de todo un pouco

venres, 31 de xaneiro de 2014

PROXIMAS ACTIVIDADES E REUNIONS


                        O Xaramago Asociación de Mulleres  Rurales de Portomarín

Reunida a directiva da Asociación de mulleres rurales de Portomarín  “O Xaramago” acordamos:

            Convocar unha asamblea xeral para o vindeiro día 7 de febreiro as 10 da noite, na casa de cultura de Portomarín,  coa seguinte orde do día:

            1.- renovación de nova directiva.

            2.- Presentación das contas da asociación dende a súa constitución ata a fecha de hoxe.

            3.- propostas para novas actividades nas que poidades estar interesadas.

            4.- Rogos e preguntas.

            Comunicarvos tamén que o próximo día 15 de febreiro, faremos unha pequena excursión o centro termal de A CHAVASQUEIRA  en Ourense, onde hai unhas augas termais, apreciadas para o tratamento do reuma, artrite e afecións da pel, así como para os trastornos hepatodigestivos e para as vías urinarias, entre outras cousas.

            A asociación correra cos gastos de autobús e tamén coas entradas a o recinto da Chavasqueira, as que decidades vir solo teredes que facervos cargo do xantar, que coma sempre, intentaremos que sexa por un prezo axeitado a todas. Para poder acceder o recinto termal e imprescindible levar chancas, bañador e toalla ou albornoz.

            O regreso visitaremos as vilas de o Carballiño e Cea así como unha visita o Mosteiro de Oseira.
                                                           Templo de Veracruz- o Carballiño



            Para poder reservar praza tanto en as termas como de autobús e comida, necesitamos que nos fagades saber a vosa intención de asistir antes do dia 10 de febreiro, chamando os nosos números de sempre.  


            Recordarvos tamén que as que non vos acordou de facer efectivo o importe da cota de socia do 2013 o fagades o mais pronto posible, a cota e de 12€ coma nos anos anteriores.

            As persoas que desexen asistir a viaxe a Ourense que non sexas da asociación, poden facelo, pero terán que aboar o importe do autobús correspondente e a entrada a recinto termal.

   

                                           Atentamente..........A DIRECTIVA DE O XARAMAGO

 

xoves, 23 de xaneiro de 2014

Xa temos novos traballos

       Como cada ano, xa empezamos un novo curso de manualidades e sempre nos gusta compartir os nosos traballos con todos os nosos visitantes, estes son unha pequena parte de eles.






















   
















domingo, 11 de agosto de 2013

O calabacín


Non se coñece moi ben a orixe do  calabacín, o que si sabemos e que e unha planta de fácil cultivo  e que acostuma a medrar ben nas nosas hortas; que o seu consumo está a estenderse cada día mais entre nos.
 E unha verdura de verán, e os mais sabrosos  relollémolos nos meses de xulio a setembro aínda que pode atoparse no mercado durante todo o ano.
Pertence a  mesma  especie que a calabaza, sen embargo presenta calidades nutritivas propias. O seu principal compoñente e a auga, seguido dos hidratos de carbono e pequenas cantidades de graxa e proteina, con un aporte moderado de fibra, o que o converte en un bo alimento para persoas con exceso de peso polo seu escaso aporte calórico.
Contén unha fibra que suaviza e desinflama as mucosas do aparato dixestivo, resultando muy facil de dixerir, tendo tamén un efecto laxante sobre o noso intestino.

                            VALOR NUTRITIVO POR 100 GRAMOS

                            Enerxía                                 29.5 kcal
                            Auga                                     92 ml
                          Fibra                                     1.3 gr
                             Potasio                                400 mg
                             Maganesio                         16 mg
           Existen numerosas maneiras de preparalos, desde recheo, hasta unha suave crema, estas son  algunhas maneiras

 

MITAS DE CALABACÍN RECHEO    
 
 INGREDIENTES:

1 calabacín mediano,
Cebola raiada,
Pulpa de calabacín
Beicon  afumado
Fariña,
1 vaso de leite´
Queixo raiado,
Pan raiado con allo e perexil  seco,
Tomate frito

 

                                                  MANEIRA DE FACELO
              Cortar o calabacín en duas mitades.
             Facerlles uns cortes na pulpa e envolvelos nun film trasparente  para fornealos no microondas uns seis minutos.
            Unha vez fríos, sacarlles a pulpa e sofreila coa cebola raiada e o beicon cortado en anaquiños.
            Engadir a fariña,  mesturar ben e engadir pouco a pouco o leite para facer unha bechamel  basta.
             Engadir por enrriba o queixo raiado e por último o pan raiado.
             Meter o forno una anaquiño hasta que se funda  ben o queixo. Adornar o fondo do prato con tomate frito.

