luns, 31 de decembro de 2012
mércores, 12 de decembro de 2012
CALDO DE OSOS
O caldo de osos e un prato típico do
concello de Taboada, que de feito lle dedica unha festa gastronómica que celebra
cada ano o domingo de carnaval, que conta con moita popularidade e afluencia de público.
As parroquias de Portomarín próximas a
este concello, tamén preparamos este
prato o día da parta do porco.
Un dos primeiros traballos a facer ese
día e o de sacar o espiñazo do porco, tamén coñecido como soa para elaborar
este exquisito prato, que sen el, o día da parta, no sería o mesmo. A súa
elaboración e moi parecida a dos callos, pero quizás un pouco menos espeso e
picante ca estes, toda a graza está nos osos, e cando se elabora en días que non e o da parta, nunca se consegue o mesmo sabor.
INGREDIENTES:
Ø
Osos
de espiñazo ou soa
Ø
Garavanzos
Ø
Patacas
Ø
cebola
Ø
allo
Ø
Pemento
doce
Ø
Pemento
picante
Ø
Un
pouco de unto para facer o refrito
Ø
Os
sexos dos porcos (opcional)
MANEIRA DE FACELO:
Poñemos unha pota con auga o lume ata que
ferva, picamos os osos de soa e botámolos a cocer un rato antes de engadir os garavanzos
que temos a remollo dende o dia anterior para que nos sexan bos de cocer.
Engadimos
unha cebola a cocción e un dente de allo enteiro, que despois sacaremos
antes de servir.
Pelamos
as patacas e picámolas en cadrados coma para o caldo normal, sempre deben
prevalecer os garavanzos sobre as patacas, e dicir, que en este caldo a maioría
da súa composición sexan garavanzos.
Limpamos
os sexos ben limpiños de sangue e
sacámoslles unha especie de pel que os envolve, picámolos un pouco e botámolos
tamén a cocer, se non nos gustan podemos suprimilos, pero danlle un sabor moi
especial a este prato.
Cando
xa estea cocido, botamos un pouco de unto en unha tixola (ou aceite de oliva)
para facer un refrito; para isto
engadimos un pouco de cebola e allo ben picadiño e cando xa esta
sofrito, engadimos unha cullerada de pemento doce e baleirámolo encima do
caldo.
Servímolo ben quentiño , e acompañámolo
con un pouco de pemento picante para
quen queira engadirllo.
A mesma receita, pódese facer con fabas
se nos gustan mais que os garavanzos, e de feito, o dia da nosa matanza,
acostumamos a facelo das dúas maneiras habendo tantos partidarios do de fabas
coma do de garavanzos.
luns, 10 de decembro de 2012
filloas de sangre
Estamos en
tempo de matanza, e aquí na nosa zona, na maioría dos fogares seguimos mantendo esa
bonita tradición, que ademais de facer os traballos propios da matanza, serve
de encontro de familiares e amigos.
Ligadas as matanzas hai unha serie de
receitas; tales como as filloas de sangre, o fígado encebolado, o caldo de osos,
a zorza............, un senfín delas dependendo de cada zoa de Galiza,
FILLOAS DE SANGRE:
INGREDIENTES:
v
Medio litro de leite
v
Medio litro de auga
v
1 vaso non moi grande de sangre de porco
v
4 ovos
v
Fariña ( a que admita)
v
Peladura de un limón
v
Un anaco de touciño
v
Un pouco aceite de oliva
v
Azúcre ou mel
MANEIRA
DE FACELAS:
En un bol batemos
ben os ovos, e engadimos o leite o que lle mesturamos a misma cantidade de auga e a
raiadura do limón, e un pelizco de sal, cando todos os ingredientes estean ben
mesturados, vamos engadindo a fariña pouco a pouco, hasta que non nos quede
ningún grumo, engadimos o sangue e mesturamos ben, deixamos repousar sobre unha
hora.
En unha taza botamos un pouco de
aceite de oliva e con un garfo pinchamos o anaco de touciño e metémolo no
aceite.
