Hoxe e o primeiro día da coresma, en moitas familias galegas aínda se sigue gardando a vixilia, aínda que non sexa por motivos relixiosos hai xente que o sigue facendo tamén por seguir conservando a tradición xa que, os nosos antepasados, o mércores de cinza, todos os venres da coresma e Xoves e Venres Santo non comían carne e algúns de eses días tamén aiunaban
No meu caso , na miña familia seguimos respetando esa tradición mais por motivos tradicionais que relixiosos; por iso hoxe , mércores de cinza, optei por facer unhas tradicionais patacas con bacalao e postos a facelas, decidín coller a cámara e compartilas con vos, aínda que e unha receita tan tradicional na nosa terra que todas saberedes facela.
INGREDIENTES :
Patacas
Bacalao
Uns dentes de allo
Unha cebola
Pimentón dulce
Sal
Aceite
MANEIRA DE FACELO:INGREDIENTES :
Patacas
Bacalao
Uns dentes de allo
Unha cebola
Pimentón dulce
Sal
Aceite
Se o bacalao es salgado, poñémolo a desalgar o dia anterior, ( agora podemos encontralo conxelado no seu punto de sal, aínda que o sabor non e o mesmo e mais rápido e pode sacarnos de un apuro), picamos o bacalao en cachos non moi grandes.
Pelamos as as patacas e cortamolas en cachos non moi grandes procurando escarchalas para que solten mellor a fécula e nos espesen mais a salsa.
Poñemolas a cocer en unha pota e añadimos un pouco de sal, procurando quedarnoscortos, xa que o bacalao transmitirá parte do seu sal as patacas.
Cando estean as patacas cocidas, engadimos o bacalao, solo ten que cocer uns dous ou tres minutos para que non se nos desfaga.
Cando xa estea o bacalao cocido escorremos a auga das patacas , reservando unha pouca para votarlle a o refrito.
Cando xa estea o bacalao cocido escorremos a auga das patacas , reservando unha pouca para votarlle a o refrito.
Para o refrito poñemos unha tixola o lume con un pouco de aceite, engadimos o allo ea cebolaben picadiños e deixamos dourar a fogo lento,sen que se nos queime
Cando teñamos a cebola e o allo dourado engadimos un pouco de pimenton,e sobre il a auga que reservamos de cocer as patacas, deixamos ferver a mestura.
Botamos o refrito encima das patacas e volvémolas a o lume para que collan ben o sabor do refrito. Servímolas ben quentiñas. Que bos aproveiten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario