de todo un pouco

martes, 6 de setembro de 2016

GASTRÓPODOS EN PORTOMARÍN


Portomarín, como todos ben sabemos, foi  nomeado eses días atrás concello de interese turístico pola Xunta de Galicia, un mérito que para conseguilo hai que reunir unha serie de características, e que, Portomarín inda sendo un pobo con pouco mais de 1600 habitantes, deu a talla, xa que, de todos e coñecido, o seu valor tanto paisaxístico como arquitectónico, e sumado a  isto, ten un valor engadido que lle temos que sumar, que e a afluencia de turistas e peregrinos que chegan a vila atraidos  polo camiño francés.

Ten tamén unha gastronomía propia da zona, dende fai moitos moitos anos, as xentes de Portomarín, eran expertos pescadores de anguía, para o que utilizaban os famosos caneiros,  construcións ancestrais que se facían   para a pesca da anguía con aparellos completamente tradicionais durante as crecidas do Rio Miño, e que, a Asociación  O Carrual de Portomarín esta tratando de recuperar restaurando caneiros e tratando de recuperar todo os materiais destinados a pesca da anguía dende fai moitos anos atrás.

Esta forma de pesca, faise en vivo, xa que a anguía e conducida a través de estas construcións, ata as redes onde quedan atrapadas vivas e así son sacadas o exterior.

Por iso aquí en Portomarín, son moi típicos os pratos preparados con anguía cociñados de moi diversas maneiras, fritidas, guisadas, en empanada ou incluso en un delicioso guiso de anguia entre outras moitas receitas das  que  son posuidores os habitantes do noso municipio.

Istes feitos, (declaración de concello de interese turístico, a anguía como prato exquisito  moi típico da zona) unido a outros produtos que tamén teñen un moi  recoñecido renombre como son  a tarta de santiago elaborada en Portomarín e  a súa famosa augardente, foron quizás o que fixo que a TVG  se fixase en nos para grabar un dos seus programas culinarios ...GASTROPODOS, rodado integramente na vila de Portomarín.

Este programa foi emitido este domingo día 4 de setembro, día das festas patronais en honrra a Sto Cristo, festas tamén de moita sona en toda a comarca con importantes actuacións que atraen a moitos turistas estos días pola variedade de expectáculos  e actividades que a comisión de festas programa e organiza ;  e que debido a este feito,  moitos veciños, o encontrarse en celebraciónos familiares, non puderon ver a telvisión cando o programa foi emitido, polo que, intentamos compartir o enlace dende este blog  para todos vos
 ENLACE A   GASTROPODOS



luns, 8 de agosto de 2016

VISITA A COSTA DA MORTE





Este video fíxeno especialmente pensando en tres persoas que este día non nos puideron acompañar por  estar pasando uns momentos delicados nas súas vidas, refírome a Josefa , Fidelina e Celsa, votámosvos de menos.....Moito ánimo de todas nos








     
 Estos días a tras, xuntamonos de novo para facer unha nova excursión  que, vou intentar narrar aquí aportando algunhas fotos das que durante todo o día fomos facendo nos lugaresque visitamos.
      Como sempre, levantámonos cediño, para desprazarnos ,  a maioría de nos, dende a nosa aldea ata a vila de Portomarín onde nos agardaba o autobús con dous condutores para así, debido a  prohibición de non poder estar activos mais de 15 horas, nos quedaramos sen tempo para disfrutar do día como a nos nos gusta.

      Saída as 7.45 de Portomarín, recollendo algunhas das viaxeiras de camiño o Pazo da Oca no  Concello da Estrada, con una parada mínima para tomar o primeiro cafeíño da mañá, as nosas presas desbordaron un pouco o camareiro do bar onde paramos, xa que si café, si croasant, que si a min no me atende.....ai mamaíña ......o home non sabia a  quen atender!!!!.

      Xa no Pazo da Oca, e como tiñamos cita concertada, estaba a guía para mostrarnos o interior do Pazo, previo pago de 13 Eurazos por cada unha de nos....aínda que nos parece abusivo, unha vez dentro, dáste conta que aquel patrimonio e malo de conservar, e que de algunha maneira foi unha colaboración para poder  disfrutar de el. Estas son algunhas fotos do interior....



