
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real
Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se
declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como
data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual
galega".
Manuel Gómez Roman, Xesús Ferro Couselo e
Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar
aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de
Castro, e que este libro de Rosalía foi a primeira obra mestra comtemporánea coa a que conta a
literatura galega, e tamén a que lle deu
prestixio universal a nosa fala como instrumento de creación literaria.
Propúxose o dia 17 de maio, porque se
descoñecía a data de publicación do
libro, pero si se sabía que fora este
dia cando Rosalía de Castro llo dedicou á tamén poeta Fernán Caballero
Este ano o día das letras galegas estará
dedicado o Paz Andrade, xa que así o acordou, como cada ano o plenario da Real
Academia Galega.
VALENTIN PAZ ANDRADE
Nos inicios da súa traxectoria profesional,
foi director do xornal galeguista Galicia (1922-1926) en este último ano foi
pechado por pola dictadura do xeral Primo de Rivera, no que tamén
colaboraron persoas da talla de Castelao, Risco, Maside y Villar Ponte.
No 1924
foi condeado a un mes de cárcere por un dos seus artigos e en 1931 foi candidato a Diputado por
Pontevedra nas Cortes Constituintes.
En 1942 empezou a dirixir a revista
Industrias Pesqueiras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego.
En 1964 foi nombrado membro ra Real
Academia Galega co discurso A Galeguidade
na obra de Guimares Rosa.
Despois da morte de Franco, formou parte
da “Comisión dos 10” da oposición
democrática (con Cañellas, Felipe
González, Tierno Galván, etc).
En 1977 foi escollido senador por
Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.

Obra:
escribiu ensaios literarios, históricos e económicos
nos que reflexou a súa preocupación por Galiza. Tamén escribiu varias obras
como técnico especializado en temas pesqueiros.
Como poeta formou
parte da xeración de 1925 e na maior parte da súa obra evidénciase unha
motivación patriótica, como se observa en Soldado da
morte (1921), Pranto matricial
(1954), no que evoca a morte de Castelao, Sementeira do vento (1968), no
que canta a paisaxe e a xente galega, o esilio e o amor ausente; Cen chaves de sombra (1979) y Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo
Colaborou en O Ensino, Grial e Outeiro con artículos sobre literatura,
especialmente arededor da figura de
Castelao; y en Industrias Conserveras, El País e La Vanguardia con artículos económicos e políticos.
Ensayo literario, histórico
e económico
- Galicia como Tarea (1959).
- La anunciación de Valle-Inclán (1967).
- La marginacíón de Galicia (1970).
- A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978).
- Castelao na luz e na sombra (Edicións do Castro,
1982).
- Galiza lavra a sua imagem (1985).
Sobre temas pesqueros
- Los puertos nacionales de pesca. Aportación de
Vigo al estudio del problema (1928).
- Producción y fluctuación de las pesquerías (1954).
- Sistema económico de la pesca en Galicia (1958).
- Los derechos sobre el espacio marítimo (1960).
- El capital como factor del desarrollo de
Galicia (1970).
- El concepto de zona económica en el nuevo
derecho del mar (1974)
Poesía
- Pranto matricial (1954).
- Sementeira do vento (1968).
- Cen chaves de sombra (1979).
- Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).
Narrativa
- Soldado da morte (1921), inédita.
Premios e
distincións
Foi membro da Real Academia Gallega (1964) e da Academia Gallega de las Ciencias (1985), e foi galardoado co Pedrón de Ouro (1975), ca Medalla de la Ciudad de Pontevedra (1979), ca Medalla Castelao (1984), ca Medalla de Oro de la Ciudad de Vigo (1986) e co Premio
Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986).
Escollido o sábado 4 de xunio del 2011 para ser homenaxeado
o Día das Letras Galegas do ano 2012.
.... ect.
ResponderEliminar..................
ResponderEliminar