Poñemos unha tixola a quentar, e
cando xa estea quente, fregámola co anaco de touciño, con un cucharón imos
botando masa, e extendendoa de maneira que quede o mais fina posible, cando xa
se cualle, dámoslle a volta e pasámola polo outro lado, botámola nun prato e
espolvoreámolas de azúcre ou mel; repetimos
a operación hasta acabar toda a masa.
Deixamosvos tamen este enlace se queredes saber algo mais sobre as filloas
venres, 30 de novembro de 2012
domingo, 25 de novembro de 2012
A mais maravillosa das sensacións
Hoxe, navegando pola
rede, encontrei este fermoso vídeo que comparto con vos, e que titulei "A MAIS MARAVILLOSA DAS SENSACIONS",
xa que en min espertou ese emotivo momento que e o de abrazar a un
fillo por primeira vez, unha sensación que solo nos, por esa
condición
de ser mulleres, podemos vivir con esa
intensidade, solo por iso, xa
merece a pena nacer e ser muller.
xoves, 22 de novembro de 2012
O MAGOSTO
O pasado 23 de
noviembre, a nosa asociación
colaborou co concello e coa asociación
cultural Río Miño para celebrar un magosto popular (do que xa no seu dia
deixamos en este blog un programa) para que todos aqueles que estiveran
interesados en asistir puideran facelo.
Houbo que traballar moito para levar
a cabo dito evento, e dende aquí quero agradecer a colaboración a todas as
persoas que colaboraron dende o concello, e tamén as da Asociación Río Miño,
das que tamén temos o honor de contar con algunhas delas na nosa asociación, e,
que votaron horas e horas de traballo para que todo estivera a punto.
Consideramos que, o magosto foi un
éxito, xa que retiráronse mais de 260 entradas, e creemos que se garantiu a
diversión a todos os existentes, dende os mais pequenos, que cotaban con un
colchón inchable para saltar e disfrutar,
e os mais vellos,que puidemos ver a actuación que os rapaces da Asociación Río Miño fixeron para todos nos de
una maneira informal,( xa que para todos
era festa), deleitándonos cos seus bailes rexionais e co son do seu grupo de
gaitas.
Houbo queimada, café, licores, e un
equipo de musica para poder bailar hasta as altas horas da madrugada, vaia, que
para o ano que ben........................REPETIREMOS. foi unha bonita
experiencia.
Déixovos algunhas imaxes do magosto,
das que quero pedir desculpas, xa que ademais de ser unha pésima fotografa,
tampouco dispoño de unha cámara axeitada para captar imaxes de noite e as veces
en movemento, e quero agradecerlle a Aurelio a súa amabilidade o cederme as que
el fixo.
domingo, 18 de novembro de 2012
venres, 2 de novembro de 2012
o noso paso pola ruta de sendeirismo do Rio Loio
Tamén vos deixamos este enlace por si queredes saber algo mais.
luns, 24 de setembro de 2012
O XARAMAGO ( remedios naturais)
Como todas
nos sabemos, o xaramago e unha herba das
que nos consideramos malas, que as veces invaden os nosos campos.
Herba silvestre de ata metro e medio, de flores
brancas ou amarelas, que é nociva para o gando. Para que saibades algo mais de
esta herba, que da nome a nosa asociación, e das súas propiedades medicinais déixovos este enlace
martes, 28 de agosto de 2012
O NOSO ADEUS A RUTH E XOSE
Como nais que somos, vivimos con indignación a desaparición
dos nenos Ruht e xosé,
e dende aquí queremos renderlles o noso pequeno homenaxe, e pedir a quen
corresponda que se faga xustícia e se lle de o seu merecido a persoa
que foi capaz de cometer tal barbarie.
