Este
video fíxeno especialmente pensando en
tres persoas que este día non nos puideron acompañar por estar pasando uns momentos delicados nas súas
vidas, refírome a Josefa , Fidelina e Celsa, votámosvos de menos.....Moito
ánimo de todas nos
Estos días a tras, xuntamonos de novo
para facer unha nova excursión que, vou intentar narrar aquí aportando
algunhas fotos das que durante todo o día fomos facendo nos lugaresque visitamos.
Como sempre,
levantámonos cediño, para desprazarnos , a maioría de nos, dende a nosa aldea ata a
vila de Portomarín onde nos agardaba o autobús con dous condutores para así,
debido a prohibición de non poder estar
activos mais de 15 horas, nos quedaramos sen tempo para disfrutar do día como a
nos nos gusta.
Saída as
7.45 de Portomarín, recollendo algunhas das viaxeiras de camiño o Pazo da Oca
no Concello da Estrada, con una parada
mínima para tomar o primeiro cafeíño da mañá, as nosas presas desbordaron un
pouco o camareiro do bar onde paramos, xa que si café, si croasant, que si a min
no me atende.....ai mamaíña ......o home non sabia a quen atender!!!!.
Xa no
Pazo da Oca, e como tiñamos cita concertada, estaba a guía para mostrarnos o
interior do Pazo, previo pago de 13 Eurazos por cada unha de nos....aínda que
nos parece abusivo, unha vez dentro, dáste conta que aquel patrimonio e malo de
conservar, e que de algunha maneira foi unha colaboración para poder disfrutar de el. Estas son algunhas fotos do
interior....
Estos xarróns de Sargadelos, que se encontran na sala de xogos, son os únicos que se conservan según a guía nin siquera a propia fábrica de Sargadelos os conserva, sendo o seu valor altísimo.
O Pazo ten unha igrexa a que podía
acceder todo o vecindario, pero o que si non estaba ben visto e que a nobreza
se mesturara ca xente do pobo, a tal fin, creouse un pasadizo polo que os
señores accedían a unha galería na
parte alta do templo desde onde participaban na celebración da eucaristía, e a
xente do pobo estaba na parte baixa..... a foto que sigue foi tomada dende esa
parte alta da iglesia.
En esta foto
pódese inferior apreciar a terraza de paso dende o Pazo a igrexa, que antes mencionamos
Mais vistas exteriores do Pazo
O noso recordo do paso
por ali
Xa
rematamos a visita o interior do Pazo, ahora quedan os xardíns, dos que a
guía nos da uns planos a cada unha de nos para que visitemos libremente.......
8 ha de natureza para disfrutar nas que
calquera podería pasar parte do día, pero nos, tiñamos outros visitas programadas asi que, apurando o mais posible percorremos cada
un dos rincons de este espectacular xardín, do que levamos con nos estas fotos
e o maravilloso recordo de volver outro día para disfrutalo con mais calma.
o laberinto
o lavadeiro

Dende aquí, puxemos rumbo a Carnota, que e coñecida polos
seus hórreos, xa que aquí atópase un dos mais grandes de Galicia, con 37.4 m de
largo e 22 pares de pes; foi construído
no século XVIII e hoxe e monumento
nacional. O lado do hórreo e do pombal esta a igrexa se Sta Comba tamén do
século XVIII
Dende aquí, dirixímonos a unha paraxe natural de excepción,
que e a desembocadura do río Xallas, que cae o mar formando unha fermosa
fervenza de uns 100 m de altura, sendo a única de Europa que verte directamente
no mar
Desde a fervenza tivemos que facer unha pequena parada
para comer, a un restaurante un pouco alonxado da costa, aproveitando para subir a o Mirador
do Ézaro, xa que dende a fervenza, aínda que hai unha carretera para poder
subir, non deixan subir autobuses pola forte pendente, unha señal o lado do
mirador, advertía de unha pendente do 30%. Alí disfrutamos de unhas fermosas
vistas e aproveitamos para facer algunhas fotos mais antes de dirixirnos a
Fisterra onde tomamos o autobús para retornar a casa, non sen antes cear de
camiño como acostumamos a facer, esta vez en Melide, no Restaurante Xoldra,
para chegar de regreso sobre a 1 da madrugada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario