Portomarín, como todos ben sabemos, foi nomeado eses días atrás concello de interese
turístico pola Xunta de Galicia, un mérito que para conseguilo hai que reunir
unha serie de características, e que, Portomarín inda sendo un pobo con pouco
mais de 1600 habitantes, deu a talla, xa que, de todos e coñecido, o seu valor
tanto paisaxístico como arquitectónico, e sumado a isto, ten un valor engadido que lle temos que
sumar, que e a afluencia de turistas e peregrinos que chegan a vila
atraidos polo camiño francés.
Ten tamén unha gastronomía propia da zona, dende fai
moitos moitos anos, as xentes de Portomarín, eran expertos pescadores de
anguía, para o que utilizaban os famosos caneiros, construcións ancestrais que se facían para a
pesca da anguía con aparellos completamente tradicionais durante as crecidas do
Rio Miño, e que, a Asociación O Carrual de
Portomarín esta tratando de recuperar restaurando caneiros e tratando de
recuperar todo os materiais destinados a pesca da anguía dende fai moitos anos
atrás.
Esta forma de pesca, faise en vivo, xa que a anguía e
conducida a través de estas construcións, ata as redes onde quedan atrapadas
vivas e así son sacadas o exterior.
Por iso aquí en Portomarín, son moi típicos os pratos
preparados con anguía cociñados de moi diversas maneiras, fritidas, guisadas,
en empanada ou incluso en un delicioso guiso de anguia entre outras moitas
receitas das que son posuidores os habitantes do noso
municipio.
Istes feitos, (declaración de concello de interese
turístico, a anguía como prato exquisito moi típico da zona) unido a outros produtos
que tamén teñen un moi recoñecido
renombre como son a tarta de santiago
elaborada en Portomarín e a súa famosa
augardente, foron quizás o que fixo que a TVG se fixase en nos para grabar un dos seus programas
culinarios ...GASTROPODOS, rodado integramente na vila de Portomarín.
Este programa foi emitido este domingo día 4 de setembro,
día das festas patronais en honrra a Sto Cristo, festas tamén de moita sona en
toda a comarca con importantes actuacións que atraen a moitos turistas estos
días pola variedade de expectáculos e
actividades que a comisión de festas programa e organiza ; e que debido a este feito, moitos veciños, o encontrarse en celebraciónos
familiares, non puderon ver a telvisión cando o programa foi emitido, polo que,
intentamos compartir o enlace dende este blog
para todos vos
ENLACE A GASTROPODOS