Este pasado día 23,
como xa anunciáramos na carta dirixída a todas vos, pasamos unha bonita xornada pola Costa
Luguesa.
Saímos as 9 da mañan da Praza do Concello, e aínda que non
madrugamos, o dia deunos para moito, xa que, regresamos pasadas as 11 da
noite.
Como xa vos dixen, saímos as 9 da mañá e despois de
consultar as mareas, decidimos dirixirnos a praia das catedrais aproveitando
que a marea a esa hora estaba baixa, aínda que o día estaba cuberto
pasamos un bo ratiño paseando por esta fermosa praia, fixemos as fotos de rigor e despois de tomar un cafeíño saímos para Foz








Algunha tamén tivo algún que outro problema co
movil..........preguntome eu?..........que seria o que lle ensinaba María a Xosefa para estar as dúas tan entusiasmadas!!!!
A primeira foto de familia,
e dar as grazas a Xosé Luís, (o paciente condutor), sempre disposto a
facer fotos e todo o que fixo falta. O problema e que sempre
faltaba algunha..........A mais guapa con diferenza, María a mais
pequeniña de todas nos, seguida das duas moziñas do grupo, Tamara e Andrea.
Marchamos para
Foz e chegado alí, montamos un piknic no merendeiro que había o carón
da praia para non perder moito tempo,
comemos, e rapidamente fomos a darnos un
refrescante baño na praia de Foz,ateigada
de xente a pesar de ser un día de
semana.
Estivemos alí hasta
ben entrada a tarde.

Dende alí partimos para Viveiro, subimos o monte de San Roque onde puidemos disfrutar das preciosas vistas de Viveiro, logo demos un paseo pola vila e regresamos xa de cara Portomarín, pero non sen antes parar a merendar en unha bonita zona recreativa de Vilalba.

Ningún comentario:
Publicar un comentario