de todo un pouco

luns, 31 de marzo de 2014

calendario BIO-DINÁMICO

       
ENLACE A CALENDARIO BIO-DINÁMICO


Hoja           Raíz              Fruta              Flor


           A agricultura biolóxico-dinámica, ten como obxetivo revitalizar a terra, os cultivos, os animais e o ser humano producindo alimentos de moi boa calidades. As súas practicas agrícolas tenden a aumentar a fertilidade da terra de cultivo, estimulando a vida do solo e os procesos que contribúen a formación do humus. Para elo empréganse técnicas de labranza que minimizan os efectos negativos sobre a estrutura do solo, incluíndo nos cultivos o compoñente animal. 
          A súa visión non queda limitada o que ocorre na terra de cultivo, senón que está pendente de diferentes fenómenos astronómicos acontecidos durante o mes e o ano; fases da lúa, o sol, os planetas, e as súas distintas posicións respecto as estrelas do zodíaco que inflúen nos ritmos da natureza, e en particular sobre o reino vexetal. Por elo os agricultores biodinámicos, utilizan para ordenar as súas tarefas, un calendario Astronómico-Agrícola, tratando que os cultivos entren en concordancia a e sintonía tanto cos ritmos terrestres coma cos cósmicos. De esta maneira, cada compoñente (o home,os animais,os vexetais,o solo,o compas, o clima, a paisaxe, etc.) intéranse armoniosamente entre eles, e logran un equilibrio natural e duradeiro do todo. Así, coa lúa crecente (dende a lúa nova hasta a lúa chea), nas 48 horas antes da lúa chea hai un acrecentamento das forzas de crecemento das plantas, aumento da división celular. A sementeira en este momento favorece a rápida xerminación das sementes, pero poderían ser demasiado tenras e susceptibles o ataque de fungos ou insectos. Segando en este período favorecemos un rápido rebrote do pasto o igual que si estivéramos sacando brotes ou podando.
          Nos días de lúa descendente que abarcan mais ou menos dúas semanas cada mes, os xugos das plantas están sendo impulsados mais fortemente as raíces ou órganos subterráneos, sendo os días mais aptos para os traballos de trasplante, poda, abonado, roturación do solo, e para o trasplante de esquexes. A colleita de bulbos, raíces, tubérculos durante estes días favorecerá o seu almacenamento e conservación.
          En cambio os días de lúa ascendente son mais favorables para os traballos de corte de flores, xa que se manterán mais frescas por mais tempo, colleitas de follas, tallos, froitos cortes de malezas, realización de enxertos e podas desvigorizantes. As sementeiras pódense facer tanto con lúa ascendente coma con lúa descendente, podemos ver a lúa ascendente como unha cualidade similar as forzas outonais e ascendente das primaverais. 
          Así debemos ter en conta que os:
           DIAS DE RAIZ, ( que no calendario están representados por unha zanahoria) conveñen para plantar cebolas, remolacha, rabaniños, rábanos, patacas e tamén para plantar árbores en xeral, xa que favorece o enraizamento.
          DÍAS DE FOLLAS /TALLO (que no calendario se representan con unha leituga) convén plantar acelga, espinaca, leituga, todo tipo de coles (excepto o brócoli que vai mellor en época de flor), e cortes de pastos. 
          DÍAS DE FLOR ( que no calendario ven representado por unha flor) so bos para flores en xeral, brócoli, e plantas medicinais das cales se utilice a flor.
           DÍAS DE FRUTO/ SEMENTE. (que no calendario se representan con unha fresa) Son bos para tomates, sandía, melón, pepino, berenxena, millo, todos os cereais, froitas finas, para todos as árbores frutais e a vide, tamén son bos eses días para o produción de sementes en xeral. .

          Quizas tamén che interesen estos enlaces:

          Mi huerto sinergico



          Manual del cultivo biointensivo de alimentos . Enlace moi interesante que  nos enseña desdea preparar un compost hasta  a facer preparados para sulfatar distintas pragas


venres, 14 de marzo de 2014


¿Por qué unha Horta Ecolóxica?


O cultivo da horta ecolóxica mais que un hobby e unha maneira distinta de entender a vida.

           Dispoñer de unha horta, e tratar de producir en ela de unha maneira ecolóxica, e unha maneira distinta de entender a vida, conectar coa natureza e amoedarse a os ritmos da vida natural, deixando a un lado o estres o que estamos sometidos na nosa vida diaria.

          Na agricultura convencional utilízase todo tipo de pesticidas e insecticidas,  e a calidade do produto pasa a un segundo plano, afortunadamente, cada vez son mais as persoas que optan por coidar as súas hortas e tentando de conseguir unha horta de autoconsumo san e respetuosa co medio ambiente.
         A maioría de nos, dende nenas, vimos como os nosos pais xa cultivaban a horta para autoconsumo, e seguimos cultivando esas pequenas parcelas con gran cariño e procurando ser respetuosos co  medio ambiente.



      
           Algúns dos beneficios que nos aporta o cultivo da horta son:
  •   Disfrutar de un pequeno espazo que te Alexe da rutina de cada día.
  •  Conservar os lazos tradicionais que sempre uniron a xente do campo a súa pequena parcela de horta.
  •  Aumentar os coñecementos;  esta e  unha afición que te educa minuto a minuto, posto que a natureza e cambiante e esta ligada a moitos factores, e polo mesmo os froitos da nosa horta tamén serán variables, e as posibilidades de aprender de eles moi amplas.
  •  Un espazo de relaxación  onde a vida e tranquila e sen presas, cada instante que se pasa na horta observando e coidando reporta un alto grado de relaxación, diminuíndo o estres acumulado durante o día.
  •   A horta obséquianos co pracer e a seguridade de desgustar alimento cultivados por nos mimos, que sabemos libres de pesticídas, fertilizantes e demais productos prexudiciais para a saúde.
  • Cultivar a nosa horta e unha maneira saudable de exercitarnos física e mentalmente.
  •  Poder facer partícipe os nenos da casa de as marabillas de sementar, ver xerminar e coidar o que da terra emerxe froito do noso traballo.

