domingo, 27 de maio de 2012
xoves, 17 de maio de 2012
Día das Letras Galegas

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real
Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se
declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letras Galegas" como
data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual
galega".
Manuel Gómez Roman, Xesús Ferro Couselo e
Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar
aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de
Castro, e que este libro de Rosalía foi a primeira obra mestra comtemporánea coa a que conta a
literatura galega, e tamén a que lle deu
prestixio universal a nosa fala como instrumento de creación literaria.
Propúxose o dia 17 de maio, porque se
descoñecía a data de publicación do
libro, pero si se sabía que fora este
dia cando Rosalía de Castro llo dedicou á tamén poeta Fernán Caballero
Este ano o día das letras galegas estará
dedicado o Paz Andrade, xa que así o acordou, como cada ano o plenario da Real
Academia Galega.
VALENTIN PAZ ANDRADE
Nos inicios da súa traxectoria profesional,
foi director do xornal galeguista Galicia (1922-1926) en este último ano foi
pechado por pola dictadura do xeral Primo de Rivera, no que tamén
colaboraron persoas da talla de Castelao, Risco, Maside y Villar Ponte.
No 1924
foi condeado a un mes de cárcere por un dos seus artigos e en 1931 foi candidato a Diputado por
Pontevedra nas Cortes Constituintes.
En 1942 empezou a dirixir a revista
Industrias Pesqueiras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego.
En 1964 foi nombrado membro ra Real
Academia Galega co discurso A Galeguidade
na obra de Guimares Rosa.
Despois da morte de Franco, formou parte
da “Comisión dos 10” da oposición
democrática (con Cañellas, Felipe
González, Tierno Galván, etc).
En 1977 foi escollido senador por
Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.

Obra:
escribiu ensaios literarios, históricos e económicos
nos que reflexou a súa preocupación por Galiza. Tamén escribiu varias obras
como técnico especializado en temas pesqueiros.
Como poeta formou
parte da xeración de 1925 e na maior parte da súa obra evidénciase unha
motivación patriótica, como se observa en Soldado da
morte (1921), Pranto matricial
(1954), no que evoca a morte de Castelao, Sementeira do vento (1968), no
que canta a paisaxe e a xente galega, o esilio e o amor ausente; Cen chaves de sombra (1979) y Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo
Colaborou en O Ensino, Grial e Outeiro con artículos sobre literatura,
especialmente arededor da figura de
Castelao; y en Industrias Conserveras, El País e La Vanguardia con artículos económicos e políticos.
Ensayo literario, histórico
e económico
- Galicia como Tarea (1959).
- La anunciación de Valle-Inclán (1967).
- La marginacíón de Galicia (1970).
- A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978).
- Castelao na luz e na sombra (Edicións do Castro,
1982).
- Galiza lavra a sua imagem (1985).
Sobre temas pesqueros
- Los puertos nacionales de pesca. Aportación de
Vigo al estudio del problema (1928).
- Producción y fluctuación de las pesquerías (1954).
- Sistema económico de la pesca en Galicia (1958).
- Los derechos sobre el espacio marítimo (1960).
- El capital como factor del desarrollo de
Galicia (1970).
- El concepto de zona económica en el nuevo
derecho del mar (1974)
Poesía
- Pranto matricial (1954).
- Sementeira do vento (1968).
- Cen chaves de sombra (1979).
- Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).
Narrativa
- Soldado da morte (1921), inédita.
Premios e
distincións
Foi membro da Real Academia Gallega (1964) e da Academia Gallega de las Ciencias (1985), e foi galardoado co Pedrón de Ouro (1975), ca Medalla de la Ciudad de Pontevedra (1979), ca Medalla Castelao (1984), ca Medalla de Oro de la Ciudad de Vigo (1986) e co Premio
Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986).
Escollido o sábado 4 de xunio del 2011 para ser homenaxeado
o Día das Letras Galegas do ano 2012.
venres, 11 de maio de 2012
Flamenquiños de pan de molde
Hoxe vou a darvos unha receita fácil e moi sinxela de facer, non se
tarda mais de cinco minutos en preparala e xeralmente fai as delicias dos mais
novos da casa. Son uns flamenquiños de pan de molde que están moi bos
Ingredientes para 2 persoas:
Ø 4 rebadas de pan de molde
Ø 4 lonxas
de xamón York das cadradas
Ø 4 lonxas de queixo tipo sándwich
Ø 1ovo
Ø Pan raiado
Ø Aceite para fritir
Maneira de facelos:
En
canto se vai quentando o caceite na
tixola, collemos as rebadas de pan de molde e aplastámolas un pouco con un
rodillo para que queden mais finas. Despois colocamos unha lonxa de xamón e outra
de queixo encima de cada rebada. Enrolamos dándolle forma de un flamenquiño e
imos somerxido no ovo batido. Pasámolos por pan raiado e fritímolos en aceite
ben quente hasta que queden dourados e xa están listos para comer.
E importante que non se abran
pero para evitar isto podemos cravalos con un palillo para fritilos.
sábado, 5 de maio de 2012
mércores, 2 de maio de 2012
A NOSA OMENAXE A TODAS AS NOSAS NAIS
O amor de unha nai non ten
límite, por esa razón as frases que podemos decir nunca sobran, e tampouco
sobran os motivos e os eventos.
Escoitamos en moitas
ocasións, en reunións familiares e películas ou en libros varios repertorios de
frases; algunhas suliñan a capacidade da nai para realizar moitas e diversas actividades a o mesmo tempo, pois
solo elas poden atender o teléfono, cociñar un spagheti, e revisar as tarefas
do neno con unha fluidez que un home non podería igualar.
Outras frases sinalan a súa
condición de amiga que nunca nos abandonará aínda cando os amigos nos abandonen
e a sorte non estea do noso lado.
Tamén
se escoitan frases que a colocan como a mellor mestra que se pode ter porque as
súas palabras ademais de sabeduría tamén están cheas de amor.
A dulzura da nai permite que
se pronuncien frases que a comparan con unha flor, incluso hai frase , mui
pronunciadas por grandes persoaxes da historia, da literatura e das artes, que
reconocen que os séus logros na vida persoal e profesional son grazas a presenza da súa
nai.
Outras frases comparan a nai con un
anxel que sempre está protexendo os seus fillos, unha presenza omnipotente,
forte a cariñosa.
Cada país ten as súas formas propias
de alagar a súa nai, ai paises nos que os fillos teñen palabras moi cariñosas,
en outros as frases son escasas, mais non as accións para demostrar o amor a súas
nais.
Algunhas persoas
tamén o demostran con cancións coma estas, xa
que o longo da historia tampouco faltaron cancións para ensalzar e
omenaxear o amor de unha nai
“Calquera nai
podería facer o traballo de varios controladores aéreos con facilidade” Lisa Alther (1944-
). Novelista estadounidense.
“Se ainda tes a tua
nai es unha persoa afortunada, vive con esa dicha que só ese bello ser pode
inspirar” Abel Pérez Rojas (1970-). Educador mexicano.
“A miña nai foi a
miña mellor mestra. Ensinoume a ter
compaixón, a amar e a non ter medo. Se o amor e doce coma unha flor, a miña nai
e esa doce flor de amor” Stevie Wonder (1950 - ). Artista estadounidense.
“Todo o que son llo debo a miña nai. Atribúiolle todos os meus éxitos nesta vida a
formación moral, intelectual e física que recibín dela. George Washington
(1732 – 1799). Primer presidente de los Estados Unidos.
“ Non hai influencia tan forte coma a de unha nai” Sarah Josepha Hale
(1788 – 1879). Escritora Norteamericana .
“Diante de unha muller nunca esquzas a tua nai” Constancio C. Vigil
(1876 – 1954) Escritor uruguayo .
“Eu alabo a o eterno Pai, non porque as fixo bellas, senon
porque a todas elas lles deo corazón de
nai”. José Hernández (1834-1886), poeta arxentino.
Xamais na vida
encontrarei tenrura mellor, mais profunda, mais desinteresada nin verdadeira
que a da vosa nai” José Hernández (1834-1886), poeta argentino.
“A xuventude desvanecese, o amor merma, as follas da amizade
sécanse; pero a esperanza secreta de unha nai sobrevive a todo." Oliver Wendell
Holmes.
“Tan so hai unha cousa en este mundo que
sexa tan fermosa e mellor que a muller: a nai. Leopold Schaeffer
(1784-1862), poeta alemán.
“Nais, nas vosas mans tedes
a salvación de o mungo” León Tolstoi (1828 – 1910. Escritor ruso.
“Todo o que son e espero ser, llo debo a miña nai, xamais
poderá ser pobre o home cuia nai sexa unha muller de fe.” Abraham Lincoln.
“De todos os dereitos das mulleres, o mais grande e o de ser
nai.” Lin Yutang (1895 – 1976). Escritor chino-americano.
“ A maternidade e mais forte cas leis naturais” Bárbara Kingsolver.
“O corazón de unha nai e un abismo profundo onde no fondo sempre
encontrarás perdón” Honoré de Balzac (1799-1850), novelista francés.
“A maternidade e a mais importante das profesións. Esixe mais
coñecementos que calquera outro asunto relacionado co home” Elizabeth Cady
Stanton (1815-1902), activista estadounidense.
“A nai e a nosa providencia sobre a terra nos primeiros anos
de vida, o noso apoio mais firme nos anos seguintes a nenez, a nosa amigo amiga
mais tenra e leal nos anos borrascosas da xuventude” Severo Catalina
(1832-1871), político y escritor español.
“Ensíname o rostro a túa nai, e direiche quen es.”
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)