de todo un pouco

venres, 1 de agosto de 2014

A tua vida nun click

              O próximo día 4 de agosto, tera lugar na Casa do Secretario un seminario informativo dedicado a mulleres emprendedoras que esteñan interesadas no comercio a través de internet , presentado pola Federación Gali.ce.cam; titulado “tu vida en un clip"


            Deíxovos o cartel informativo para as que esteades interesada, e as que esteades interesadas poderedes inscribirvos en un curso formativo titulado “a túa vida en un clip”, dirixido a favorecer a incorporación da muller o mercado laboral a través de actividades emprendedoras ou empresariais  no ámbito do  comercio electrónico.

             O curso vai dirixido a:
Mulleres empresarias que queiran coñecer as posibilidades de aplicar o e-commerce no seu negocio.
Mulleres desempregadas ou en mellora de emprego que que queiran  coñecer as posibilidades do e-comerce como instrumento para o emprendemento.
Calquera muller interesada no tema.
          







xoves, 24 de xullo de 2014

ASI FOI A VIAXE A COSTA DE LUGO

          Este pasado día 23, como xa anunciáramos na carta dirixída  a todas vos,  pasamos unha bonita xornada pola Costa Luguesa.
Saímos as 9 da mañan da Praza do Concello, e aínda que non madrugamos, o dia deunos para moito, xa que, regresamos pasadas as 11 da noite.

        Como xa vos dixen, saímos as 9 da mañá e despois de consultar as mareas, decidimos dirixirnos a praia das catedrais aproveitando que a marea a esa hora estaba baixa, aínda que o día estaba cuberto pasamos un bo ratiño paseando por esta fermosa praia, fixemos as fotos de rigor e  despois de tomar un cafeíño saímos para Foz

                                                                    




                 

             





                           

                             



          Algunha tamén tivo algún que outro problema co movil..........preguntome eu?..........que seria o que lle ensinaba María a Xosefa para estar as dúas tan entusiasmadas!!!! 





          A primeira foto de familia, e dar as grazas a Xosé Luís, (o paciente condutor),  sempre disposto a facer fotos e todo o que fixo falta.O problema e que sempre faltaba algunha..........A mais guapa con diferenza, María  a  mais pequeniña de todas nos, seguida  das duas moziñas do grupo, Tamara e Andrea.







          Marchamos para  Foz e chegado alí, montamos un piknic  no merendeiro que había o carón da praia para  non perder moito tempo, comemos, e rapidamente  fomos a darnos un refrescante baño na praia de  Foz,ateigada de xente a pesar de ser  un día de semana.
Estivemos alí hasta ben entrada a tarde.


                    







          Dende alí partimos para  Viveiro, subimos o monte de San Roque onde puidemos disfrutar das preciosas vistas  de Viveiro, logo demos un paseo pola vila e regresamos xa  de cara  Portomarín, pero non sen antes parar a merendar en  unha bonita zona recreativa de Vilalba.


           
                                                                






















domingo, 20 de xullo de 2014

Actividades para este verán 2014

 PRÓXIMAS ACTIVIDADES



                  
Oxaramago Mulleres Rurais 

                A directiva de O Xaramago en unha reunión recente, acordou establecer un calendario para as próximas actividades, que e o seguinte:

O próximo día 23 de xullo,(mércores)  realizaremos unha vista a Mariña Luguesa, visitaremos  foz , Viveiro, Praia das Catedrais...  e pasaremos boa parte do día en unha praia da zona que decidiremos sobre a marcha.

O transporte corre a cargo da asociación e a comida, decidimos que cada unha se faría cargo da súa e será de bocadillo para non perder tempo  para comer;  a saída será  coma sempre da praza do concello as 9 da mañá .

Si hai algunha persoa que non sexa socia que desexe acompañarnos recibirémola encantadas, pero tera que pagar o custo do autobús.

Programamos outras dúas saídas a praia para os días  6 e 27 de agosto ; cada día iremos a un sitio distinto que iremos decidindo entre todas.

