de todo un pouco

luns, 31 de marzo de 2014

calendario BIO-DINÁMICO

       
ENLACE A CALENDARIO BIO-DINÁMICO


Hoja           Raíz              Fruta              Flor


           A agricultura biolóxico-dinámica, ten como obxetivo revitalizar a terra, os cultivos, os animais e o ser humano producindo alimentos de moi boa calidades. As súas practicas agrícolas tenden a aumentar a fertilidade da terra de cultivo, estimulando a vida do solo e os procesos que contribúen a formación do humus. Para elo empréganse técnicas de labranza que minimizan os efectos negativos sobre a estrutura do solo, incluíndo nos cultivos o compoñente animal. 
          A súa visión non queda limitada o que ocorre na terra de cultivo, senón que está pendente de diferentes fenómenos astronómicos acontecidos durante o mes e o ano; fases da lúa, o sol, os planetas, e as súas distintas posicións respecto as estrelas do zodíaco que inflúen nos ritmos da natureza, e en particular sobre o reino vexetal. Por elo os agricultores biodinámicos, utilizan para ordenar as súas tarefas, un calendario Astronómico-Agrícola, tratando que os cultivos entren en concordancia a e sintonía tanto cos ritmos terrestres coma cos cósmicos. De esta maneira, cada compoñente (o home,os animais,os vexetais,o solo,o compas, o clima, a paisaxe, etc.) intéranse armoniosamente entre eles, e logran un equilibrio natural e duradeiro do todo. Así, coa lúa crecente (dende a lúa nova hasta a lúa chea), nas 48 horas antes da lúa chea hai un acrecentamento das forzas de crecemento das plantas, aumento da división celular. A sementeira en este momento favorece a rápida xerminación das sementes, pero poderían ser demasiado tenras e susceptibles o ataque de fungos ou insectos. Segando en este período favorecemos un rápido rebrote do pasto o igual que si estivéramos sacando brotes ou podando.
          Nos días de lúa descendente que abarcan mais ou menos dúas semanas cada mes, os xugos das plantas están sendo impulsados mais fortemente as raíces ou órganos subterráneos, sendo os días mais aptos para os traballos de trasplante, poda, abonado, roturación do solo, e para o trasplante de esquexes. A colleita de bulbos, raíces, tubérculos durante estes días favorecerá o seu almacenamento e conservación.
          En cambio os días de lúa ascendente son mais favorables para os traballos de corte de flores, xa que se manterán mais frescas por mais tempo, colleitas de follas, tallos, froitos cortes de malezas, realización de enxertos e podas desvigorizantes. As sementeiras pódense facer tanto con lúa ascendente coma con lúa descendente, podemos ver a lúa ascendente como unha cualidade similar as forzas outonais e ascendente das primaverais. 
          Así debemos ter en conta que os:
           DIAS DE RAIZ, ( que no calendario están representados por unha zanahoria) conveñen para plantar cebolas, remolacha, rabaniños, rábanos, patacas e tamén para plantar árbores en xeral, xa que favorece o enraizamento.
          DÍAS DE FOLLAS /TALLO (que no calendario se representan con unha leituga) convén plantar acelga, espinaca, leituga, todo tipo de coles (excepto o brócoli que vai mellor en época de flor), e cortes de pastos. 
          DÍAS DE FLOR ( que no calendario ven representado por unha flor) so bos para flores en xeral, brócoli, e plantas medicinais das cales se utilice a flor.
           DÍAS DE FRUTO/ SEMENTE. (que no calendario se representan con unha fresa) Son bos para tomates, sandía, melón, pepino, berenxena, millo, todos os cereais, froitas finas, para todos as árbores frutais e a vide, tamén son bos eses días para o produción de sementes en xeral. .

          Quizas tamén che interesen estos enlaces:

          Mi huerto sinergico



          Manual del cultivo biointensivo de alimentos . Enlace moi interesante que  nos enseña desdea preparar un compost hasta  a facer preparados para sulfatar distintas pragas


Ningún comentario:

Publicar un comentario