de todo un pouco

mércores, 12 de decembro de 2012

CALDO DE OSOS



O caldo de osos e un prato típico do concello de Taboada, que de feito lle dedica unha festa gastronómica que  celebra  cada ano o domingo de carnaval, que conta con  moita popularidade e afluencia de público.

As parroquias de Portomarín próximas a este concello,  tamén preparamos este prato o día da  parta do porco.

Un dos primeiros traballos a facer ese día e o de sacar o espiñazo do porco, tamén coñecido como soa para elaborar este exquisito prato, que sen el, o día da parta, no sería o mesmo. A súa elaboración e moi parecida a dos callos, pero quizás un pouco menos espeso e picante ca estes, toda a graza está nos osos, e cando se elabora en días  que non e o da parta,  nunca se consegue o mesmo sabor.

            INGREDIENTES:

Ø  Osos de espiñazo ou soa

Ø  Garavanzos

Ø  Patacas

Ø  cebola

Ø   allo

Ø  Pemento doce

Ø  Pemento picante

Ø  Un pouco de unto para facer o refrito

Ø  Os sexos dos porcos (opcional)

 

MANEIRA DE FACELO:

Poñemos unha pota con auga o lume ata que ferva, picamos os osos de soa e botámolos a cocer un rato antes de engadir os garavanzos que temos a remollo dende o dia anterior para que nos sexan bos de cocer.

Engadimos  unha cebola a cocción e un dente de allo enteiro, que despois sacaremos antes de servir.

            Pelamos as patacas e picámolas en cadrados coma para o caldo normal, sempre deben prevalecer os garavanzos sobre as patacas, e dicir, que en este caldo a maioría da súa composición sexan garavanzos.

             Limpamos os sexos  ben limpiños de sangue e sacámoslles unha especie de pel que os envolve, picámolos un pouco e botámolos tamén a cocer, se non nos gustan podemos suprimilos, pero danlle un sabor moi especial a este prato.

             Cando xa estea cocido, botamos un pouco de unto en unha tixola (ou aceite de oliva) para facer un refrito; para isto  engadimos un pouco de cebola e allo ben picadiño e cando xa esta sofrito, engadimos unha cullerada de pemento doce e baleirámolo encima do caldo.
 

Servímolo ben quentiño , e acompañámolo con un pouco de pemento  picante para quen queira engadirllo.

A mesma receita, pódese facer con fabas se nos gustan mais que os garavanzos, e de feito, o dia da nosa matanza, acostumamos a facelo das dúas maneiras habendo tantos partidarios do de fabas coma do de garavanzos.

luns, 10 de decembro de 2012

filloas de sangre


Estamos en tempo de matanza, e aquí na nosa zona, na maioría dos fogares seguimos mantendo esa bonita tradición, que ademais de facer os traballos propios da matanza, serve de encontro de familiares e amigos.

Ligadas as matanzas hai unha serie de receitas; tales como as filloas de sangre, o fígado encebolado, o caldo de osos, a zorza............, un senfín delas dependendo de cada zoa de Galiza,

              FILLOAS DE SANGRE:

INGREDIENTES:

v  Medio litro de leite

v  Medio litro de auga

v  1 vaso non moi grande de sangre de porco

v  4 ovos

v  Fariña ( a que admita)

v  Peladura de un limón

v  Un anaco de touciño

v  Un pouco aceite de oliva

v  Azúcre ou mel


 
MANEIRA DE FACELAS:

En un bol batemos ben os ovos, e engadimos o leite o que lle mesturamos a misma cantidade de auga e a raiadura do limón, e un pelizco de sal, cando todos os ingredientes estean ben mesturados, vamos engadindo a fariña pouco a pouco, hasta que non nos quede ningún grumo, engadimos o sangue e mesturamos ben, deixamos repousar sobre unha hora.

En unha taza botamos un pouco de aceite de oliva e con un garfo pinchamos o anaco de touciño e metémolo no aceite.

Poñemos unha tixola a quentar, e cando xa estea quente, fregámola co anaco de touciño, con un cucharón imos botando masa, e extendendoa de maneira que quede o mais fina posible, cando xa se cualle, dámoslle a volta e pasámola polo outro lado, botámola nun prato e espolvoreámolas  de azúcre ou mel; repetimos a operación hasta acabar toda a masa.


Deixamosvos tamen este enlace se queredes saber algo mais sobre as filloas

 

domingo, 25 de novembro de 2012

A mais maravillosa das sensacións


Hoxe, navegando pola  rede,  encontrei  este fermoso  vídeo que  comparto con vos, e que titulei "A MAIS MARAVILLOSA DAS SENSACIONS", xa que  en min espertou  ese emotivo momento que e o de abrazar a un fillo por primeira vez, unha sensación que solo nos,  por esa condición de ser mulleres, podemos vivir con esa  intensidade,  solo por iso, xa merece a pena nacer e ser muller.

xoves, 22 de novembro de 2012

O MAGOSTO

 

 

O pasado 23 de noviembre, a nosa asociación colaborou  co concello e coa asociación cultural Río Miño para celebrar un magosto popular (do que xa no seu dia deixamos en este blog un programa) para que todos aqueles que estiveran interesados en asistir puideran facelo.

Houbo que traballar moito para levar a cabo dito evento, e dende aquí quero agradecer a colaboración a todas as persoas que colaboraron dende o concello, e tamén as da Asociación Río Miño, das que tamén temos o honor de contar con algunhas delas na nosa asociación, e, que votaron horas e horas de traballo para que todo estivera a punto.

Consideramos que, o magosto foi un éxito, xa que retiráronse mais de 260 entradas, e creemos que se garantiu a diversión a todos  os existentes, dende os mais pequenos, que cotaban con un colchón inchable para  saltar e disfrutar, e os mais vellos,que  puidemos ver a actuación que os rapaces da Asociación         Río Miño fixeron para todos nos de una  maneira informal,( xa que para todos era festa), deleitándonos cos seus bailes rexionais e co son do seu grupo de gaitas.

Houbo queimada, café, licores, e un equipo de musica para poder bailar hasta as altas horas da madrugada, vaia, que para o ano que ben........................REPETIREMOS. foi unha bonita experiencia.

Déixovos algunhas imaxes do magosto, das que quero pedir desculpas, xa que ademais de ser unha pésima fotografa, tampouco dispoño de unha cámara axeitada para captar imaxes de noite e as veces en movemento, e quero agradecerlle a Aurelio a súa amabilidade o cederme as que el fixo.



 

venres, 2 de novembro de 2012

o noso paso pola ruta de sendeirismo do Rio Loio


 
          O pasado 29 de  setembro a  nosa asociación, continuando coas nosas actividades, fizo  a ruta de sendeirismo do Río Loio, que vai pola ladeira do río anteriormente citado dende Paradela ata o coñecido lugar do loio, onde todas xuntas nos quedamos a descansar e a degustar un bo xantar despois da camiñata, en un dos dous restaurantes onde acaba ruta, Meson do Loio, e Restaurante Rio Loio, en calquera dos dous podemos degustar un prato moi apreciado, " as anguias pescadas no Rio Miño" que e un prato moi típico do noso concello.

 
          Do fermoso percorrido de esta ruta xa se falou aquí en outra entrada anterior e non temos  mais que decirvos, solo deixarvos estas fermosas imaxes que tomamos o longo do percorrido, que xa falan por si soas.
 



          Tamén vos deixamos este enlace por si queredes saber algo mais.

luns, 24 de setembro de 2012

O XARAMAGO ( remedios naturais)


            Como todas nos sabemos, o xaramago e  unha herba das que nos consideramos malas, que as veces invaden os nosos campos.

            Herba silvestre de ata metro e medio, de flores brancas ou amarelas, que é nociva para o gando. Para que saibades algo mais de esta herba, que da nome a nosa asociación, e das súas propiedades medicinais déixovos este enlace

Cinco capas (profsegovia1) Tags: naturaleza flor jaen cazorla olivo jaramago Flor de col en clave de sol (Victoria Gracia) Tags: flor blanca mf om plantae horseradish col manualfocus brassicaceae rcula magnoliophyta magnoliopsida manuallens jaramago cranson armoraciarusticana armoracia objetivomanual brassicales rbanosilvestre rbanopicante olympuse520 zuikoom50mm118 victoriagracia rbanosalvaje jaramagooficinal mostazaromana rbanomagisco rbanomagistro rbanorstico rbanorusticano rbanovagisco xaramago raifortsauvage moutardedesallemands crandebretagne radisdecheval tokinadoublerforoom

martes, 28 de agosto de 2012

O NOSO ADEUS A RUTH E XOSE


         Como  nais  que somos, vivimos con indignación a desaparición dos nenos Ruht e xosé, e  dende aquí queremos renderlles  o noso pequeno homenaxe, e pedir a quen corresponda que se faga xustícia e se lle de o seu merecido a   persoa que foi  capaz de cometer tal  barbarie.

Sumámonos tamén a dor da súa familia, aínda que sabemos que non haberá nada que poda mitigar a dor de esa nai, dende aquí mandámosche un abrazo RUTH ORTIZ  e o nosas mais sentidas condolencias.

Deixo estes enlaces sobre as noticias que apareceron na prensa o longo de estes interminables meses de busca



 




 

venres, 10 de agosto de 2012

Son de aldea

                 Unha bonita iniciativa da aldea de Albá no concello de Palas de Rei, que  compartimos con vos a través de este enlace, animádevos e as que queirades imos aló.
son de aldea



ROSQUILLAS DE ANÍS

Ingredientes:
  1 kg de fariña
4 ovos
1/2 vasos de aceite
1 vaso de auga

1 vaso de leite
½ vaso de anís ou esencia de anis
Azucre
Lavadura en po ou un sobre de levadora de panadería

 Maneira de facelas:
Mesturamos ben a fariña coa levadora, batemos os ovos, e engadímoslles o leite a auga, o aceite e o anís, poñémolo a quentar o lume tendo coidado que non nos queza moito para que non se tralle o ovo.
Con esta mestura amasamos a fariña hasta conseguir unha masa ben traballada que non se nos pegue as mans
Cubrimos a masa con un pano e deixámola repousar nun sitio a poder ser quentiño para que levede. O tempo de levedado depende a levadora que utilicemos, se e tipo roial levaralle mais tempo que si e levadora de panadería. Podemos comprobar que está cando estea o suficientemente esponxosa coma para dobrar o seu volume.
Cando estea léveda a masa, procedemos a modelar as rosquillas deixándoas un anaquiño para que de novo levede a rosquilla feita.
Poñemos a quentar abundante aceite en unha tixola a fogo non moi forte, cando este quente fritimos as rosquillas a fogo non moi forte para que non se nos queimen e mais para deixarlles tempo a que se nos pasen ben por dentro e así saian mais esponxosas.
Despois de fritilas, procedemos a facerlles o almíbar, botando en unha tixola sobre ½ kg de  azucre o que lle engadimos ½ vaso de auga. Deixamos cocer hasta conseguir que este a punto de  ebra.
            Pasamos a roscas unha a unha por el para que nos queden ben impregnadas, cando o almíbar se enfríe estarán listas para servir.
Nota: as cantidades son orientativas, podemos varialas a gusto. Se non e suficiente cantidade para amasar ben a fariña podemos engadir leite ou auga.

CENA DO REMATE DE MANUALIDADES

          Hoxe vou compartir con vos a imaxes da nosa cea de despedida de manualidades, que xa celebramos a  primeiros de xulio.
          A primeiros de septiembre volveremos a empezar outro novo curso, se queres apuntarte podes facelo falando  algunha das da directiva.



















luns, 6 de agosto de 2012

Tarta de doce de leite


                                                      TARTA DE DOCE DE LEITE


                                                    INGREDIENTES:
                                                          PARA  O DULCE DE LEITE

                                                    ¾  litros de leite
                                            300 gr de leite condensa
                                                    250 gr de azucre
                                                     10 ovos grandes
                                              PARA O BIZCOITO:

                                                       4 ovos
                                             4 culleradas de fariña
                                             4 culleradas de azucar
                                        ½ sobre de levadura en po

                                                MANEIRA DE FACELO:
                  1.-Bátense os ovos  co azucre, e engádeselles a leite condensada. Continúase     batendo e agregase a leite morna
                   2.-Mezclase todo ben e vertémolo nun  molde ben caramelizado que nos sirva para cocer o baño maría.
                   3.-Deixamos a mestura anterior e pasamos a facer o bizcoito, para elo separamos a claras das  xemas
                   4.- Mesturamos as xemas co azucre e a levadura e batémolas hasta que queden cremosas.
                   5.-Batemos as claras a punto de neve
                   6.- engadímoslles as xemas e seguimos batendo un pouco hasta que estea ben esponxo
                    7.-Engadimos a fariña, incorporándoa con movementos en envolventes e cando estea ben mesturada valeirámolo encima  da mestura que prepararamos anteriormente.
                    8.-Xa podemos ter fervendo a auga para introducir o a tarta, deixámola cocer no lume hasta que empece a ferver a auga, cando rompa a ferver metémola no forno a 180 º comprobamos que esta cocida cando o espetala con unha agulla esta nos saia limpa






martes, 3 de xullo de 2012

A nosa visita a Panxón

Do pasado dia 14 o 17 de xunio algunhas da nosa asociación fomos pasar uns días de descanso a Residencia do Tempo Libre de Panxon, no concello de Nigran.
     Esta Residencia está situada en un enclave perfecto para  o descanso, xa que se encontra a tan so 50 m da praia de Patos.
     Inda que bo tempo non nos acompañou eses días, e solo puidemos ir a praia un dia, si visitamos pobos dos arredores como Nigrán, Baiona e Vigo, da nosa estancia  alí e  deoxovos este vídeo para que o ano que ben vos animedes a vir algunhas mais


luns, 11 de xuño de 2012

Os traballos da Asociacción a Carballeira do Páramo



           
              A asociacción de mulleres a Carballeira do Páramo, como ben facendo en estes últimos anos celebrou a sua exposcicion de manualidades estos dias 8, 9 e 10 de xunio, coincidindo coa feira de primaveira do concello.
           Nos tamén estivemos alí visitándoas e de paso fixemos unhas fotos para compartir con vos, e para que así podades comprobar que maravillosos taballos fan tras estos 9 anos de andaina que levan elas de asociación e de clases de traballos manuais

venres, 8 de xuño de 2012

Mais traballos nosos

    

          Levamos desde o mes de novembro, tres grupos, duas horas a semanan cada un,  traballando con motísima ilusión, para nos, ademais de facer cousas para decorar os nosos fogares,   estas duas horas son un punto de encontro e de relaxación, por iso, invítovos a que vos unades  a nos para o próximo curso, xa que este  está a piques  de rematar, porque non verán decidimos suspendelo durante os meses de xulio e agosto, para  comezar de novo na primeira semana de septembro.

         Dende aquí queremos tamén darlle as grazas a nosa profe “OLGA” escribo con maiúsculas porque fixémola traballar moitísimo, xa que, salvo unha ou dúas, que xa recibiran clases con anterioridade, a maioría de nos partíamos de cero, pero co seu sacrificio e dedicación conseguimos facer estes traballos tan variados e fermosos.

         Decirvos tamén, a aquelas que nos visitedes e teñades en mente de facer unha asociación, que vos animedes a levar o proxecto adiante, ainda que o primeiro custa un pouco, logo os resultados conseguidos merecen a pena.

         Como homenaxe a nosa profe, vou a subir unha foto sua, e deixarvos o seu teléfono por si estades  animadas a facer traballos coma os nosos, ou facer calquera tipo de restauración, xa que ela tamén restaura calquera tipo de obxetos, mobles, retablos, cuadros, etc.

