de todo un pouco

venres, 11 de maio de 2012

Flamenquiños de pan de molde


                                                   


               Hoxe vou a darvos unha  receita fácil e moi sinxela de facer, non se tarda mais de cinco minutos en preparala e xeralmente fai as delicias dos mais novos da casa. Son uns flamenquiños de pan de molde que están moi bos
                      Ingredientes para 2 persoas:
Ø  4 rebadas de pan de molde
Ø  4 lonxas  de xamón York das cadradas
Ø  4 lonxas de queixo tipo  sándwich
Ø  1ovo
Ø  Pan raiado
Ø  Aceite para fritir
                    Maneira de facelos:

               En canto se vai quentando  o caceite na tixola, collemos as rebadas de pan de molde e aplastámolas un pouco con un rodillo para que queden mais finas. Despois colocamos unha lonxa de xamón e outra de queixo encima de cada rebada. Enrolamos dándolle forma de un flamenquiño e imos somerxido no ovo batido. Pasámolos por pan raiado e fritímolos en aceite ben quente hasta que queden dourados e xa están listos para comer.
               E importante que non se abran pero para evitar isto podemos cravalos con un palillo para fritilos.

3 comentarios:

  1. teñen unha pinta deliciosa seguro que saben de marabilla. Teño que facelos un dia saudos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Anímate a facelos, e unha receita facil que ten moito éxito sobre todo entre os mais novos da casa. un saludo

      Eliminar