Hoxe como cada Domingo
de Pascua, Portomarín tería que estar a
celebrar a súa xa tradicional Festa da Augardente, unha das festas
gastronómicas mais antigas de Galicia, que, este
ano ía xa pola súa IXL edición, a que, dende fai uns anos, se lle sumou
a de outro produto típico do noso concello, a da degustación da anguía que
vai xa na súa X edición. Dous produtos que caracterizan o noso concello e
que, ademais de non faltar nunca nas nosas celebracións, son valorados mais alo
das nosas fronteiras pola súa exquisita calidade.
A nosa asociación, O
Xaramago, Asociación de Mulleres Rurais, dende a súa creación fai xa 8
anos, participou sempre moi activamente nas actividades que se levaron a cabo
en este día, por iso, non podemos deixar pasar de largo o día de hoxe sen
aportar o noso pequeno gran de area,
para que, en unha época de confinamento como a que se está a levar a cabo, Portomarín teña a súa pequena homenaxe
recordo do que sería esta festa que todos os portomarinenses votaremos de
menos.
No noso recordo hai moreas de imaxes que fomos acumulando e
engadindo a o noso baúl o longo de estes anos, nos que, cada festa, foi e seguirá sendo un lugar de encontro para todas nos, na
nosa xa coñecida exposición que con tanto cariño fomos organizando, para amosarvos
esas pequenas cousas, que cada ano fomos facendo nos nosos talleres de
restauración, pintura e manualidades. Este ano, non poderá ser posible a
exposición, pero si a deixaremos para todos vos, de unha maneira virtual, en
este vídeo, que con moito cariño fixemos para mostrar a todos aqueles
visitantes que, seguro nos votarán de menos.
Recordamos tamén con especial cariño, cando se nos
invitou a inauguración de Gastro
Obrador, onde en perfecto equipo co alcalde, Juan serrano, fixemos aquela
primeira fornada de pan e empanadas que logo compartimos con todos os veciños,
facendo de todo isto unha xornada que dificilmente podemos esquecer.
Colaboramos tamén na atención
do posto do concello para a degustación
da anguía, que amablemente nos cede para que podamos recaudar algún diñeiro
extra para as nosas actividades, o que
tamén queremos agradecer a través de esta paxina.
Isto todo pola nosa parte, pero Portomarín e moito máis o
dia da augardente, este ano tampouco terá a súa misa de pascua, nin a procesión
do Santo Encontro a que os portomarinenses teñen tanta devoción.
Non haberá pregón dende o balcón municipal.
Non haberá esa carreira de atletismo, que cada ano se celebra coincidindo con este día, e
como todas as cousas que fai Portomarín, está
xa conseguindo un oco ben destacado dentro do atletismo galego, porque,
Portomarín, ten algo que atrae a quen o visita, e xeralmente suele volver, mais
cando a organización da carreira se empeña en que cada ano todo sala ben.

Por iso, hoxe as 8, cando saiamos os nosos balcóns a aplaudir a esas persoas que están a sacrificarse para coidar de nos e da nosa saúde, demos tamén un forte aplauso a este noso pobo que sempre loitou, que, si salio de un asolagamento que aínda temos no recordo, tamén Resistiremos esta vez e sairemos de esta situación insólita que estamos a vivir.
E agora mesmo estou a pensar, que hoxe seríache moi fácil gardar aquel segredo, ode se fala
de auga, terra e vento, como dicía Manuel
María, e que quente visita, con ou sen mochila, sempre, sempre te leva no
pensamento porque ganácheste cualificativos como “ Cidade xardín” e “ Camiño de auga e soños” porque en ti, soñar
e moi doado, e xardíns tampouco che faltan.
Este valeiro que respiramos hoxe, quizás nos leve a reflexionar, a darnos conta que somos unha peza minúscula nun entramado social que, non podemos controlar, a quen unha cousa microscópica, que din que veo aló da China, e lle chaman COVI 19, fainos cerrar as fronteiras, satúranos os hospitais, e fainos acabar as existencias de mascariñas, luvas, desinfectantes, parar a produción a nivel mundial, e baleirar as estanteirías dos supermercados. Nos medios de comunicación aparecen imaxes de sanitarios e hospitais saturados e as calles valeiras coma as do noso Portomarín hoxe..............ALGO QUE, FAI UNS MESES, ESTABA MOI LONXE DE SER PENSADO.
Isto
pronto pasará, e haberá novas Festas da
Augardente, as calles valeiras deixaran de novo paso o bulicio e o habitual desfile de visitantes e
peregrinos, o peregrino da praza seguira amosando o camiño, pero no noso
recordo sempre quedará a situación que estamos a vivir
Imos pechar xa esta publicación, pero aquí, a pe de
paxina,deixarémosvos uns vídeos por si
queredes darlles unha ollada, xa que contrariamente o que estamos habituados,
en estes días de confinamento, tempo e o que nos sobra.
O primeiro e un vídeo promocional
que fixo o concello no seu día para dar a coñecer e por en valor a enorme
beleza paisaxística que temos o redor do noso pobo e podes velo aquí en este enlace
https://vimeo.com/189517373
O outro e un vídeo que fixo fai tempo a nosa asociación onde podedes ver imaxes contrapostas do mismo escenario no pobo antiguo e no novo.
O outro e un vídeo que fixo fai tempo a nosa asociación onde podedes ver imaxes contrapostas do mismo escenario no pobo antiguo e no novo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario