AUGARDENTE 2014
Como todos mui ben sabedes, este ano
imos xa pola XLIV Edición da Festa da
Augardente, sendo esta unha das festas gastronómicas e de exaltación dos
produtos da nosa terra mais antigas de todo Galicia.
As mulleres rurais ( O Xaramago), como non podía ser menos,
estivemos alí, disfrutando do día, que aínda que en algún momento, a choiva
caeo con forza, non conseguiu parar a chegada de visitantes que a o longo de
todo o día acudiron a Portomarín a disfrutar
das moitas actividades que se ofreceron.
Dende aquí, tratamos de facer un pequeno resumo do que foi o
día, para aqueles que non puideron vir,
e para os que estiveron recordarlles un pouco o que foi esta longa
velada de domingo en Portomarín.
Isto empezou as 10 da mañá co prendido das alquitaras que
destilaron durante todo o día na praza do concello
Celebrouse a procesión do Santo Encontro e
unha misa solemne, e despois de isto, a xente aproveitou un ratiño para
degustar os produtos típicos do concello, a prezos moi económicos, e xa bo
momento para tomar unha augardente acompañada de unha tapiña de empanada de anguías
ou un queixo de pousada acompañado de un bo viño denominación ribeira sacra.
Esta degustación e promovida polo Concello, que cada ano, lle da
os produtos a unha asociación para que a traballe e así sacar un pouco de
diñeiro para as súas actividades, e este ano, as que tivemos esta honra, fomos
nos, a “Asociación de Mulleres rurais o Xaramago"
E aquí nos
tedes no estant destinado a nos, esperando que a degustación empece, tratando
de telo todo a punto para o momento, procurando que todo saíra ben para estar a
altura das circunstacias
A o mesmo
tempo, na Casa do Concello, tiñamos expostos algúns dos nosos traballos, que,
coma cada ano dende que facemos a exposición, tivemos gran cantidade de vistas
polo que queremos dar as grazas
Xa pola tarde,
e para reiniciar a actividade despois de un bo xantar, actuou a Charanga
Malosera

Nomeáronse as
damas e cabaleiros da Orden da Alquitara
Actuou o grupo de baile da Asociación Río Miño
A verbena estivo a cargo do
orquestra Miramar
e despois da verbena o bruxo queiman ofreceunos un
bonito espectáculo, O ser de noite non puden facer fotos con claridade, pero esta vez imos compartir as fermosas fotos que fixo Maensa Fotografia