de todo un pouco

xoves, 17 de maio de 2012

Día das Letras Galegas


O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

Manuel Gómez Roman, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro, e que este libro de Rosalía foi a primeira obra  mestra comtemporánea coa a que conta a literatura galega, e tamén a que lle deu  prestixio universal a nosa fala como instrumento de creación literaria.

Propúxose o dia 17 de maio, porque se descoñecía a data de  publicación do libro, pero si se sabía que fora este   dia cando Rosalía de Castro llo dedicou á tamén poeta Fernán Caballero

Este ano o día das letras galegas estará dedicado o Paz Andrade, xa que así o acordou, como cada ano o plenario da Real Academia Galega.

VALENTIN PAZ ANDRADE

Nos inicios da súa traxectoria profesional, foi director do xornal galeguista Galicia (1922-1926) en este último ano foi pechado por pola dictadura do xeral Primo de Rivera, no que tamén colaboraron persoas da talla de Castelao, Risco, Maside y Villar Ponte.

No 1924 foi condeado a un mes de cárcere por un dos seus artigos e en 1931 foi candidato a Diputado por Pontevedra nas Cortes Constituintes.

En 1942 empezou a dirixir a revista Industrias Pesqueiras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego.

En 1964 foi nombrado membro ra Real Academia Galega co discurso A Galeguidade  na obra de Guimares Rosa.

Despois da morte de Franco, formou parte da  “Comisión dos 10” da oposición democrática (con  Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc).

En 1977 foi escollido senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.


Obra:


escribiu ensaios literarios, históricos e económicos nos que reflexou a súa preocupación por Galiza. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros.

Como poeta formou parte da xeración de 1925 e na maior parte da súa obra evidénciase unha motivación patriótica, como se observa en Soldado da morte (1921), Pranto matricial (1954), no que evoca a morte de Castelao, Sementeira do vento (1968), no que canta a paisaxe e a xente galega, o esilio e o amor ausente; Cen chaves de sombra (1979) y Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo

Colaborou  en O Ensino, Grial e  Outeiro con artículos sobre literatura, especialmente arededor da  figura de Castelao; y en Industrias Conserveras, El País e La Vanguardia con artículos económicos e políticos.

Ensayo literario, histórico e económico

  • Galicia como Tarea (1959).
  • La anunciación de Valle-Inclán (1967).
  • La marginacíón de Galicia (1970).
  • A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978).
  • Castelao na luz e na sombra (Edicións do Castro, 1982).
  • Galiza lavra a sua imagem (1985).

 Sobre temas pesqueros

  • Los puertos nacionales de pesca. Aportación de Vigo al estudio del problema (1928).
  • Producción y fluctuación de las pesquerías (1954).
  • Sistema económico de la pesca en Galicia (1958).
  • Los derechos sobre el espacio marítimo (1960).
  • El capital como factor del desarrollo de Galicia (1970).
  • El concepto de zona económica en el nuevo derecho del mar (1974)

Poesía

  • Pranto matricial (1954).
  • Sementeira do vento (1968).
  • Cen chaves de sombra (1979).
  • Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).

Narrativa

  • Soldado da morte (1921), inédita.

Premios e  distincións

Foi membro da Real Academia Gallega (1964) e da  Academia Gallega de las Ciencias (1985), e foi galardoado co Pedrón de Ouro (1975), ca  Medalla de la Ciudad de Pontevedra (1979), ca  Medalla Castelao (1984), ca Medalla de Oro de la Ciudad de Vigo (1986) e co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986).

Escollido o sábado 4 de xunio del 2011 para ser homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2012.




venres, 11 de maio de 2012

Flamenquiños de pan de molde


                                                   


               Hoxe vou a darvos unha  receita fácil e moi sinxela de facer, non se tarda mais de cinco minutos en preparala e xeralmente fai as delicias dos mais novos da casa. Son uns flamenquiños de pan de molde que están moi bos
                      Ingredientes para 2 persoas:
Ø  4 rebadas de pan de molde
Ø  4 lonxas  de xamón York das cadradas
Ø  4 lonxas de queixo tipo  sándwich
Ø  1ovo
Ø  Pan raiado
Ø  Aceite para fritir
                    Maneira de facelos:

               En canto se vai quentando  o caceite na tixola, collemos as rebadas de pan de molde e aplastámolas un pouco con un rodillo para que queden mais finas. Despois colocamos unha lonxa de xamón e outra de queixo encima de cada rebada. Enrolamos dándolle forma de un flamenquiño e imos somerxido no ovo batido. Pasámolos por pan raiado e fritímolos en aceite ben quente hasta que queden dourados e xa están listos para comer.
               E importante que non se abran pero para evitar isto podemos cravalos con un palillo para fritilos.

sábado, 5 de maio de 2012


Hoxe vou compartir con vos este video con fotos da nosa vida diaria, o mesmo tempo invítovos a que nos mandedes esas fotos que vos gustan para compartilas dende aquí. Xa que unha vez mais queremos recordarvos que o blog está aberto  a todas as suxerencias que nos podades aportar.


