de todo un pouco

xoves, 30 de xullo de 2015

COUSAS QUE DEBEMOS SABER SOBRE AS NOSAS MAMAS

O cancro de mama e   o tumor maligno mais frecuente entre as mulleres de todo o mundo tanto en países desenrolados como en aqueles en vías de desenrolo.
Según as fontes consultadas,  en España a incidencia e menor que en outros países de Europa tales como Reino Unido, países  Baixos , Bélxica,  Alemania,  Francia e Suiza.
En España diagnostícanse uns 26000 casos o ano, representando o 30% de todos os tumores do sexo feminino no noso pais. A maioría dos casos diagnostícanse entre os 35 e os 80 anos, con un máximo entre os 45 e os 65, aínda que, non se dispón de un Sistema Nacional de rexistro de tumores  para coñecer as cifras exactas, sendo estas cifras aproximadas.
De tal xeito, as estimacións de padecer cancro de mama o longo da vida, e de 1 de cada 8 mulleres, polo que consideramos moi interesante coñecer as nosas mamas e facer exploracións frecuentes co fin de poder detectar algunha anomalía que se poda producir.  estes vídeos creo que poden ser explicativos de como facelo, e así mesmo, ensínannos a coñecer mellor  as nosas mamas.


 




mércores, 29 de xullo de 2015

CLUB DE ATLETISMO S. BARTOLOME, fermosa iniciativa


O CLUB DE ATLETISMO  S. BARTOLOME  a través da Oficina de turismo do Concello púxose  en contacto con nos, para facernos partícipes de unha bonita iniciativa que está levando a cabo en colaboración coa  Asociación  Española Contra o Cancro.


A seu proxecto consiste en percorrer doce etapas do camiño francés, dando información de enfermidade, dedicando cada unha das etapas a un cancro determinado, inculcando hábitos saudables, prevención , apoio emocional e de investigación.


Tamén desenrolarán actividades para remover a conciencia sobre o cancro.

Esta  e a información que  nos pasaron que compartimos con todos vos no seguinte enlace. 


                                            Camino de Santiago Solidario

mércores, 22 de xullo de 2015

Visita O Grove e A Toxa


Pasou xa unha semana da visita a  O Grove e  A Toxa, creo que non fai falla describir o  bonito día que pasamos por alí entre todas, intento que o vexades con este vídeo que montei con algunhas das fotos que  fixemos..........espero que vos guste .
Fermosísimos momentos de complicidade entre todas, calquera cousa nos sirve para  prender a chispa da risa para facer de calquera momento un momento inesquecible ; coma o famoso “bocadillazo” que xamais esqueceremos.
Grazas “ rapazas” entre todas facemos un bo equipo, un equipo que me sinto completamente orgullosa de capitanear. QUERESEVOS.
Din que unha imaxe vale  mais que mil palabras así que ahí vos deixo o vídeo.


                                   
                             


martes, 14 de xullo de 2015

Unhas cantas cousas que un home non debe olvidar......


mujer embarazada

            Hai unha série de cousas que un home nunca debería olvidar, que se encontrar moi ben recollidas en este post do que vos deixo o enlace.
       
           Cuándo un Hombre es un "Verdadero Hombre" no olvida jamás esto de una mujer...

mércores, 8 de xullo de 2015

ALGUNHAS ACTIVIDADES PARA ESTE VERAN

                                                                                                                      

                                                                                                                  O XARAMAGO

                                                                                           ASOCIACIÓN  DE MULLERES RURAIS




Reunida a Directiva do Xaramago con fecha  2 de Xulio de 2015 acordamos establecer as siguientes actividades:

·         día 15 de Xulio  ( mércores)  faremos unha viaxe  a Toxa  e o Grove, faremos unha  ruta en catamarán   pola Ría de Arosa , e visitaremos os puntos de interese  de toda  esta zona.

·         día 1 de agosto (sábado )  faremos unha excursión a Covadonga, onde visitaremos Cangas de Onis,  O Santuario de Covadonga  e subiremos a visitar Os  Lagos de Covadonga, si nos queda tempo aproveitarémolo para visitar algún lugar de interese da zona como sempre acostumamos a facer.


      

Coma sempre, os gastos de autobús nos dous casos correran a cargo a  Asociación así como as entradas  os distintos sitios  que o requiran, correndo soamente a cargo das socias a comida e os gastos persoais.
Si houbera algunha persoa non socia que desexe acompañarnos, tera que pagar a súa parte de autobús  e pode facelo tamén.
 Recordarvos que puxemos como límite do pago da cuota anual do 2015 o 31 de agosto, as que ainda non a abonastes acordadevos de facelo.

Para mais información podedes chamar a os teléfonos de sempre,  onde tamén vos informaremos da hora e lugar de saída do autobús , inda  pendente de concretar.
                                              
     
  Sen outro particular, un saudo de
                                                                                 O XARAMAGO                      



martes, 7 de xullo de 2015

A FESTA DO RAMALLO

Este pasado domingo, coma cada primeiro domingo do mes de xúnio, as calles de Portomarín engalanáronse para celebrar o día da Festa do Ramallo, en honor a Santa Isabel.
 Como e tradición desde tempos moi lexanos,  xa que esta festa xa se celebraba na antiga vila que sepultou o embalse, colócanse ramallos que embelecen  toda a zona dos soportais da entrada pincipal a  vila, por onde transcorre a procesión de Santa Isabel




Coincidindo con este día, os maiores do concello celebran a súa festa da terceira idade, así como a a Asociación  O Ramallo.
            Os actos empezaron os 12 da mediodía coa celebración de unha misa solemne a que asistiu gran cantidade de xente, e na que actuou un coro rocieiro que fixo as ledicias de todos os asistentes, así como as gaitas da Asociación Cultural Río Mino que acompañaron a procesión co son das súas gaitas.

     

                 








                                                                                                                                                                              Terminada a celebración da eucaristía, os maiores reuníronse no Parador de Portomarín para celebrar a comida habitual da terceira idade, onde dona Olga Lama (actual presidenta da asociación  O Ramallo ) e  Xoán Serrano ( alcalde de Portomarín)  dedicaron unhas palabras a os existentes.                                                                                                                                                     



Despois de entregar os habituais premios a o home e a muller de maior idade  deuse paso a música e o baile hasta ben avanzada a tarde.