INGREDIENTES:
2 mánollos de grelos
2 lombos de bacalao por persoa.
1kg de
patacas
2 dentes de allo
Aceite de oliva
Un pouco de pimentón.
MANEIRA DE FACELO:
Poñemos o bacalao
a desalar polo menos 36 horas cambiándolle a auga varias veces.
Limpiamos os grelos, e votámolos a cocer nunha pota en auga fervendo, deixámolos que cozan ben. Cando xa logo están cocidos engadímoslles unhas patacas picadas gordas procurando que non se nos desfagan o cocelas.
Por outra banda, poñemos unha pota con auga a ferver, e emgadímoslle o bacalao, deixámolo que coza durante uns 5 minutos.
Poñemos o bacalao xa cocido encima dos grelos coas patacas e reservamos.
Poñemos unha tixola con aceite a quentar, e douramos os allos, sacamos do lume e engadimos o pimenton; botamos o refrito encima do bacalao e dos grelos e servimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario