de todo un pouco

martes, 14 de febreiro de 2012

PRESENTACION DA NOSA ASOCIACIÓN

A Asociación de mulleres rurais O Xaramago constitúese legalmente o día 27 de xullo de 2011, segundo figura na súa acta fundacional, reuníndose para este fin as persoas que representan a sociedade cos seguintes cargos:
Presidenta: Mª del Carmen Pérez Fontao, veciña da parroquia do Castro San Martiño, con domicilio no lugar de Grumelez.
Vicepresidenta: Isolina Fernández Vázquez, veciña de Vilaxuste
Secretaria: Ana María Vázquez Rodríguez, de Portomarín.
Tesoureira: Mª Dolores López López, veciña de Recelle
Vocal: Mª Aurora Vázquez Mosquera veciña de Castro San Martiño.
Constitúen unha asociación sen ánimo de lucro, o abeiro da vixente lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación decidindo por unanimidade chamala “ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS O XARAMAGO”.
Os seus fins principais como ben definen na acta fundacional son:
  • Promocionar a igualdade da muller rural
  • Mellorar as relacións sociais entre as mulleres do concello
  • Intentar recuperar tradicións esquecidas.
Para levar a cabo os seus fins a asociación intentará por a disposición das asociadas actividades de todo tipo; como excursións, cursos formativos que abrangan diversas áreas, que as preparen tanto para a súa vida diaria coma para a súa inserción no mundo laboral; charlas formativas, e toda crase de actividades nas que as asociadas podan estar interesadas.
A primeira actividade que realiza a asociación é un cursiño de manualidades e pintura´que se está desenvolvendo no Cruceiro e na localidade de Portomarín.
Deixámosvos unhas cantas imaxes para que vexades algúns dos nosos traballos, e tamén vos invitamos a que vos unades a nos .

Queremos tamén invitarvos  a colaborar na elaboración de iste blog deixándonos  comentarios e todo tipo de suxerencias e imaxes que pensedes que poden ser de interés.


Isolina

Ana Vázquez


Lorena Platas

Isolina

                                                                   
Lorena Platas






Mari carmen

 
Mari Carmen

Mari carmen


Pilar Silva                             


5 comentarios:

  1. todo e moi bonito hay que seguir pintando e haber se se nos punta mais xente que esto merece a pena e é moi entretenido e pasase ben.
    un saludo

    ResponderEliminar
  2. Estou impresionado co moito traballo que levades feito en tan pouco tempo. Din que os muros estan ahi para ser saltados ou derrubados. Tamen se di que cando fortes ventos sopran uns agachanse tras dos muros e outros/as construen muiños de vento. Alegrome de ter entre as miñas veciñas a mulleres de seu, que xa vexo que non lle teñen medo ao esforzo. Unha aperta e bicos.

    Juan Serrano

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Saudos Juán, será unha honrra para nos que nos sigas visitando e poder contar cos teus comentarios.

      Eliminar
  3. noraboa polo voso traballo, o rural galego: mundo de oportunidades, precisa iniciativas creativas, comprometidas e dun interés impresionante, como os vosos. Moito ánimo e pónome a vosa disposición, para canalizar ideas e proxectos que podan ser do voso interes. Unha aperta. Elena Candia, portavoz do PP na Deputación Provincial de Lugo e do Partido Popular de Mondoñedo.

    ResponderEliminar