de todo un pouco

xoves, 15 de xuño de 2017

PORTOMARIN....¿NOS GUARDAS EL SECRETO?


Se consultamos a Galipedia  ou calquera outra das numerosas fontes sobre a historia de Portomarín, podemos ler,  entre outras cousas, que e un concello da provincia de Lugo, que pertence a comarca de Lugo e a Ribeira Sacra, que  o seu xentilicio e portomarinense.

Os diferentes arquivos históricos tamén fan alusión os numerosos vestixios atopados o longo do concello xa dende os tempos da prehistoria (medorras e castros repartidos o longo da súa xeografía, un dos mais destacados o Castro de Castromaior).

Dinnos tamén que a primeira ponte romana  sobre o  Río Miño foi construída no século II, habendo vestixios de este pobo no Códice Calixtino, onde aparece Portomarín  denominado como Pons Minea  ( ponte do Miño).

Así, podemos seguir facendo historia o longo da Idade Media, onde a Orden de Santiago, a Orden do Temple, e a de San Xoán de Xerusalén, monxes que debido o  seu carácter guerreiro mandaron construír a Igrexa de San Xoán con aspecto de fortaleza.

Xa na Idade Contemporánea temos multitude de alusións a declaración da  vila como Conxunto Histórico- Artístico no ano 1946, ou a construción do Encoro de Belesar que sepultou a vila  sendo trasladada  o Monte do Cristo no ano1962, onde o seu patrimonio cultural foi trasladado pedra a pedra o seu enclave actual, ou que no ano 2016 foi declara vila de interese turístico.

Tamén e sobradamente coñecido a súa vinculación co Camiño de Santiago que cruza todo o concello.

Pero menos coñecidas son as fermosas paisaxes, con numerosas vistas o pobo, e distintos sendeiros que rodean o embalse e zonas próximas   onde podemos perdernos en un bosque, durmir o lado de un río, buscar a Estrela Polar ou simplemente........esquecernos das moitas tensións as que nos somete o ritmo de vida actual, comparto con vos este vídeo que o             Concello de Portomarín fixo para promocionar esta parte mais descoñecida  do concello,  pero............¿¿.gardádesme o segredo??.

 
Aqui queda o enlace o video que o concello encargou a 60 ráfagas  para promocionar esta faceta mais descoñecida do  turismo de  portomarin........PORTOMARIN...NOS GUARDAS EL SECRETO??

xoves, 27 de abril de 2017

ALGUNAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN NO 2017





Solemos utilizar este blog para comentar cousas que pasan no noso concello e mais e unha plataforma para ir contarvos  o que imos facendo na nosa asociación na que ultimamente tivemos un montón de actividades das que non demos conta.


E como di o refrán que ovella que vala bocado que perde, xa imos empezar a contarvos mais ben con imaxes as nosas ultimas actividades que intentaremos resumir todas en este post.



GRAVACIÓN DE GRANDES LUGARES


A TVG, púxose en contacto con nos para a gravación do programa Grandes Lugares, no que participamos de unha maneira moi activa pasando un bonito día de gravación  do que dan conta estas imaxes.

A gravación prolongouse durante todo o día 9 de febreiro de 2017,  fomos a comer co equipo de gravación a Adega de Cabanas, un menú riquísimo do que dan testimonio tamén as fotos.




Esta era a mesa que nos esperaba para o acontecemento



Sandra co equipo de gravación




Os chourizos o inferno fixeron as delicias de todas











VISITA AS TORRENTES DE MACARA E BALNEARIO DE PAMBRE
Coa chegada da primavera solemos reiniciar as saídas e excursións, e esta foi a primeira do 2017.
           Un sábado de marzo, collemos os nosos coches, roupa e calzado cómodos e dispuxemos a pasar unha velada en contacto ca natureza a primeira hora da mañas e xa terminada a visita as torrentes, unha xornada de relax no Balneario de Pambre con unha comida todas xuntas no Pazo de Lodeiro e posterior visita a Feira do Viño de Chantada onde algunhas de nos estivemos de festa hasta xa ben avanzada a noite, en este vídeo temos algunhas das moitas imaxes que son reflexo da fermosura de estas paraxes




O expectacular da pasaxe ben merece un momento de relax  e de descanso observando e escoitando o ruido da auga








                 Mereceo a pena chegar ala arriba









Despois da caminata un relaxante baño termal antes de partir para o Pazo de Lodeiro a disfrutar de un bo xantar en un ambiente moi acolledor 





 Xantando no Pazo de Lodeiro, onde como de costumbre fixemos a foto de familia.









INAURACIÓN DO FORNO COMUNITARIO DE PORTOMARIN 


O pasado 15 de abril, véspera da Festa da Augardente,  fomos noticia no Progreso por participar na inauguración do forno colectivo que o concello mandou construír  para uso comunitario dos veciños, elaborando a primeira fornada de pan entre algunhas de nos e o alcalde Juán Serrano que se encargou persoalmente de quentar o forno.
O pan e as empanadas que se fixeron coméronse acompañando a riquísima paella que preparon membros  da Asociación Río Miño.
Como testimonio de esta tarde  na que  o alcalde nos obsequiou a todas as que participamos con unha botella de un champan especial para a ocasión quedaron todas estas fotos que vos deixamos.





Traballando con ganas



                       O alcalde metendo o primeiro pan no forno













 Botella de champan obsequio do alcalde Juan Serrano para a ocasión


 Este foi o resultado da fornada






@s forneir@s co pan xa elaborado







As empanadas repartíronse entre os asistentes a inauguración





FESTA DA AUGARDENTE




Un dos actos que sempre e habitual na Festa da Augardente e a nosa exposición, a que montamos con gran entusiasmo porque sempre contamos con un gran número de visitantes, o que nos anima a seguir mostrando os nosos traballos, e celebrar tamén unha xornada festiva xuntas, disfrutando dos actos que se ofrecen ese día dende a misa e a procesión hasta  rematar a verbena
Este ano, ademais da exposición, celebramos outro acontecemento, que foi o nomeamento da presidenta da nosa asociación Dama da Serenísima Orden da Alquitara; acudindo alí todas as que podemos para  acompañala no nomeamento, de todo isto, son fel reflexo todas estas imaxes e vídeos



                    vídeo da exposición de manualidades



       

                                                

  Algúns momentos da exposición  






NOMEAMENTO DA NOSA  PRESIDENTA COMO DAMA DA SERENÍSIMA ORDEN DA ALQUITARA