  

mércores, 2 de maio de 2012

A NOSA OMENAXE A TODAS AS NOSAS NAIS



En España, así como en moitos países do mundo, un día a o ano celebrase o día da nai. En este ano 2012, o dia da nai cae a 6 de maio, así que nese día miles de familias españolas renderán homenaxe a cada  unha das mulleres que son nais e que día a día seguen dando amor a os seus fillos.

          O amor de unha nai non ten límite, por esa razón as frases que podemos decir nunca sobran, e tampouco sobran os motivos e os eventos.

          Escoitamos en moitas ocasións, en reunións familiares e películas ou en libros varios repertorios de frases; algunhas suliñan a capacidade da nai para realizar moitas  e diversas actividades a o mesmo tempo, pois solo elas poden atender o teléfono, cociñar un spagheti, e revisar as tarefas do neno con unha fluidez que un home non podería igualar.

          Outras frases sinalan a súa condición de amiga que nunca nos abandonará aínda cando os amigos nos abandonen e a sorte non estea do noso lado.

          Tamén se escoitan frases que a colocan como a mellor mestra que se pode ter porque as súas palabras ademais de sabeduría tamén están cheas de amor.













          A dulzura da nai permite que se pronuncien frases que a comparan con unha flor, incluso hai frase , mui pronunciadas por grandes persoaxes da historia, da literatura e das artes, que reconocen que os séus logros na vida persoal e profesional son grazas a presenza da súa nai.

          Outras frases comparan a nai con un anxel que sempre está protexendo os seus fillos, unha presenza omnipotente, forte a cariñosa.

          Cada país ten as súas formas propias de alagar a súa nai, ai paises nos que os fillos teñen palabras moi cariñosas, en outros as frases son escasas, mais non as accións para demostrar o amor a súas nais.

Algunhas persoas tamén o demostran con cancións coma estas, xa  que o longo da historia tampouco faltaron cancións para ensalzar e omenaxear o amor de unha nai            









 FRASES CÉLEBRES PARA MAMÁ
“Calquera nai podería facer o traballo de varios controladores aéreos con facilidade” Lisa Alther (1944- ). Novelista estadounidense.

               “Se ainda tes a tua nai es unha persoa afortunada, vive con esa dicha que só ese bello ser pode inspirar” Abel Pérez Rojas (1970-). Educador mexicano.

       “A miña nai foi  a miña  mellor mestra. Ensinoume a ter compaixón, a amar e a non ter medo. Se o amor e doce coma unha flor, a miña nai e esa doce flor de amor” Stevie Wonder (1950 - ). Artista estadounidense.

       “Todo o que son llo debo a miña nai.  Atribúiolle todos os meus éxitos nesta vida a formación moral, intelectual e física que recibín dela. George Washington (1732 – 1799). Primer presidente de los Estados Unidos.

       “ Non hai influencia tan forte coma a de unha nai” Sarah Josepha Hale (1788 – 1879). Escritora Norteamericana .

       “Diante de unha muller nunca esquzas a tua nai” Constancio C. Vigil (1876 – 1954) Escritor uruguayo .

       “Eu alabo a o eterno Pai, non porque as fixo bellas, senon porque a todas elas lles deo corazón de  nai”. José Hernández (1834-1886), poeta arxentino.

       Xamais  na vida encontrarei tenrura mellor, mais profunda, mais desinteresada nin verdadeira que a da vosa nai” José Hernández (1834-1886), poeta argentino.

       “A xuventude desvanecese, o amor merma, as follas da amizade sécanse; pero a esperanza secreta de unha nai sobrevive a todo." Oliver Wendell Holmes.

       “Tan so hai unha cousa en este mundo que sexa tan fermosa e mellor que a muller: a nai. Leopold Schaeffer (1784-1862), poeta alemán.

       “Nais, nas vosas mans tedes  a salvación de o mungo” León Tolstoi (1828 – 1910. Escritor ruso.

       “Todo o que son e espero ser, llo debo a miña nai, xamais poderá ser pobre o home cuia nai sexa unha muller de fe.” Abraham Lincoln.

       “De todos os dereitos das mulleres, o mais grande e o de ser nai.” Lin Yutang (1895 – 1976). Escritor chino-americano.

       “ A maternidade e mais forte cas leis naturais” Bárbara Kingsolver.

       “O corazón de unha nai e un abismo profundo onde no fondo sempre encontrarás perdón” Honoré de Balzac (1799-1850), novelista francés.

       “A maternidade e a mais importante das profesións. Esixe mais coñecementos que calquera outro asunto relacionado co home” Elizabeth Cady Stanton (1815-1902), activista estadounidense.

       “A nai e a nosa providencia sobre a terra nos primeiros anos de vida, o noso apoio mais firme nos anos seguintes a nenez, a nosa amigo amiga mais tenra e leal nos anos borrascosas da xuventude” Severo Catalina (1832-1871), político y escritor español.

       “Ensíname o rostro a túa nai, e direiche quen es.”