa auga morna e agréganselle os ovos, a sal, o anís e vaise engadindo tamén a fariña; formase unha masa que hai que traballar moito para que colla liga. Estírase ben fina e cortase en rectángulos. Logo frítese en abundante aceite.
Sérvense expolvoreadas con abundante azucre ou mel
FREIXÓS:
INGREDIENTES:
250 gr de fariña de trigo
3 ovos
30gr de manteiga
½ l de leite
5 gr de azucre
Unha pizca de sal
3 ovos
30gr de manteiga
½ l de leite
5 gr de azucre
Unha pizca de sal
Deixámola repousar unha ou dúas horas e despois dise tempo, nunha tixola un pouco engrasada cun pouco de aceite, ponse un pouco de esa crema (a suficiente para que cubra todo o fondo da tixola) e extendémola por todo o fondo, procurando que nos quede o mais fina posible; cando calle dámoslle a volta para que se doure polo outro lado.
Pódense comer así ou enchelos con crema pasteleira, nata, chocolate ou tamén con cousas saladas.


Ningún comentario:
Publicar un comentario