      Estos xarróns de Sargadelos, que se encontran na sala de xogos, son os únicos que se conservan según a guía nin siquera a propia fábrica de Sargadelos os conserva, sendo o seu valor altísimo.



         Algunhas das dependencias inda son utilizadas na actualidade cando os  Duques de Medinaceli, actuais propietarios, veñen a pasar algúns días o Pazo




   


        

        O Pazo ten unha igrexa a que podía acceder todo o vecindario, pero o que si non estaba ben visto e que a nobreza se mesturara ca xente do pobo, a tal fin, creouse un pasadizo polo que os señores accedían a unha  galería   na parte alta do templo desde onde participaban na celebración da eucaristía, e a xente do pobo estaba na parte baixa..... a foto que sigue foi tomada dende esa parte alta da iglesia.





En esta foto pódese inferior  apreciar a terraza de paso dende o Pazo a igrexa, que antes mencionamos




                                                    Mais vistas exteriores do Pazo


                                               






O noso recordo do paso por ali







      Xa rematamos a visita o interior do Pazo, ahora quedan os xardíns, dos que a guía nos da uns planos a cada unha de nos para que visitemos libremente....... 8 ha de natureza  para disfrutar nas que calquera podería pasar parte do día, pero nos, tiñamos outros  visitas programadas asi que, apurando o mais posible percorremos cada un dos rincons de este espectacular xardín, do que levamos con nos estas fotos e o maravilloso recordo de volver outro día para disfrutalo con mais calma.




                                                   
                                                                o laberinto


                                                                                                                                                                                                                           

                                                 





 
                                                         
                                                  o lavadeiro





















  

Dende aquí, puxemos rumbo a Carnota, que e coñecida polos seus hórreos, xa que aquí atópase un dos mais grandes de Galicia, con 37.4 m de largo e 22  pares de pes; foi construído no século XVIII  e hoxe e monumento nacional. O lado do hórreo e do pombal esta a igrexa se Sta Comba tamén do século XVIII







Dende aquí, dirixímonos a unha paraxe natural de excepción, que e a desembocadura do río Xallas, que cae o mar formando unha fermosa fervenza de uns 100 m de altura, sendo a única de Europa que verte directamente no mar














Desde a fervenza tivemos que facer unha pequena parada para comer, a un restaurante un pouco alonxado  da costa, aproveitando para subir a o Mirador do Ézaro, xa que dende a fervenza, aínda que hai unha carretera para poder subir, non deixan subir autobuses pola forte pendente, unha señal o lado do mirador, advertía de unha pendente do 30%. Alí disfrutamos de unhas fermosas vistas e aproveitamos para facer algunhas fotos mais antes de dirixirnos a Fisterra onde tomamos o autobús para retornar a casa, non sen antes cear de camiño como acostumamos a facer, esta vez en Melide, no Restaurante Xoldra, para chegar de regreso sobre a 1 da madrugada.


























mércores, 18 de maio de 2016

MANUEL MARIA .....LETRAS GALEGAS 2016





Hoxe, foi un día de esos longos, nos que as cousas  amontóanse  e, nunca acabas o que tes que facer, de todos e sabido que no medio rural de estos días hai moitos o longo  do ano.


O mesmo tempo, sentía que chegara a hora que chegara a casa tiña unha cousa pendente, que era facer a miña pequena homenaxe a ese poeta co que tanto me identifico e o que hoxe se lle dedica o Día das Letras Galegas.


Unha das miñas tarefas cotidiáns, como todos os que nos dedicamos a gandería, e facer o muxido, que hoxe tamén me tocou soa, así que entre vacas, e co ruxido da muxideira, acompañada do meu inseparable Lubís ( o meu canciño), matinei isto  que vou a publicar para todos vos, que e miña humilde homenaxe a Manuel María.



De camiño a casa recollín unhas cantas cousas que acompañadas de unha antoloxía poética  do homenaxeado e unhas cantas montaxes que pensaba facer me serviría para acadar o meu propósito.




Isto e un fragmento do que Manuel López Foxo, escribio no prólogo de esta antoloxía  sobre Manuel María




                          Oda ao nacemento dunha folla













Algunhas das súas poesías son cantadas por grupos  de música galegos como e o caso “do carro” ou “Galiza”







Ou o carro