de todo un pouco

venres, 28 de febreiro de 2014

Imaxes da excursión a Portugal

 

Fai un tempo a tras fixemos  unha  excursión polo norte de Portugal, visitamos  o mercadillo e a vila de Vilanova de Cerveira, pasamos por a fortaleza de valença, xantamos e visitamos Tui, e xa pola tarde,  estivemos no castro de  Santa Tecra na Garda.

            As fotos,  que no seu día se perderon, conseguimos recuperalas, e aquí queda este pequeno álbum como recordo de esta visita

 

 
 
 







 




 

 







 


 




















    

                                      
 








 



martes, 25 de febreiro de 2014

Estamos de aniversario

                                                                  Flor de Xaramago
Levamos xa dous anos  de blogueiras, xa que, a nosa primeira entrada, esta datada o 14 de febreiro do ano 2012; en este tempo, tratamos de compartir con vos os nosos traballos, o noso sentir, as nosas actividades, e todo o que fomos facendo na asociación nestes dous anos, en un total de 66 entradas.
                                                             
A día de hoxe, o marcador de páxinas visualizadas, contabiliza un total de 9083, o que nos enche de satisfacción e nos anima a seguir publicando, facendo vídeos das nosas cousas e compartilos con todas as persoas que nos visitades.

Podemos comprobar, no noso contador de visitas, que entran a ver a nosa páxina dende  numerosas partes do mundo, dende O Xapón ou Moscú, hasta países hispano americanos como poden ser Brasil ou Arxentina e como non podía ser menos dende numerosos puntos da xeografía galega e nacional.

Creemos tamén, que por todos estes motivos e porque o contido xa era moito e moi difícil de  encontrar o que se buscaba, debíamos de organizar un pouco todo o contido do blog, e estamos traballando en elo para que sigades visitándonos, deixando os vosos comentarios e as vosas suxerencias e así, conseguir este reto, que e o de compartir todas as nosas cousas con vos. traballar para chegar as 10000 páxinas visualizadas, que xa están ahí a volta da esquina, e como non conseguir as 20000, que ainda que parece un reto difícil de lograr estamos seguras de que o acadaremos con todos vos que  nos visitades.
 

venres, 14 de febreiro de 2014

SUSPENDEMOS A EXCURSION PROGRAMADA PARA O DIA 15 DE FEBREIRO

A excursión que tiñamos programada para mañan, a Ourese, Carballiño, Oseira e Cea, decidimos pospoñela para o próximo dia 8 de marzo, debido o mal tempo que estamos a sufrir estos días.Esperamos que non vos cause ningunha molestia.