de todo un pouco

mércores, 12 de decembro de 2012

CALDO DE OSOS



O caldo de osos e un prato típico do concello de Taboada, que de feito lle dedica unha festa gastronómica que  celebra  cada ano o domingo de carnaval, que conta con  moita popularidade e afluencia de público.

As parroquias de Portomarín próximas a este concello,  tamén preparamos este prato o día da  parta do porco.

Un dos primeiros traballos a facer ese día e o de sacar o espiñazo do porco, tamén coñecido como soa para elaborar este exquisito prato, que sen el, o día da parta, no sería o mesmo. A súa elaboración e moi parecida a dos callos, pero quizás un pouco menos espeso e picante ca estes, toda a graza está nos osos, e cando se elabora en días  que non e o da parta,  nunca se consegue o mesmo sabor.

            INGREDIENTES:

Ø  Osos de espiñazo ou soa

Ø  Garavanzos

Ø  Patacas

Ø  cebola

Ø   allo

Ø  Pemento doce

Ø  Pemento picante

Ø  Un pouco de unto para facer o refrito

Ø  Os sexos dos porcos (opcional)

 

MANEIRA DE FACELO:

Poñemos unha pota con auga o lume ata que ferva, picamos os osos de soa e botámolos a cocer un rato antes de engadir os garavanzos que temos a remollo dende o dia anterior para que nos sexan bos de cocer.

Engadimos  unha cebola a cocción e un dente de allo enteiro, que despois sacaremos antes de servir.

            Pelamos as patacas e picámolas en cadrados coma para o caldo normal, sempre deben prevalecer os garavanzos sobre as patacas, e dicir, que en este caldo a maioría da súa composición sexan garavanzos.

             Limpamos os sexos  ben limpiños de sangue e sacámoslles unha especie de pel que os envolve, picámolos un pouco e botámolos tamén a cocer, se non nos gustan podemos suprimilos, pero danlle un sabor moi especial a este prato.

             Cando xa estea cocido, botamos un pouco de unto en unha tixola (ou aceite de oliva) para facer un refrito; para isto  engadimos un pouco de cebola e allo ben picadiño e cando xa esta sofrito, engadimos unha cullerada de pemento doce e baleirámolo encima do caldo.
 

Servímolo ben quentiño , e acompañámolo con un pouco de pemento  picante para quen queira engadirllo.

A mesma receita, pódese facer con fabas se nos gustan mais que os garavanzos, e de feito, o dia da nosa matanza, acostumamos a facelo das dúas maneiras habendo tantos partidarios do de fabas coma do de garavanzos.

8 comentarios:

  1. No sé,pero no creo que me gustase.Prefiero un buen caldo gallego.Bicos Xoan

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bicos Xoan, casi podo garatirche que si che gustan as potaxe che gustara, animate, e ben a festa gastronomica que se fai de éste riquísimo prato cada domingo de carnaval en Taboada, ou o que e mais sinxello, colle a receita, e animate a facelo. Saudos e gracias por seguirnos e por comentar

      Eliminar
  2. que bien comeis en portomarin y por supuesto lo mas natural del mundo tiene buena muy buena pinta como todo lo gallego un saludo

    ResponderEliminar
  3. si ten boa pinta, e un riquisimo sabor e claro que e un prato moi moi natutal, con igredientes moi sinxelos e fáciles de conseguir. Un saudo para ti

    ResponderEliminar
  4. esta riquisimo encantanme os pratos tradicionais tedes que subir mais receitas saudos. Ana

    ResponderEliminar
  5. Alégranos que che gustara o caldo, e que te animaras a facelo. Intentaremos subir mais receitas, claro que si, todas elas feitas por nos, ainda que non somos profesionais da cociña intentaremos compartir con vos todas as nosas experiencias como mulleres traballadoras e o mesmo tempo amas de casa que nos gusta conservar a tradiccion do rural, Gracias Ana, un saudo e felices festas

    ResponderEliminar
  6. Un saúdo a asociación, e parabéns polo traballo feito, así como por toda a información do concello, receitas, etc. A bon seguro que formará parte da inquedanza de moitas persoas por visitalo e coñecelo mellor.

    Pepe, de Santiago

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Pepe polos teus parabense, por visitar o noso blog, que facemos con todo o cariño para que sexa do agrado dos nosos visitantes. Non somos expertas cociñeiras, solo sinxelas amas de casa, que nos gusta conserva o tradiccional, que, moitas veces, en este tempo de presas, vemos que está a piques de desaparecer

      Eliminar