 O centro de Artesanía e Deseño subvenciónanos un curso de elaboración de xabóns, (cubre os gastos docentes), os materiais necesario correran a cargo de cada unha das socias e será de aproximadamente uns 35€ por persoa. Proximamente concretaremos fecha e lugar para a realización de dito curso.

Cabe tamén a posibilidade de facer un curso de automaquillaxe, faríase en grupos de 3 persoas, con unha duración de 3 horas a convir, o custo por persoa seria de 48€, inclúe os materias que se utilizan.

Se estades interesadas en participar no curso de cestería que se está a impartir no Cruceiro aínda podedes apuntarvos.

Recordarvos as que non pagastes a cota de socias, que o fagades o antes posible facendo constar, cando fagades o ingreso, cuota 2014, importante para nos poder contabilizar  quen a abonou e quen non.

Xa sabedes que coma sempre podedes chamar a os nosos teléfonos para informarvos mellor :
                                                   Lola.......................600 318 163
                                                   Isolína...................619 287 881
                                                   Aurora..................670 580 759
                                                   Mº Carmen...........657 485 853

                                        

                                                                                                      Un saudo .........O  Xaramago

   


mércores, 7 de maio de 2014

Mais do dia da Agardente

Hoxe deixovos tres videos do día da augardente



Novos cabaleiros e damas da Orden da Alquitara



                    Actuacion da Asociación cultural Rio Miño

Os mais pequerrechos tamén tuveron o seu momento, e vaia ben que estiveron
  





sábado, 26 de abril de 2014

Augardente 2014

AUGARDENTE 2014

Como todos mui  ben sabedes, este ano imos xa pola XLIV  Edición da Festa da Augardente, sendo esta unha das festas gastronómicas e de exaltación dos produtos da nosa terra mais antigas de todo Galicia.
As mulleres rurais ( O Xaramago), como non podía ser menos, estivemos alí, disfrutando do día, que aínda que en algún momento, a choiva caeo con forza, non conseguiu parar a chegada de visitantes que a o longo de todo o  día acudiron a Portomarín  a disfrutar  das moitas actividades que se ofreceron.
Dende aquí, tratamos de facer un pequeno resumo do que foi o día, para aqueles que non puideron vir,  e para os que estiveron recordarlles un pouco o que foi esta longa velada de domingo en  Portomarín.
Isto empezou as 10 da mañá co prendido das alquitaras que destilaron durante todo o día na praza do concello

     Celebrouse a procesión do Santo Encontro e unha misa solemne, e despois de isto, a xente aproveitou un ratiño para degustar os produtos típicos do concello, a prezos moi económicos, e xa bo momento para tomar unha augardente acompañada de unha tapiña de empanada de anguías ou un queixo de pousada acompañado de un bo viño denominación ribeira sacra.
     Esta degustación e promovida polo Concello, que cada ano, lle da os produtos a unha asociación para que a traballe e así sacar un pouco de diñeiro para as súas actividades, e este ano, as que tivemos esta honra, fomos nos, a “Asociación de Mulleres rurais o Xaramago"













E aquí nos tedes no estant destinado a nos, esperando que a degustación empece, tratando de telo todo a punto para o momento, procurando que todo saíra ben para estar a altura das circunstacias

   


 A o mesmo tempo, na Casa do Concello, tiñamos expostos algúns dos nosos traballos, que, coma cada ano dende que facemos a exposición, tivemos gran cantidade de vistas polo que queremos dar as grazas

      



Xa pola tarde, e para reiniciar a actividade despois de un bo xantar, actuou a Charanga Malosera


                                              

Nomeáronse as damas e cabaleiros da Orden da Alquitara

  


Actuou  o  grupo de baile da Asociación Río Miño





A verbena estivo a cargo do orquestra Miramar


 e despois da verbena o bruxo queiman ofreceunos un bonito  espectáculo, O ser de noite non puden facer fotos con claridade, pero esta vez imos compartir as fermosas fotos que fixo Maensa Fotografia