de todo un pouco

sábado, 11 de abril de 2020

PORTOMARIN AMENCE HOXE VALDEIRO E TRISTE

Hoxe como cada Domingo de Pascua, Portomarín  tería que estar a celebrar a súa xa tradicional Festa da Augardente, unha das festas gastronómicas mais antigas de Galicia,  que, este ano ía xa pola súa IXL edición, a que, dende fai uns anos, se lle sumou a de outro produto típico do noso concello, a da degustación da anguía que vai xa na súa X edición. Dous produtos que caracterizan o noso concello e que, ademais de non faltar nunca nas nosas celebracións, son valorados mais alo das nosas fronteiras pola súa exquisita calidade.
A nosa asociación, O Xaramago, Asociación de Mulleres Rurais, dende a súa creación fai xa 8 anos, participou sempre moi activamente nas actividades que se levaron a cabo en este día, por iso, non podemos deixar pasar de largo o día de hoxe sen aportar o noso  pequeno gran de area, para que, en unha época de confinamento como a que se está a levar a cabo, Portomarín teña a súa pequena homenaxe recordo do que sería esta festa que todos os portomarinenses votaremos de menos.
No noso recordo hai  moreas de imaxes que fomos acumulando e engadindo a o noso baúl o longo de estes anos, nos que, cada festa, foi e seguirá sendo un lugar de encontro para todas nos, na nosa xa coñecida exposición que con tanto cariño fomos organizando, para amosarvos esas pequenas cousas, que cada ano fomos facendo nos nosos talleres de restauración, pintura e manualidades. Este ano, non poderá ser posible a exposición, pero si a deixaremos para todos vos, de unha maneira virtual, en este vídeo, que con moito cariño fixemos para mostrar a todos aqueles visitantes que, seguro nos votarán de menos.




Recordamos tamén con especial cariño, cando se nos invitou a inauguración de Gastro Obrador, onde en perfecto equipo co alcalde, Juan serrano, fixemos aquela primeira fornada de pan e empanadas que logo compartimos con todos os veciños, facendo de todo isto unha xornada que dificilmente podemos esquecer.















Colaboramos tamén na atención do posto  do concello para a degustación da anguía, que amablemente nos cede para que podamos recaudar algún diñeiro extra para as nosas actividades, o que tamén queremos agradecer a través de esta paxina.






Isto todo pola nosa parte, pero Portomarín e moito máis o dia  da augardente,  este ano tampouco terá a súa  misa de pascua, nin a procesión do Santo Encontro a que os portomarinenses teñen tanta devoción.







Non haberá Cabaleiros nin Damas novos, convocados pola Orde Serenísima da Alquitara.


















Non haberá pregón dende o balcón municipal.






Non haberá esa carreira de atletismo, que cada ano se celebra coincidindo con este día, e como todas as cousas que fai Portomarín, está xa conseguindo un oco ben destacado dentro do atletismo galego, porque, Portomarín, ten algo que atrae a quen o visita, e xeralmente suele volver, mais cando a organización da carreira se empeña en que cada ano todo sala ben.

Non haberá comidas familiares o carón das persoas que queremos, nin verbena nin ningunha celebración pública, por primeira vez, dende fai xa 49 anos, Portomarín celebrará a súa Festa da Augardente coas súas calles valeiras, e, alleo a todo este caos que está a montar o COVI 19, lucira, máxico, esplendoroso, monumental, florido, para que, por primeira vez, os seus veciños dende os seus balcóns, en silencio, podamos admiralo de unha maneira distinta, que pasará a formar parte da sua historia.










 Por iso, hoxe as 8, cando saiamos os nosos balcóns a aplaudir a esas persoas que están a sacrificarse para coidar  de nos e da nosa saúde, demos tamén un forte aplauso a este noso pobo que  sempre loitou, que, si salio de un asolagamento que aínda temos no recordo, tamén Resistiremos  esta vez e sairemos de esta situación insólita que estamos a vivir.

