de todo un pouco

xoves, 19 de marzo de 2015

Ribeira Sacra




"Algo de mi con mucho de ti"

Ana Vila Portomeñe, e, como mui  ben ela di, unha gandeira da Vila, parroquia de Meixonfrio, situado no límite do concello de Taboada con Portomarín.
A pesares das múltiples tareas  tanto familiares como laborales que ten,  consigue sacar tempo para escribir uns marabillosos poemas que a  mesma vida diaria lle vai inspirando.
Publicou un libro, que puxo a venda “Algo de mi con mucho de ti, que según me consta, esta sendo un éxito de vendas.
Deixovos un vídeo de unha entrevista que tele 20 lle fixo estes días atrás, onde  ela mesma nos conta un pòuco como e a  súa  vida e as súas fontes de inspiración.
Nos queremos animarte a seguir publicando eses bonitos poemas , e que, co teu facer diario, poñas un grao máis de area  para demostrar  que  a gandería  e o rural galego esta cheo de mulleres loitadoras, que valen moito   e cheas de ideas coma ti.




domingo, 8 de marzo de 2015

8 DE MARZO DE 2015 (dia da muller traballadora)

            Como cada ano, non podemos deixar pasar o día de hoxe sin facer a nosa pequena homenaxe a todas as mulleres, que, sen ser recoñecido, poñen gran empeño e tesón no traballo diario para sacar a súa familia a diante,  compaxinando as tarefas e obrigas familiares cos seu traballo fora da casa.
                

             Deixovos estos tres videos  que espero que vos gusten, e que  de distinta maneira describen as distintas facetas da muller, no primeiro faise un pouco de historia, no segundo enuméranse as distintas facetas da muller, e o terceiro e unha parodia do que "ELES" pensan que facemos.

             FELIZ DÍA DA MULLER TRABALLORA