-------------------------------------------------------------------------------------------
  




                             MOUSSE DE CALABACÍN
 
                        Ingredientes:
                        2 calabacíns grandiños
                        2 cebolas
                        1 limón,
                        4 culleradas de aceite de oliva
                        Perexil
                        Sal e pimenta moida (opcional)
                        4 rebadas de pan tostado quente
 


                        Como facelo:
           Pelamos os calabacins e as cebolas, cortámolos finos
           Poñemos unha tixola a quentar co aceite, na que engadimos a cebola primeiro, deixámola facer a lume lento hasta que se poña transparente, logo engadimos o calabacín, e refogamos durante 5 minutos.
           Pasado este tempo, votamos todo na batedora, engadimos a sal e a pimenta, un pouco de raiadura de limón e un chorriño de limón, batemos hasta conseguir unha crema espumoso.
            Servimos en cuncas, espolvoreado co perexil picado e acompañado do pan tostado quentiño.
           Ideal para tomar como primeiro prato, e moi sabroso e ten un sabor moi suave.
---------------------------------------------------------------------------------------------------

 
        
        



                             TORTILLA DE CALABACIN

Ingredientes :(para unha persoa)
                            
          1 calabacín
          2 ovos,
          1 cullerada de aceite de oliva,
          1 dente de allo
           Perexil e sal

  Maneira de facelo:

          Lavar ben  o calabacín, sil pelar, cortámolo en cadrados pequenos, picamos o allo e o perexil e votamos as tres cousas en unha sarten, conm unha cullerada de aceite, e facémolo de 15 a 20 minutos hasta que o calabacín esté brando.

          Batemos os ovos e engadimos a o calabacín previamente escorrido, deixando na sarteén o aceite sobrante, engadimos un pouco de sal e dixamos que repouse a mestura 5 minutos,

          Poñemos outra  vez a o lume a mesma tixola,e cando esté quente, votamos a mestura de ovo e calabacín, pasados un par de minutos  pregamos a mestura polo medio, facendo como unha empañadilla, e facemos por ambas lados hasta o punto desexado



 

mércores, 10 de xullo de 2013

PORTOMARIN NO RECORDO




Este ano, celebrase o 50 aniversario do asolagamento do vello Portomarín, que de pouco lle serviu ser declarado patrimonio histórico no ano 1946, xa que isto non foi suficiente para que o enguliran as augas do  Miño no ano 1963, o construir o encoro de Belesar, dende aquí queremos facer a nosa homenaxe persoal para así contribuír co  noso pequeno grao de área a multitude  de actos que están a celebrarse para conmemorar tal feito histórico.
             A maioría do patrimonio foi trasladado o actual enclave, no Monte Do Cristo, monumentos como a Igrexa de San Xoán que foi trasladada pedra a pedra  a actual praza do pobo,
Para os que esteades interesados en saber algo da nosa historia, podedes mirar o que  Wikipedia di do noso concello.
Así fala  El Mundo de Potomarín, “Cuando los peregrinos llegan al Obradoiro y, tras visitar el Santo y la Catedral, hacen balance de su viaje, pocos son los que no citan entre sus recuerdos el municipio de Portomarín. Son numerosas las instantáneas que portan en sus cámaras de la llegada al pueblo, tomadas sobre el elevado puente que cruza el Miño”. Ver mais.......
 Son numerosos tamén os vídeos que pululan na rede sobre a historia de un pobo como portomarín coma este da TVG que fai referencia o asolagamento da antiga vila, que titulamos como o titulo da reportaxe, Portomarín no recordó...
Nos tamén queremos homenaxear o noso pobo con estes vídeos feitos por nos, con imaxes que fomos recollendo da rede, e que esperamos vos amosen un pouco mais da historia do noso concello.                                                                                                                                                                                

                                   
 
 

E importante tamén resinar aquí a valiosísima información que Cidre recolle no seu blogsobre a vila de portomarín.
 