E agora mesmo estou a pensar, que hoxe seríache moi fácil gardar aquel segredo, ode se fala de auga, terra e vento, como dicía   Manuel María, e que quente visita, con ou sen mochila, sempre, sempre te leva no pensamento porque ganácheste cualificativos como “ Cidade xardín” e  “ Camiño de auga e soños” porque en ti, soñar e moi doado, e xardíns tampouco che faltan.

















 Este valeiro que respiramos hoxe, quizás  nos leve a reflexionar, a darnos conta que somos unha peza minúscula nun entramado social que, non podemos controlar, a quen unha cousa microscópica, que din que veo aló da China, e lle chaman COVI 19, fainos cerrar as fronteiras, satúranos os hospitais, e fainos acabar as existencias de mascariñas, luvas, desinfectantes, parar a produción a nivel mundial, e baleirar as estanteirías dos supermercados. Nos medios de comunicación aparecen imaxes de sanitarios e hospitais saturados  e as calles valeiras coma as do noso Portomarín hoxe..............ALGO QUE, FAI UNS MESES, ESTABA MOI LONXE DE SER PENSADO.







         Isto pronto pasará, e  haberá novas Festas da Augardente, as calles valeiras deixaran de novo paso o   bulicio e o habitual desfile de visitantes e peregrinos, o peregrino da praza seguira amosando o camiño, pero no noso recordo sempre quedará a situación que estamos a  vivir



Imos pechar xa esta publicación, pero aquí, a pe de paxina,deixarémosvos uns vídeos por si queredes darlles unha ollada, xa que contrariamente o que estamos habituados, en estes días de confinamento, tempo e o que nos sobra.



O primeiro e un vídeo  promocional que fixo o concello no seu día para dar a coñecer e por en valor a enorme beleza paisaxística que temos o redor do noso pobo e podes velo aquí en este enlace
https://vimeo.com/189517373
O outro e un vídeo que fixo fai tempo a nosa asociación onde podedes ver imaxes  contrapostas do mismo escenario no pobo antiguo e no novo.


mércores, 19 de setembro de 2018

SENDA DO OSO, HORRIBLEMENTE BELA


          Conocemos  "horriblemente bela"  Senda do Oso, gracias as nosas veciñas de Paradela, xa que elas a visitaron fai un tempo atrás e compartiron imaxes nas súas redes sociais  que espertaron  a nosa  curiosidade por este bellísimo lugar,  e a través de elas,  e tamén investigando nos  mesmas sobre dita senda,  tras consultar diversas páxinas en internet para documentarnos un pouco sobre si esta ruta sería axeitada para nos, decidimos  coller as nosas mochilas e  partir de cara a esta  espectacular  paraxe.

      Partimos as 6.30  de Portomarín, onde nos esperaba o  noso autobús habitual para partir  dirección Proaza, posto que foi alí no cercado oseiro onde empezamos a nosa peregrinaxe por estas paraxes asturianas que tanto nos gustaron.












         

          Como e habitual en nós, fixemos un pequeno descanso no camiño, xa que o viaxe era longo, para poder tomar o primeiro café do día, e facer a primeira foto  cos nosos condutores, posto que a maioría das veces levamos dous para aproveitar o día o máximo, sen problemas horarios para eles, que como todos sabedes, non poden ter os discos activos mais de 15 horas diarias. Para elo e aproveitando que tivemos que desviarnos a Mondoñedo, por estar a autovía pechada por mor da néboa, fixemos un alto no bar do Rei das Tartas para estirar as pernas e repoñer un pouco de forzas para iniciar despois xa a ruta sen outro tipo de pausa.





         Iniciamos de novo ruta, agora hasta o cercado oseiro, en Proaza, contemplando xa as preciosas paisaxes o noso paso, que non era mais que un adianto do que nos estaba esperando.