Sumámonos tamén a dor da súa familia,
aínda que sabemos que non haberá nada que poda mitigar a dor de esa nai, dende
aquí mandámosche un abrazo RUTH ORTIZ e
o nosas mais sentidas condolencias.
venres, 10 de agosto de 2012
Son de aldea
Unha bonita
iniciativa da aldea de Albá no concello de Palas de Rei, que compartimos con vos a través de este enlace, animádevos e as que queirades imos aló.
son de aldea
ROSQUILLAS DE ANÍS
Ingredientes:
1 kg de
fariña
4 ovos
1/2 vasos de aceite
1 vaso de auga
1 vaso de leite
1 vaso de leite
½ vaso de anís ou esencia de anis
Azucre
Lavadura en po ou un sobre de levadora de panadería
Maneira de facelas:
Mesturamos ben a
fariña coa levadora, batemos os ovos, e engadímoslles o leite a auga, o aceite
e o anís, poñémolo a quentar o lume tendo coidado que non nos queza moito para
que non se tralle o ovo.
Con esta mestura
amasamos a fariña hasta conseguir unha masa ben traballada que non se nos pegue
as mans
Cubrimos a masa con un
pano e deixámola repousar nun sitio a poder ser quentiño para que levede. O
tempo de levedado depende a levadora que utilicemos, se e tipo roial levaralle
mais tempo que si e levadora de panadería. Podemos comprobar que está cando
estea o suficientemente esponxosa coma para dobrar o seu volume.
Cando estea léveda a
masa, procedemos a modelar as rosquillas deixándoas un anaquiño para que de
novo levede a rosquilla feita.
Poñemos a quentar
abundante aceite en unha tixola a fogo non moi forte, cando este quente
fritimos as rosquillas a fogo non moi forte para que non se nos queimen e mais
para deixarlles tempo a que se nos pasen ben por dentro e así saian mais
esponxosas.
Despois de fritilas,
procedemos a facerlles o almíbar, botando en unha tixola sobre ½ kg de azucre o que lle engadimos ½ vaso de auga.
Deixamos cocer hasta conseguir que este a punto de ebra.
Pasamos a roscas unha
a unha por el para que nos queden ben impregnadas, cando o almíbar se enfríe
estarán listas para servir.
Nota: as cantidades
son orientativas, podemos varialas a gusto. Se non e suficiente cantidade para
amasar ben a fariña podemos engadir leite ou auga.
CENA DO REMATE DE MANUALIDADES
Hoxe vou compartir con vos a imaxes da nosa cea de despedida de manualidades, que xa celebramos a primeiros de xulio.
A primeiros de septiembre volveremos a empezar outro novo curso, se queres apuntarte podes facelo falando algunha das da directiva.
A primeiros de septiembre volveremos a empezar outro novo curso, se queres apuntarte podes facelo falando algunha das da directiva.
luns, 6 de agosto de 2012
Tarta de doce de leite
TARTA DE DOCE DE LEITE
INGREDIENTES:
PARA O DULCE DE
LEITE
¾ litros de leite
300 gr de leite condensa
250 gr de azucre
10 ovos grandes
PARA O
BIZCOITO:300 gr de leite condensa
250 gr de azucre
10 ovos grandes
4 ovos
4 culleradas de fariña
4 culleradas de azucar
½ sobre de levadura en po
4 culleradas de fariña
4 culleradas de azucar
½ sobre de levadura en po
MANEIRA DE
FACELO:
1.-Bátense os ovos co
azucre, e engádeselles a leite condensada. Continúase batendo e agregase a
leite morna2.-Mezclase todo ben e vertémolo nun molde ben caramelizado que nos sirva para cocer o baño maría.
3.-Deixamos a mestura anterior e pasamos a facer o bizcoito, para elo separamos a claras das xemas
4.- Mesturamos as xemas co azucre e a levadura e batémolas hasta que queden cremosas.
5.-Batemos as claras a punto de neve
6.- engadímoslles as xemas e seguimos batendo un pouco hasta que estea ben esponxo
7.-Engadimos a fariña, incorporándoa con movementos en envolventes e cando estea ben mesturada valeirámolo encima da mestura que prepararamos anteriormente.
8.-Xa podemos ter fervendo a auga para introducir o a tarta, deixámola cocer no lume hasta que empece a ferver a auga, cando rompa a ferver metémola no forno a 180 º comprobamos que esta cocida cando o espetala con unha agulla esta nos saia limpa
martes, 3 de xullo de 2012
A nosa visita a Panxón
Do pasado dia 14 o 17 de xunio algunhas da nosa asociación fomos pasar uns días
de descanso a Residencia do Tempo Libre de Panxon, no concello de Nigran.
Esta
Residencia está situada en un enclave perfecto para o descanso, xa que se encontra a tan so 50 m
da praia de Patos.
Inda
que bo tempo non nos acompañou eses días, e solo puidemos ir a praia un dia, si
visitamos pobos dos arredores como Nigrán, Baiona e Vigo, da nosa estancia alí e
deoxovos este vídeo para que o ano que ben vos animedes a vir algunhas
mais
luns, 18 de xuño de 2012
PORTOMARIN...................vellos recordos
Vídeo emitido no programa " Desde Galicia para el Mundo"
luns, 11 de xuño de 2012
Os traballos da Asociacción a Carballeira do Páramo
A asociacción de mulleres a Carballeira do Páramo, como ben facendo en
estes últimos anos celebrou a sua exposcicion de manualidades estos dias 8, 9 e
10 de xunio, coincidindo coa feira de primaveira do concello.
Nos tamén estivemos alí visitándoas e
de paso fixemos unhas fotos para compartir con vos, e para que así podades
comprobar que maravillosos taballos fan tras estos 9 anos de andaina que levan
elas de asociación e de clases de traballos manuais
venres, 8 de xuño de 2012
Mais traballos nosos
Levamos desde o mes de novembro, tres grupos, duas horas a semanan cada un, traballando con motísima ilusión, para nos, ademais de facer cousas para decorar os nosos fogares, estas duas horas son un punto de encontro e de relaxación, por iso, invítovos a que vos unades a nos para o próximo curso, xa que este está a piques de rematar, porque non verán decidimos suspendelo durante os meses de xulio e agosto, para comezar de novo na primeira semana de septembro.
Dende aquí queremos tamén
darlle as grazas a nosa profe “OLGA” escribo con maiúsculas porque fixémola
traballar moitísimo, xa que, salvo unha ou dúas, que xa recibiran clases con
anterioridade, a maioría de nos partíamos de cero, pero co seu sacrificio e dedicación
conseguimos facer estes traballos tan variados e fermosos.
Decirvos tamén, a aquelas que
nos visitedes e teñades en mente de facer unha asociación, que vos animedes a
levar o proxecto adiante, ainda que o primeiro custa un pouco, logo os
resultados conseguidos merecen a pena.
Como homenaxe a nosa profe, vou
a subir unha foto sua, e deixarvos o seu teléfono por si estades animadas a facer traballos coma os
nosos, ou facer calquera tipo de restauración, xa que ela tamén restaura calquera tipo de obxetos, mobles, retablos, cuadros, etc.
OLGA: 619
301 470
Se queredes contactar coa nosa asociacion ou deixar calquera tipo de xuxerencia, imaxe.......etc o nos enderezo de correo e o seguinte, intentaremos publicar todo o que nos fagades chegar tanto de outras asociacións como de particulares.
xaramago@hotmail.com
mércores, 6 de xuño de 2012
III EDICCION DE ARTISTAS E ARTESÁNS DA COMARCA DE SARRIA NO CAMIÑO
Déixovos unas imaxes da exposición "III
edición de artistas e Artesáns da Comarca De Sarria no Camiño" que está a
celebrarse dende o día 2 ata o 20 de xunio no Local Municipal da Rua Benigno
Quiroga en Portomarín. A exposición estará aberta en horario de 4 a 8 da tarde.
Hai expostos traballos de varios
artistas, que traballan distintas modalidades artísticas, cestería, bolillos, cantería
, pintura e outras técnicas novedosas que creo que merece a pena ver.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)