de todo un pouco

mércores, 10 de xullo de 2013

PORTOMARIN NO RECORDO




Este ano, celebrase o 50 aniversario do asolagamento do vello Portomarín, que de pouco lle serviu ser declarado patrimonio histórico no ano 1946, xa que isto non foi suficiente para que o enguliran as augas do  Miño no ano 1963, o construir o encoro de Belesar, dende aquí queremos facer a nosa homenaxe persoal para así contribuír co  noso pequeno grao de área a multitude  de actos que están a celebrarse para conmemorar tal feito histórico.
             A maioría do patrimonio foi trasladado o actual enclave, no Monte Do Cristo, monumentos como a Igrexa de San Xoán que foi trasladada pedra a pedra  a actual praza do pobo,
Para os que esteades interesados en saber algo da nosa historia, podedes mirar o que  Wikipedia di do noso concello.
Así fala  El Mundo de Potomarín, “Cuando los peregrinos llegan al Obradoiro y, tras visitar el Santo y la Catedral, hacen balance de su viaje, pocos son los que no citan entre sus recuerdos el municipio de Portomarín. Son numerosas las instantáneas que portan en sus cámaras de la llegada al pueblo, tomadas sobre el elevado puente que cruza el Miño”. Ver mais.......
 Son numerosos tamén os vídeos que pululan na rede sobre a historia de un pobo como portomarín coma este da TVG que fai referencia o asolagamento da antiga vila, que titulamos como o titulo da reportaxe, Portomarín no recordó...
Nos tamén queremos homenaxear o noso pobo con estes vídeos feitos por nos, con imaxes que fomos recollendo da rede, e que esperamos vos amosen un pouco mais da historia do noso concello.                                                                                                                                                                                

                                   
 
 

E importante tamén resinar aquí a valiosísima información que Cidre recolle no seu blogsobre a vila de portomarín.