          En un principio, e vistas as predicións meteorolóxicas na zona, temíamos que o tempo non fora tan desexable como nos gustaría, pero unha vez alí, pronto nos demos conta que o día non podía ser mais agradable para pasear tranquilamente, sen presa, por unha das paraxes mais fermosas que encontrei o longo da miña vida.






        Empezamos o percorrido; non sen antes ler as indicacións que se nos fan en este cartel. En un principio discurre por un verde val entre montañas, onde e frecuente ver vacas pastando en un verde que parece unha inmensa alfombra, aínda mesmo en esta época avanzada do verán, polos marxes da senda a vexetación predominante e de avelaneiras; sorpréndenos, que durante toda a ruta, non contemplamos ningún tipo de vexetación que  non fose autoctona.

        Xa pronto encontramos o cercado oseiro, onde están en seme liberdade as osas Paca e Tola, que contemplamos a unha de elas durmindo placidamente dende a mesma senda, paramos no mirador do cercado para seguir a diante, por unha senda, que como era un dia laborable, venres, solo en algunhas ocasións nos encontramos con algúns ciclistas, os que a veces nin sequera sentíamos acercarse.





          Despois de un rato de camiño encontramos un pequeno pobo, ligada claramente a súa forma de vida a senda, con varios postos de aluguer de bicicletas, e con algún chiringuito onde poder refrescarte antes de entrar o Desfiladeiro de Peñas Juntas.




          
        A súa entrada encontramos este cartel, que nos chama a atención, e nos preguntamos ¿como algo pode ser horriblemente Bello?, pero unha vez dentro do desfiladeiro comprobamos que efectivamente e horrible!!! Pero o mesmo tempo, moi moi moi belo, e por iso decidín poñerlle a esta entrada o titulo de “ Senda do Oso, horriblemente bela”,  facendo honor as palabras de a rexenta María Cristina, por conxugar tan ben estes dous adxectivos tan dispares.

          Empezamos o percorrido polo Desfiladeiro de Peñas  Juntas, acompañadas en todo momento polo Rio Trubia o noso carón, e polo outro marxe do río a carreteira  AS 228, en algúns momentos o desfiladeiro estreitase tanto que xa non hai cabida para os tres,  soamente cabe o rio, discorrendo a carreteira e a senda por túneles escavados baixo a roca












          Creo que pouco se pode engadir de esta espectacular paisaxe, posto que as imaxes falan por si soas, solo que o desfiladeiro de Peñas Juntas ten uns 4 uns  km de lonxitude, e unha vez dentro non se pode saír e sumados a os cerca de 4 km que hai dende o cercado oseiro onde empezamos fan uns 8 km, que discorren por unha senda practicamente chan sendo un percorrido asumible para calquera persoa, independente da súa forma física.







          
         Chegou un momento que nos cruzamos coa N- AS 228, e decidimos chamar o autobús  que pasara a recollernos, e continuar dirección o embalse de Valdemurio onde tiñamos constancia de que había unha área recreativa, outra fermosa paisaxe para desfrutar antes de ir a comer a Taberga onde tiñamos feita a reserva.  

          Estas son algunhas imaxes tomadas en Valdemurrio, que vos deixamos posto que elas falan por si soas, e para non facer a entrada tan extensa.












  



             

         De aquí  de novo en autobús collemos dirección Teberga, para tomar un descanso mentres desfrutábamos de un bo xantar no restaurante Casa Lauréano, que rexentado por unha galega de Laxe, nos serviron en unha terraza exterior un abundante xantar composto de fabada, cocido tebergues, macarróns, cabrito, bacallau, terreira, e pósteres  tamén variados miña nai....alí comida non nos faltou.....😋😋😋











Xa despois de comer, acordamos facer unha pequena visita a Gijón para rematar a xornada, estivemos paseando por o paseo litoral visitamos o porto deportivo, palacio de Revillagigedo, e un pequeno callexeo  arredor do múelle deportivo decidimos dar volta para a casa, con outra viaxe as costas da que gardaremos un fermoso recordo.