Por todo isto que fomos enumerando invitámosvos a que  se converta en unha realidade , e se no dispoñedes de unha horta vos poñades mans a obra

Agora estamos en ese momento no que empezamos a sementar cousas nas nosas hortas que iremos compartindo con vos en esta pequena parcela do noso blog.

mércores, 5 de marzo de 2014

Dia da muller traballadora 2014


    
A historia da muller galega do rural, está ligada en xeral a unha vida de moito traballo e sacrificio como moi ben se narra en estas citas de Claudio Cuveiro na sua obra “Las mujeres españolas, portuguesas y americanas”  no capítulo dedicado a “La mujer de Pontevedra: la labradora“.
 
 
 
 
 
[...] Al ver aquellas pobres niñas de siete u ocho años, o menos, cargadas con un haz de yerba de un volumen mucho mayor que el de su cuerpo, un sentimiento de compasión se apodera de nosotros, y mas de una vez nos entregamos a largas meditaciones sobre la triste condición de ciertos seres. Parece que aquel peso, excesivo para sus pocos años, ha de influir perniciosamente en su desarrollo, y sin embargo, no sucede asi; robustas y de una estatura regular se las encuentra.
          [...] Mas tarde, y cuando la niña se ha hecho mujer, trabajos mas rudos constituyen sus habituales ocupaciones. Ya va al prado a segar yerba para el ganado o para venderla; ya ayuda a sus padres a cargar un carro; ya ordeña las vacas para beneficiar la leche en el vecino pueblo, del cual vuelve con una mezquina cantidad despues de haber andado, a pie y descalza, distancias larguísimas; ya condimenta la pobre y frugal comida; ya se sube a los árboles a recoger las frutas; ya, en fin, con el azadón en la mano, rompe la dura tierra, ó detras de un par de bueyes dirige el pesado arado, formando surcos en que han de depositarse las semillas de maíz, que mas tarde recoge, desgrana y lleva al molino, para dedicarse despues a amasar la harina obtenida y formar un pan agrio que solo el hambre o el hábito pueden obligar a comerlo.
          [...] Aislada, por decirlo así, de la sociedad; acostándose con la noche y levantándose con la aurora; trabajando sin cesar desde que nace hasta que muere; desposeida de conocimientos sin saber escribir, ni aun leer; parece que el caracter de la labradora debía ser áspero y duro; pero sucede precisamente lo contrario. Sencilla y benigna, es su caracter igual y dulce, y si con amabilidad se la trata, no se tarda en descubrir en ella tesoros de ternura. Al verla en los campos, su aspecto exterior repele: al hablarla, al conocerla a fondo, descubrese en seguida un corazon dotado de todas las bellas cualidades que adornan a la mujer. Hay en sus amores ternura y sentimiento, constancia y resignación; y posee la virtud de esperar años y años a su amado, ausente en América ó sirviendo en las filas del ejercito. Jura amor eterno, y cumple su juramento.
          [...] Entre las buenas cualidades que posee la labradora, resalta, si disputa, su economía. Es, en efecto, tan poco pródiga que rayar suele en mezquina. Pero esta propiedad y sus benéficos resultados, a conocerse llegan cuando, agotado todo caudal, se encuentra el individuo sin recurso alguno; de la misma manera que solo se aprecia el bien cuando se llora perdido.
CUVEIRO, Claudio: “La mujer de Pontevedra: La labradora II”. En


Las mujeres españolas, portuguesas y americanas


. Madrid, 1873

                                      

          Afortunadamente, a vida da muller rural galega, xa dista moito do que aquí se  narra, con respecto a súa forma de vida, podendo dicir, que  xa non desempeña eses traballos rudos dos que aquí se fala, pero sigue tendo un peso moi importante na economía familiar, por iso dende este blog queremos homenaxear a esas mulleres que cada día defenden con tesón o cualificativo de “rurais”, e por suposto, están moi orgullosas do que son, do seu traballo e da vida sinxela que escolleron vivir, xa que “ ser da aldea non significa ser aldeán” e  dende o meu punto de vista, aínda seguimos conservando eses bonitos valores que tamén narra Claudio Cuveiro que nin sequera o paso dos anos nos fixo perder.

                E verdade que....sabemos ler, sabemos escribir, incluso temos coñecementos  de novas tecnoloxías tan necesarias para poder desenrolarnos axeitadamente, pero, seguimos sendo sinxelas e benignas e o noso carácter e doce cando se nos trata con amabilidade,  cando se nos coñece, e se nos fala, descóbrese pronto un corazón dotado de todas as vellas calidades que adornan a unha muller, poñemos nos amores tenrura e sentimento aínda que, as veces, xa non xuremos amor eterno.

                Por isto todo acabo de darme conta, que a muller rural si mudou moitísimo dende  1873, pero sigue conservando ese encanto persoal que ten o ser galega e rural, loitando polos seus dereitos de traballadora, pola súa familia, por todo o que conseguiu e ten que seguir conseguindo, por todo elo dende aquí quero desexarvos a todas as que nos visitedes “ FELIZ DIA DA MULLER TRABALLADORA “.