Fai uns días atrás, unhas cantas de nós, fomos coñecer un
fermoso lugar que inda que esta moi
preto de nós, a maioría nunca estiveramos alí, e aproveitamos para facer unha ruta
de sedeirísmo que hai na zoa desde onde puidemos admirar as fermosas paisaxes
de Ribeira Sacra; estoume referindo a o pobo de Belesar.
Saímos pola mañá, non moi cedo, e arrancamos a ruta na fermosa
igrexa románica de San Estevo de Rivas de Miño, no concello de o Saviñao,
pasamos polo pobo de Galegos, e un anaco
despois , chegamos a Diamondi, onde puidemos ver a su fermosa Igrexa en
restauración
A escasa distancia de Diamondi empeza a parte mais fermosa do
percorrido, primeiro por unha calzada romana moi ben conservada de baixa en
zig-zag , con unha forte pendente, primeiro entre soutos e castaños, e unha
espesa vexetación, e último tramo, xa nas ribeiras de Belesar, hai unhas
fermosas vistas sobre o Río Miño e o pobo de Belesar co seu fermoso embarcadoiro.
Despois da longa camiñata, decidimos quedarnos a comer nun
pequeno restaurante que hai o lado do embarcadoiro, “Abacería o Batuxo”, onde
estivemos hasta ben entrada a tarde que decidimos regresar.
Quedounos pendente facer a ruta de catamarán que hai polo Río
Miño partindo de Belesar, xa que non nos deu tempo de acabar o xantar para
cando saliu o catamarán, pero..............QUEDAMOS EN VOLVER OUTRO DIA e xa vos contareiiiiii!!!!!!!.
Deíxovos un vídeo das imaxes que fixemos que creo que define o
que intento contarvos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario