LICOR CAFÉ
INGREDIENTES:
1 litro de augardente de Portomarín
1 litro de auga preferiblemente fervida e fría
¼ kg de café torrefacto
¼ kg de azucre
1 laranxa
1 limón.
Unha
rama de canela (opcional)
2 onzas de chocolate negro (opcional)
MANEIRA DE FACELO:
Votamos en unha pota
ou calquera outro recipiente que se poda pechar hermeticamente o augardente, a auga fervida e fría na que xa
botamos o azucre facendo unha especie de almíbar, engadimos o café machucados
os grans para que solten mais sabor ( non mudos) e a laranxa e o limón cortados en cuartos.
As cantidades son orientativas, xa que dependendo do gusto
podémolo facer mais doce engadindo mais azucre, ou mais ou menos forte
engadindo mais ou menos auga dependendo do gusto de cada persoa.
Tamén hai quen lle engade
unhas onzas de chocolate e unha rama de
canela.
Desde que están todas
as cousas mesturadas deixámolo repousar 9 días removendo cada día para que
colla ben o sabor, pasado este tempo
colámolo ben con un coador o que lle poñemos un pano para que non pasen pousos
e a degustalo.
Licor
do negro café que me tumbas que me matas, Licor do negro café fasme andar a
catro patas. LICOR CAFÉ ¡Licor do negro café quén che pode decir NON! Licor do
negro café deixame poñerme en pé, acompáñame a unha festa, emborráchate comigo,
que nos atope a mañá abrazados como amigos …” – Lamatumbá – Licor Café.