O caldo de osos e un prato típico do
concello de Taboada, que de feito lle dedica unha festa gastronómica que celebra
cada ano o domingo de carnaval, que conta con moita popularidade e afluencia de público.
As parroquias de Portomarín próximas a
este concello, tamén preparamos este
prato o día da parta do porco.
Un dos primeiros traballos a facer ese
día e o de sacar o espiñazo do porco, tamén coñecido como soa para elaborar
este exquisito prato, que sen el, o día da parta, no sería o mesmo. A súa
elaboración e moi parecida a dos callos, pero quizás un pouco menos espeso e
picante ca estes, toda a graza está nos osos, e cando se elabora en días que non e o da parta, nunca se consegue o mesmo sabor.
INGREDIENTES:
Ø
Osos
de espiñazo ou soa
Ø
Garavanzos
Ø
Patacas
Ø
cebola
Ø
allo
Ø
Pemento
doce
Ø
Pemento
picante
Ø
Un
pouco de unto para facer o refrito
Ø
Os
sexos dos porcos (opcional)
MANEIRA DE FACELO:
Poñemos unha pota con auga o lume ata que
ferva, picamos os osos de soa e botámolos a cocer un rato antes de engadir os garavanzos
que temos a remollo dende o dia anterior para que nos sexan bos de cocer.
Engadimos
unha cebola a cocción e un dente de allo enteiro, que despois sacaremos
antes de servir.
Pelamos
as patacas e picámolas en cadrados coma para o caldo normal, sempre deben
prevalecer os garavanzos sobre as patacas, e dicir, que en este caldo a maioría
da súa composición sexan garavanzos.
Limpamos
os sexos ben limpiños de sangue e
sacámoslles unha especie de pel que os envolve, picámolos un pouco e botámolos
tamén a cocer, se non nos gustan podemos suprimilos, pero danlle un sabor moi
especial a este prato.
Cando
xa estea cocido, botamos un pouco de unto en unha tixola (ou aceite de oliva)
para facer un refrito; para isto
engadimos un pouco de cebola e allo ben picadiño e cando xa esta
sofrito, engadimos unha cullerada de pemento doce e baleirámolo encima do
caldo.
Servímolo ben quentiño , e acompañámolo
con un pouco de pemento picante para
quen queira engadirllo.
A mesma receita, pódese facer con fabas
se nos gustan mais que os garavanzos, e de feito, o dia da nosa matanza,
acostumamos a facelo das dúas maneiras habendo tantos partidarios do de fabas
coma do de garavanzos.
No sé,pero no creo que me gustase.Prefiero un buen caldo gallego.Bicos Xoan
ResponderEliminarBicos Xoan, casi podo garatirche que si che gustan as potaxe che gustara, animate, e ben a festa gastronomica que se fai de éste riquísimo prato cada domingo de carnaval en Taboada, ou o que e mais sinxello, colle a receita, e animate a facelo. Saudos e gracias por seguirnos e por comentar
Eliminarque bien comeis en portomarin y por supuesto lo mas natural del mundo tiene buena muy buena pinta como todo lo gallego un saludo
ResponderEliminarsi ten boa pinta, e un riquisimo sabor e claro que e un prato moi moi natutal, con igredientes moi sinxelos e fáciles de conseguir. Un saudo para ti
ResponderEliminaresta riquisimo encantanme os pratos tradicionais tedes que subir mais receitas saudos. Ana
ResponderEliminarAlégranos que che gustara o caldo, e que te animaras a facelo. Intentaremos subir mais receitas, claro que si, todas elas feitas por nos, ainda que non somos profesionais da cociña intentaremos compartir con vos todas as nosas experiencias como mulleres traballadoras e o mesmo tempo amas de casa que nos gusta conservar a tradiccion do rural, Gracias Ana, un saudo e felices festas
ResponderEliminarUn saúdo a asociación, e parabéns polo traballo feito, así como por toda a información do concello, receitas, etc. A bon seguro que formará parte da inquedanza de moitas persoas por visitalo e coñecelo mellor.
ResponderEliminarPepe, de Santiago
Gracias Pepe polos teus parabense, por visitar o noso blog, que facemos con todo o cariño para que sexa do agrado dos nosos visitantes. Non somos expertas cociñeiras, solo sinxelas amas de casa, que nos gusta conserva o tradiccional, que, moitas veces, en este tempo de presas, vemos que está a piques de desaparecer
Eliminar