Non se coñece moi ben a orixe do calabacín, o que si sabemos e
que e unha planta de fácil cultivo e que
acostuma a medrar ben nas nosas hortas; que o seu consumo está a estenderse
cada día mais entre nos.
E unha verdura de verán, e os mais sabrosos relollémolos nos meses de xulio a setembro aínda que pode atoparse no mercado durante todo o ano.
Pertence a mesma especie que a calabaza, sen embargo presenta calidades nutritivas propias. O seu principal compoñente e a auga, seguido dos hidratos de carbono e pequenas cantidades de graxa e proteina, con un aporte moderado de fibra, o que o converte en un bo alimento para persoas con exceso de peso polo seu escaso aporte calórico.
Contén unha fibra que suaviza e desinflama as mucosas do aparato dixestivo, resultando muy facil de dixerir, tendo tamén un efecto laxante sobre o noso intestino.

VALOR NUTRITIVO POR 100 GRAMOS
Enerxía 29.5 kcal
Auga 92 ml
Fibra 1.3
gr
Potasio 400
mg
Maganesio 16
mg
Existen numerosas maneiras de
preparalos, desde recheo, hasta unha suave crema, estas son algunhas maneiras
MITAS DE
CALABACÍN RECHEO
INGREDIENTES:
1 calabacín mediano,
Cebola raiada,
Pulpa de calabacín
Beicon afumado
Fariña,
1 vaso de leite´
Queixo raiado,
Pan raiado con allo e perexil seco,
Tomate frito
1 calabacín mediano,
Cebola raiada,
Pulpa de calabacín
Beicon afumado
Fariña,
1 vaso de leite´
Queixo raiado,
Pan raiado con allo e perexil seco,
Tomate frito
MANEIRA DE FACELO
Cortar o calabacín en duas mitades.
Facerlles uns cortes na pulpa e
envolvelos nun film trasparente para
fornealos no microondas uns seis minutos.
Unha vez fríos, sacarlles a pulpa e
sofreila coa cebola raiada e o beicon cortado en anaquiños.
Engadir a fariña, mesturar ben e engadir pouco a pouco o leite
para facer unha bechamel basta.
Engadir
por enrriba o queixo raiado e por último o pan raiado.
Meter o forno una
anaquiño hasta que se funda ben o queixo.
Adornar o fondo do prato con tomate frito.
-------------------------------------------------------------------------------------------
MOUSSE DE
CALABACÍN
Ingredientes:
2 calabacíns
grandiños
2 cebolas
1 limón,
4 culleradas
de aceite de oliva
Perexil
Sal e pimenta
moida (opcional)
4 rebadas de
pan tostado quente
Como facelo:
Pelamos os calabacins e as
cebolas, cortámolos finos
Poñemos unha tixola a
quentar co aceite, na que engadimos a cebola primeiro, deixámola facer a lume
lento hasta que se poña transparente, logo engadimos o calabacín, e refogamos
durante 5 minutos.
Pasado este tempo, votamos
todo na batedora, engadimos a sal e a pimenta, un pouco de raiadura de limón e
un chorriño de limón, batemos hasta conseguir unha crema espumoso.
Servimos en cuncas,
espolvoreado co perexil picado e acompañado do pan tostado quentiño.
Ideal para tomar como primeiro
prato, e moi sabroso e ten un sabor moi suave.
---------------------------------------------------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------------------------------------------------
TORTILLA DE CALABACIN
Ingredientes :(para unha persoa)
1
calabacín
2 ovos,1 cullerada de aceite de oliva,
1 dente de allo
Perexil e sal
Maneira de facelo:
Lavar ben o calabacín, sil pelar, cortámolo en cadrados
pequenos, picamos o allo e o perexil e votamos as tres cousas en unha sarten,
conm unha cullerada de aceite, e facémolo de 15 a 20 minutos hasta que o
calabacín esté brando.
Batemos os ovos e engadimos a o calabacín previamente
escorrido, deixando na sarteén o aceite sobrante, engadimos un pouco de sal e
dixamos que repouse a mestura 5 minutos,
Poñemos outra vez a
o lume a mesma tixola,e cando esté quente, votamos a mestura de ovo e
calabacín, pasados un par de minutos
pregamos a mestura polo medio, facendo como unha empañadilla, e facemos
por ambas lados hasta o punto desexado
me encanta el calabacin es una verdura que se puede hacer de muchas maneras, pero esta nunca la habia hecho la voi a probar pero estoi seura de que esta delicioso, tiene una pinta estupenda.
ResponderEliminarGracias por la receta
Saludos
Gracias a ti por visitarnos veónica, si está muy rico, xa nos dirás si che gustou, e esperamos que nos visites de novo a fagas a nosas recetas que con tanta ilusión compartimos. Saudos para ti tamén.
ResponderEliminar