Se consultamos a Galipedia ou
calquera outra das numerosas fontes sobre a historia de Portomarín, podemos ler,
entre outras cousas, que e un concello
da provincia de Lugo, que pertence a comarca de Lugo e a Ribeira Sacra, que o seu xentilicio e portomarinense.
Os diferentes arquivos históricos tamén fan alusión os numerosos vestixios
atopados o longo do concello xa dende os tempos da prehistoria (medorras e
castros repartidos o longo da súa xeografía, un dos mais destacados o Castro de
Castromaior).
Dinnos tamén que a primeira ponte romana sobre o
Río Miño foi construída no século II, habendo vestixios de este pobo no
Códice Calixtino, onde aparece Portomarín denominado como Pons Minea ( ponte do Miño).
Así, podemos seguir facendo historia o longo da Idade Media, onde a Orden de
Santiago, a Orden do Temple, e a de San Xoán de Xerusalén, monxes que debido
o seu carácter guerreiro mandaron construír
a Igrexa de San Xoán con aspecto de fortaleza.
Xa na Idade Contemporánea temos multitude de alusións a declaración da vila como Conxunto Histórico- Artístico no ano
1946, ou a construción do Encoro de Belesar que sepultou a vila sendo trasladada o Monte do Cristo no ano1962, onde o seu
patrimonio cultural foi trasladado pedra a pedra o seu enclave actual, ou que
no ano 2016 foi declara vila de interese turístico.
Tamén e sobradamente coñecido a súa vinculación co Camiño de Santiago que
cruza todo o concello.
Pero menos coñecidas son as fermosas paisaxes, con numerosas vistas o pobo,
e distintos sendeiros que rodean o embalse e zonas próximas onde podemos perdernos en un bosque, durmir
o lado de un río, buscar a Estrela Polar ou simplemente........esquecernos das
moitas tensións as que nos somete o ritmo de vida actual, comparto con vos este
vídeo que o Concello de
Portomarín fixo para promocionar esta parte mais descoñecida do concello, pero............¿¿.gardádesme o segredo??.
Aqui
queda o enlace o video que o concello encargou a 60 ráfagas para
promocionar esta faceta mais descoñecida do turismo de
portomarin........PORTOMARIN...NOS GUARDAS EL SECRETO??
Espero que sea el secreto peor guardado y asi llegue a todo el mundo.
ResponderEliminar