de todo un pouco

martes, 6 de setembro de 2016

GASTRÓPODOS EN PORTOMARÍN


Portomarín, como todos ben sabemos, foi  nomeado eses días atrás concello de interese turístico pola Xunta de Galicia, un mérito que para conseguilo hai que reunir unha serie de características, e que, Portomarín inda sendo un pobo con pouco mais de 1600 habitantes, deu a talla, xa que, de todos e coñecido, o seu valor tanto paisaxístico como arquitectónico, e sumado a  isto, ten un valor engadido que lle temos que sumar, que e a afluencia de turistas e peregrinos que chegan a vila atraidos  polo camiño francés.

Ten tamén unha gastronomía propia da zona, dende fai moitos moitos anos, as xentes de Portomarín, eran expertos pescadores de anguía, para o que utilizaban os famosos caneiros,  construcións ancestrais que se facían   para a pesca da anguía con aparellos completamente tradicionais durante as crecidas do Rio Miño, e que, a Asociación  O Carrual de Portomarín esta tratando de recuperar restaurando caneiros e tratando de recuperar todo os materiais destinados a pesca da anguía dende fai moitos anos atrás.

Esta forma de pesca, faise en vivo, xa que a anguía e conducida a través de estas construcións, ata as redes onde quedan atrapadas vivas e así son sacadas o exterior.

Por iso aquí en Portomarín, son moi típicos os pratos preparados con anguía cociñados de moi diversas maneiras, fritidas, guisadas, en empanada ou incluso en un delicioso guiso de anguia entre outras moitas receitas das  que  son posuidores os habitantes do noso municipio.

Istes feitos, (declaración de concello de interese turístico, a anguía como prato exquisito  moi típico da zona) unido a outros produtos que tamén teñen un moi  recoñecido renombre como son  a tarta de santiago elaborada en Portomarín e  a súa famosa augardente, foron quizás o que fixo que a TVG  se fixase en nos para grabar un dos seus programas culinarios ...GASTROPODOS, rodado integramente na vila de Portomarín.

Este programa foi emitido este domingo día 4 de setembro, día das festas patronais en honrra a Sto Cristo, festas tamén de moita sona en toda a comarca con importantes actuacións que atraen a moitos turistas estos días pola variedade de expectáculos  e actividades que a comisión de festas programa e organiza ;  e que debido a este feito,  moitos veciños, o encontrarse en celebraciónos familiares, non puderon ver a telvisión cando o programa foi emitido, polo que, intentamos compartir o enlace dende este blog  para todos vos
 ENLACE A   GASTROPODOS



1 comentario:

  1. Soy un ingeniero que ha inventado una escalera de peces que puede emplearse para conseguir el remonte y descenso de los peces, anguilas y lampreas, con la producción de energía eléctrica. Los interesados se dirijan a mi correo mposada@mposada.com

    ResponderEliminar