de todo un pouco

mércores, 25 de novembro de 2015

NON MAIS VIOLENCIA DE XÉNERO




A violencia de género e un tipo de violencia que afecta as mulleres polo mero feíto de selo, constituindo  un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres.

El Sistema de Seguimiento Integral de los Casos de Violencia de Género que depende del Ministerio del Interior se puso en marcha el 26 de julio de 2007.

Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresivo  sobre as mulleres que teña ou poda ter sobre as  mulleres un dano físico ,sexual ou psicolóxico.


        O       concepto “violencia de xénero” da nome a un problema, que incluso hasta fai pouco, formaba parte da vida persoal das persoas, sendo considerado como un problema de familia que non debía de transcender de portas para fora, inducindo esta situación a que as mulleres non denunciasen por medo, vergonza ou culpabilidade.


Sexa cal sexa a forma do mal trato, sempre busca un mesmo obxetivo,  que e o de diminuír a autoestima da muller para aumentar o grado de poder e control sobre ela.



Hai  moitas formas de violencia sobre a muller, aquí vamos a enumerar só algunhas delas.


Violencia física.- calquera acto de forza contra o corpo da muller que produza lexións ; este e o maltrato mais evidente e mais fácil de demostrar.


Violencia psicolóxica.- toda conduta verbal ou non verbal que lle produza a muller desvalorización ou sufrimento con insultos  (estas tola, ignorante, fea); menosprezo ( non vales para nada, non es capaz de facer nada ben...)intimidacións e ameazas ( vouche quitar os nenos, vaite da casa...) abuso de autoridade ( controlar as túas cousas, o teu tempo...) falta de respeto ( desautorízate diante dos nenos, ignórate....)esixe obediencia .
O mal trato psíquico e o mais difícil de demostrar, pero co tempo destrúe a autoestima e a personalidade da muller.


Violencia sexual e abusos sexuais.- inclúe calquera acto de natureza sexual forzada e non consentida pola muller.
Acoso sexual.- favores sexuais para si ou para terceiras persoas valéndose de unha situación de superioridade laboral, docente ou de calquera outro tipo

Outras formas de  violencia machista pouco frecuentes na nosa sociedade son tamén o tráfico de mulleres e nenas con fins de explotación, e a violencia económica. 

        Solo nos queda esperar que en un futuro moi próximo consigamos esa violencia cero, porque asi e como pensan os nenos cando se lles manda pegar a unha nena.



A famosa presentadora Das Mañás da 1, Mariló Montero tamen opiña sobre o tema en  en femenino

En este enlace podedes ver distintos datos curiosos sobre a violencia de xénero Folleto informativo

venres, 6 de novembro de 2015

O que a auga se tragou

Hoxe, navegando pola rede, encontrei un fermoso video, de unha publicación de NODO, datada  en 1963, con unhas imaxes  conmovedoras, que narran a construción do novo Portomarín e o asolagamento do vello, así como a construción da  presa en Belesar, eu vou  titulado.............o que a auga se tragou