 

xoves, 13 de xuño de 2013

TARTA DE PIÑA


               Agora que chega o verán, apetécennos máis os postres fríos, e ademais, a maioría deles teñen unha vantaxe engadida, posto que para a súa elaboración non se  precisa o forno, evitando así o calor que este desprende, ademais de preparala en uns escasos 20 ou 25 minutos.

               Un de estes postres fríos e a tarta de piña, da que vos deixo a receite a continuación.

 

                                                INGREDIENTES:

                                                1 paquete de sobaos

                                                1 bote grande de piña

                                                1 sobre de xelatina de piña

                                                ½ litro de nata líquida

                                                Caramelo líquido

                                                5 ou 6 cereixas en almibar (opcional)


 

                                                PREPARACION;

              -  Cubrimos a base do molde con caramelo líquido, igual que para preparar un flan.

               - Seguidamente poñemos as rodelas de piña escorridas encima do caramelo, reservando o almívar  para mais adiante, se decidimos poñer as cereixas, poñémolas en cada burato da piña, a cantidade de rodelas dependerá do tamaño de molde.

               -A continuación da piña poñemos unha capa de sobaos, procurando encher ben todos os ocos.
               - Quentamos a nata sen que chegue a ferver, e en canto, en outro cazo mezclamos ben o almibar da piña co sobre de xelatina de piña; cando teñamos a nata quente engadimos a mestura de xelatina e almibar a nata.

               -Deixamos encima do lume hasta que  empece a ferver removendo constantemente con unha culler de madeira para que non se nos queime.

               - Volcamos encima dos sobaos e coa culler de madeira presionamos lixeiramente os sabaos para que se nos empapen ben da mestura e asi nos saia a tarta mais xugosa.

               -Metémola na neveira e deixámola enfriar polo menos 6 horas, aínda que é mellor preparala de un dia para outro.  

               -para servila dámoslle a volta sobre unha bandexa a que , si os desexamos, podemos cubrir con unha blonda. 

  

 

     

 

luns, 10 de xuño de 2013

FOMOS A OS COVADOS DE BELESAR

 

Fai uns días atrás, unhas cantas de nós,  fomos coñecer un fermoso lugar que inda que esta  moi preto de nós, a maioría nunca estiveramos alí, e aproveitamos para facer unha ruta de sedeirísmo que hai na zoa desde onde puidemos admirar as fermosas paisaxes de Ribeira Sacra; estoume referindo a o pobo de Belesar.

Saímos pola mañá, non moi cedo, e arrancamos a ruta na fermosa igrexa románica de San Estevo de Rivas de Miño, no concello de o Saviñao, pasamos polo pobo de Galegos,  e un anaco despois , chegamos a Diamondi, onde puidemos ver a su fermosa Igrexa en restauración

A escasa distancia de Diamondi empeza a parte mais fermosa do percorrido, primeiro por unha calzada romana moi ben conservada de baixa en zig-zag , con unha forte pendente, primeiro entre soutos e castaños, e unha espesa vexetación, e último tramo, xa nas ribeiras de Belesar, hai unhas fermosas vistas sobre o  Río Miño  e o pobo de Belesar co seu fermoso embarcadoiro.

Despois da longa camiñata, decidimos quedarnos a comer nun pequeno restaurante que hai o lado do embarcadoiro, “Abacería o Batuxo”, onde estivemos hasta ben entrada a tarde que decidimos  regresar.

Quedounos pendente facer a ruta de catamarán que hai polo Río Miño partindo de Belesar, xa que non nos deu tempo de acabar o xantar para cando saliu o catamarán, pero..............QUEDAMOS EN VOLVER  OUTRO DIA e xa vos contareiiiiii!!!!!!!.

 
Deíxovos un vídeo das imaxes que fixemos que creo que define o que intento contarvos aquí.