Biscoito con
cachos de chocolate
Precisamos:
3 ovos
Un iogur
natural ou de
limón
Un
vaso dos de iogur de aceite
2
vasos dos de iogur de azucre
3
vasos dos de iogur de fariña
1
tableta de chocolate nestle postres ou similar.
Maneira de facelo:
Preparamos
en primeiro lugar, o molde onde vamos a metelo o forno votando unhas gotiñas de aceite , quentámolo un pouco e engraxamos
todo o molde moi ben engraxado, logo salpicamos unha pouca fariña para que non
se nos pegue o biscoito.
Separamos as claras das xemas dos ovos.
Picamos
o chocolate en cachiños ,uns dous vasos
de iogur serán suficientes, se engadimos moito irásenos a o fondo do biscoito; reservámolo.
A
xemas engadímoslles o azucre, o iogur natural, o aceite, a lavadura e a rapadura
de un limón e batemos un pouco hasta que
quede cremoso e reservamos.
Montamos
as claras a punto de neve e engadimos
pouco a pouco a mestura de ovos, azucre, lavadura... , seguimos batendo
un pouco mais.
Para
terminar, engadimos a fariña en movementos envolventes sen bater hasta que
quede todo moi ben mesturado con coidado de que non se nos vaia o fondo, e por
ultimo engadimos o chocolate picado mesturando ben co resto dos inredientes.
Votamos no molde e metemos o
forno a 18oº o tempo de cocedura depende do forno así que comprobamos con unha
agulla cando esta feito,
Podemos facelo tamén con noces, botándolle un chorro de nocilla que antes
derretemos no microondas con coidado de que non se nos queime, botándolla no momento antes de metala no forno cou un chorro repartido por todo o biscoito ou engadíndolle
as dúas cousas , nocilla e noces que esta riquísimo ou simplemente solo o
biscoito sen engadirlle nada, podedes ir probando as distintas variedades para
ver cal vos gusta mais...
Esquecía decir que esta, tanto o biscoito como as fotos fixoas a miña filla, (con algunha axuda mais), coa miña receta claro e cedeome as fotos amablemente, porque se sentía moi orgullosa do seu logro........para ela e as suas axudantes....un biquiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario