
A directiva de O Xaramago en unha reunión recente, acordou
establecer un calendario para as próximas actividades, que e o seguinte:
O próximo día 23 de xullo,(mércores) realizaremos unha vista a Mariña Luguesa, visitaremos foz , Viveiro, Praia das Catedrais... e pasaremos boa parte do día en unha praia da
zona que decidiremos sobre a marcha.
O transporte corre a cargo da asociación e a comida,
decidimos que cada unha se faría cargo da súa e será de bocadillo para non perder
tempo para comer; a saída será coma sempre da praza do concello as 9 da mañá
.
Si hai algunha persoa que non sexa
socia que desexe acompañarnos recibirémola encantadas, pero tera que pagar o
custo do autobús.
Programamos outras dúas saídas a praia para os días 6 e 27 de agosto ; cada día iremos a un sitio
distinto que iremos decidindo entre todas.
O centro de Artesanía
e Deseño subvenciónanos un curso de elaboración de xabóns, (cubre os gastos docentes), os materiais necesario correran a cargo de
cada unha das socias e será de aproximadamente uns 35€ por persoa. Proximamente concretaremos fecha e lugar para a
realización de dito curso.
Cabe tamén a posibilidade de facer un curso de automaquillaxe, faríase en grupos de 3
persoas, con unha duración de 3 horas a convir, o custo por persoa seria de 48€, inclúe os materias que se utilizan.
Se estades interesadas en participar no curso de cestería que se está a impartir no
Cruceiro aínda podedes apuntarvos.
Recordarvos as que non pagastes a cota de socias, que o fagades o antes posible
facendo constar, cando fagades o
ingreso, cuota 2014, importante para nos poder contabilizar quen a abonou e quen non.
Xa sabedes que coma sempre podedes
chamar a os nosos teléfonos para informarvos mellor :
Lola.......................600 318 163
Isolína...................619 287 881
Aurora..................670 580 759
Mº
Carmen...........657 485 853
Un
saudo .........O Xaramago

Ningún comentario:
Publicar un comentario