Hoxe vou a darvos unha receita fácil e moi sinxela de facer, non se
tarda mais de cinco minutos en preparala e xeralmente fai as delicias dos mais
novos da casa. Son uns flamenquiños de pan de molde que están moi bos
Ingredientes para 2 persoas:
Ø 4 rebadas de pan de molde
Ø 4 lonxas
de xamón York das cadradas
Ø 4 lonxas de queixo tipo sándwich
Ø 1ovo
Ø Pan raiado
Ø Aceite para fritir
Maneira de facelos:
En
canto se vai quentando o caceite na
tixola, collemos as rebadas de pan de molde e aplastámolas un pouco con un
rodillo para que queden mais finas. Despois colocamos unha lonxa de xamón e outra
de queixo encima de cada rebada. Enrolamos dándolle forma de un flamenquiño e
imos somerxido no ovo batido. Pasámolos por pan raiado e fritímolos en aceite
ben quente hasta que queden dourados e xa están listos para comer.
E importante que non se abran
pero para evitar isto podemos cravalos con un palillo para fritilos.
...
ResponderEliminarteñen unha pinta deliciosa seguro que saben de marabilla. Teño que facelos un dia saudos
ResponderEliminarAnímate a facelos, e unha receita facil que ten moito éxito sobre todo entre os mais novos da casa. un saludo
Eliminar