¿Por qué unha Horta Ecolóxica?
O cultivo da horta ecolóxica mais que un
hobby e unha maneira distinta de entender a vida.
Dispoñer de unha horta, e tratar
de producir en ela de unha maneira ecolóxica, e unha maneira distinta de
entender a vida, conectar coa natureza e amoedarse a os ritmos da vida natural,
deixando a un lado o estres o que estamos sometidos na nosa vida diaria.
Na agricultura convencional
utilízase todo tipo de pesticidas e insecticidas, e a calidade do produto pasa a un segundo
plano, afortunadamente, cada vez son mais as persoas que optan por coidar as súas
hortas e tentando de conseguir unha horta de autoconsumo san e respetuosa co
medio ambiente.
A maioría de nos, dende nenas, vimos como os nosos pais xa cultivaban a horta para autoconsumo, e seguimos cultivando esas pequenas parcelas con gran cariño e procurando ser respetuosos co medio ambiente.
A maioría de nos, dende nenas, vimos como os nosos pais xa cultivaban a horta para autoconsumo, e seguimos cultivando esas pequenas parcelas con gran cariño e procurando ser respetuosos co medio ambiente.
Algúns dos beneficios que nos aporta o cultivo da horta son:
- Disfrutar de un pequeno espazo que te Alexe da rutina de cada día.
- Conservar os lazos tradicionais que sempre uniron a xente do campo a súa pequena parcela de horta.
- Aumentar os coñecementos; esta e unha afición que te educa minuto a minuto, posto que a natureza e cambiante e esta ligada a moitos factores, e polo mesmo os froitos da nosa horta tamén serán variables, e as posibilidades de aprender de eles moi amplas.
- Un espazo de relaxación onde a vida e tranquila e sen presas, cada instante que se pasa na horta observando e coidando reporta un alto grado de relaxación, diminuíndo o estres acumulado durante o día.
- A horta obséquianos co pracer e a seguridade de desgustar alimento cultivados por nos mimos, que sabemos libres de pesticídas, fertilizantes e demais productos prexudiciais para a saúde.
- Cultivar a nosa horta e unha maneira saudable de exercitarnos física e mentalmente.
- Poder facer
partícipe os nenos da casa de as marabillas de sementar, ver xerminar e coidar
o que da terra emerxe froito do noso traballo.
Por todo
isto que fomos enumerando invitámosvos a que
se converta en unha realidade , e se no dispoñedes de unha horta vos
poñades mans a obra
Agora estamos en ese momento no que
empezamos a sementar cousas nas nosas hortas que iremos compartindo con vos en
esta pequena parcela do noso blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario