de todo un pouco

sábado, 25 de febreiro de 2012

FACENDO UN POUCO DE HISTORIA

              Para as persoas que non coñezan nada do noso concello, imos facerlles un breve relato da súa historia, para que así podan entender  as imaxes e os vídeos que  aquí publicamos.
              Portomarín e unha pequena localidade situada na provincia de Lugo,  con historia dende o século II,  que foi cando os romanos construíron a primeira ponte da vila, que xunto as pontes romanas de Lugo e Ourense, eran as únicas pontes para cruzar o Río Miño.

               
     

             Así a vila naceu e creceu o lado da ponte romana construída na Idade Media  e do Camiño de Santiago.
              A vila de Portomarín estaba  formada por dous barrios, un a cada lado do Río Miño, San Pedro  marxe esquerda e San Xoán na marxe dereita.
              Na Idade Media, Portomarín acadou unha gran importancia, chegando a contar con tres ordes de cabalería; Os Cabaleiros da Orden de Santiago, que habitaban non Mosteiro lo Loio, a Orde do Templo e a Orde dos monxes cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén.

O POBO QUE SE TRAGOU O RIO MIÑO:
                  O pobo no que actualmente viven os veciños de Portomarín e relativamente xoven, xa que apenas ten 50  anos de historia, o antigo foi engulido polas augas do Miño o  construír o embalse de Belesar en  Chantada.

   

              Este  embalse con unha cola de mais de 40 km deixou sepultada a vila para sempre,  a pesar de ser declarada Conxunto Histórico  Artístico no ano 1931. Franco e Barrie de La Maza, Presidente de Fenosa en aquel entonces, fixaron a morte do histórico Portomarín no 1963, cando inaguraron o embalse e a nova vila de Portomarín,deixando tras de si vivendas, hortas,campos, e séculos e séculos de historia.
                A os veciños da vila déuselles a oportunidade de trasladarse a unha nova casa no pobo novo,  construído no Monte do Cristo, ou diñeiro para ir a outro lugar, algúns dos veciños non quixeron vivir cos recordos da súa vida sepultada e marcharon a outros lugares , descendendo a poboación considerablemente en aquel momento.
                Pero antes de marchar, os seus veciños ávidos por rescatar parte da súa historia, trasladaron pedra a pedra parte do seu patrimonio, numerando pedra a pedra as pedras da súa igrexa románica de san Xoán e volvendo a levantala no centro do novo pobo o lado da Casa do Concello, así coma un arco da ponte romana que hoxe preside a entrada da vila o a construción do Pazo do conde da Maza  ou o de Berbetouros.

                                            


         
O REXUDIR DAS RUINAS:
                Durante o  pasado ano 2011, unhas obras que se realizaron no embalse  de Belesar, obrigaron a desembalsar  parte da auga,  quedando a vista  as ruínas de todos os pobos asolagados, restos de pobos, ceminterios  , e incluso gran cantidade de troncos de árbores mortos que quedaron debaixo das augas,  rexurdiron despois de 50 anos outra vez, traendo  unha morea de recordos os veciños de novo, aínda que cada ano, nos meses de verán, (agosto e setembro), en Portomarín, debaixo do lodo que deixa a auga, poden verse algunhas das pontes que se usaban antano, e incluso permiten utilizar os caneiros para pescar as anguías, tan apreciadas no noso concello.


                O embalse xa foi trancado de novo o remataren as obras, e de novo a auga sepultara os recordos e a historia, aínda que cada ano, en  Portomarín se poda ver algo das ruínas de antano.





               
                 

5 comentarios:

  1. gracias por enseñarnos o antiguo Portomarin os que non tuvemos aportunidad de velo na sua realidad por que os nosos untepasados tonto añoran saudos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias a ti por visitarnos, encantada estou de poder facelo, e de que nos visitedes. Un saudo

      Eliminar
  2. Es muy bonito este pueblo en su realidad y muy acogedor al que lo visita y conocer su historia aun mas. Un saludo y no dejeis de enseñarnos cosas tan interesantes

    ResponderEliminar
  3. Intentaremos seguir publicando cosas que os gusten. Un saludo y gracias por visitarnos

    ResponderEliminar