OLGA:  619 301 470

    Se queredes contactar coa nosa asociacion ou deixar calquera tipo de xuxerencia, imaxe.......etc o nos enderezo de correo e o seguinte, intentaremos publicar todo o que  nos fagades chegar tanto de outras asociacións como de particulares.

       xaramago@hotmail.com 











mércores, 6 de xuño de 2012

III EDICCION DE ARTISTAS E ARTESÁNS DA COMARCA DE SARRIA NO CAMIÑO

              Déixovos unas imaxes da  exposición "III  edición de artistas e Artesáns da Comarca De Sarria no Camiño" que está a celebrarse dende o día 2 ata o 20 de xunio no Local Municipal da Rua Benigno Quiroga en Portomarín. A exposición estará aberta en horario de 4 a 8 da tarde.
               Hai expostos traballos de varios artistas, que traballan distintas modalidades artísticas, cestería, bolillos, cantería , pintura e outras técnicas novedosas que creo que merece  a pena ver.





venres, 1 de xuño de 2012

xoves, 17 de maio de 2012

Día das Letras Galegas


O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

Manuel Gómez Roman, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro, e que este libro de Rosalía foi a primeira obra  mestra comtemporánea coa a que conta a literatura galega, e tamén a que lle deu  prestixio universal a nosa fala como instrumento de creación literaria.

Propúxose o dia 17 de maio, porque se descoñecía a data de  publicación do libro, pero si se sabía que fora este   dia cando Rosalía de Castro llo dedicou á tamén poeta Fernán Caballero

Este ano o día das letras galegas estará dedicado o Paz Andrade, xa que así o acordou, como cada ano o plenario da Real Academia Galega.

VALENTIN PAZ ANDRADE

Nos inicios da súa traxectoria profesional, foi director do xornal galeguista Galicia (1922-1926) en este último ano foi pechado por pola dictadura do xeral Primo de Rivera, no que tamén colaboraron persoas da talla de Castelao, Risco, Maside y Villar Ponte.

No 1924 foi condeado a un mes de cárcere por un dos seus artigos e en 1931 foi candidato a Diputado por Pontevedra nas Cortes Constituintes.

En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias Pesqueiras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego.

En 1964 foi nombrado membro ra Real Academia Galega co discurso A Galeguidade  na obra de Guimares Rosa.

Despois da morte de Franco, formou parte da  “Comisión dos 10” da oposición democrática (con  Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc).

En 1977 foi escollido senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.


Obra:


escribiu ensaios literarios, históricos e económicos nos que reflexou a súa preocupación por Galiza. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros.

Como poeta formou parte da xeración de 1925 e na maior parte da súa obra evidénciase unha motivación patriótica, como se observa en Soldado da morte (1921), Pranto matricial (1954), no que evoca a morte de Castelao, Sementeira do vento (1968), no que canta a paisaxe e a xente galega, o esilio e o amor ausente; Cen chaves de sombra (1979) y Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo

Colaborou  en O Ensino, Grial e  Outeiro con artículos sobre literatura, especialmente arededor da  figura de Castelao; y en Industrias Conserveras, El País e La Vanguardia con artículos económicos e políticos.

Ensayo literario, histórico e económico

  • Galicia como Tarea (1959).
  • La anunciación de Valle-Inclán (1967).
  • La marginacíón de Galicia (1970).
  • A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978).
  • Castelao na luz e na sombra (Edicións do Castro, 1982).
  • Galiza lavra a sua imagem (1985).

 Sobre temas pesqueros

  • Los puertos nacionales de pesca. Aportación de Vigo al estudio del problema (1928).
  • Producción y fluctuación de las pesquerías (1954).
  • Sistema económico de la pesca en Galicia (1958).
  • Los derechos sobre el espacio marítimo (1960).
  • El capital como factor del desarrollo de Galicia (1970).
  • El concepto de zona económica en el nuevo derecho del mar (1974)

Poesía

  • Pranto matricial (1954).
  • Sementeira do vento (1968).
  • Cen chaves de sombra (1979).
  • Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).

Narrativa

  • Soldado da morte (1921), inédita.

Premios e  distincións

Foi membro da Real Academia Gallega (1964) e da  Academia Gallega de las Ciencias (1985), e foi galardoado co Pedrón de Ouro (1975), ca  Medalla de la Ciudad de Pontevedra (1979), ca  Medalla Castelao (1984), ca Medalla de Oro de la Ciudad de Vigo (1986) e co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986).

Escollido o sábado 4 de xunio del 2011 para ser homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2012.