luns, 31 de decembro de 2012
mércores, 12 de decembro de 2012
CALDO DE OSOS
O caldo de osos e un prato típico do
concello de Taboada, que de feito lle dedica unha festa gastronómica que celebra
cada ano o domingo de carnaval, que conta con moita popularidade e afluencia de público.
As parroquias de Portomarín próximas a
este concello, tamén preparamos este
prato o día da parta do porco.
Un dos primeiros traballos a facer ese
día e o de sacar o espiñazo do porco, tamén coñecido como soa para elaborar
este exquisito prato, que sen el, o día da parta, no sería o mesmo. A súa
elaboración e moi parecida a dos callos, pero quizás un pouco menos espeso e
picante ca estes, toda a graza está nos osos, e cando se elabora en días que non e o da parta, nunca se consegue o mesmo sabor.
INGREDIENTES:
Ø
Osos
de espiñazo ou soa
Ø
Garavanzos
Ø
Patacas
Ø
cebola
Ø
allo
Ø
Pemento
doce
Ø
Pemento
picante
Ø
Un
pouco de unto para facer o refrito
Ø
Os
sexos dos porcos (opcional)
MANEIRA DE FACELO:
Poñemos unha pota con auga o lume ata que
ferva, picamos os osos de soa e botámolos a cocer un rato antes de engadir os garavanzos
que temos a remollo dende o dia anterior para que nos sexan bos de cocer.
Engadimos
unha cebola a cocción e un dente de allo enteiro, que despois sacaremos
antes de servir.
Pelamos
as patacas e picámolas en cadrados coma para o caldo normal, sempre deben
prevalecer os garavanzos sobre as patacas, e dicir, que en este caldo a maioría
da súa composición sexan garavanzos.
Limpamos
os sexos ben limpiños de sangue e
sacámoslles unha especie de pel que os envolve, picámolos un pouco e botámolos
tamén a cocer, se non nos gustan podemos suprimilos, pero danlle un sabor moi
especial a este prato.
Cando
xa estea cocido, botamos un pouco de unto en unha tixola (ou aceite de oliva)
para facer un refrito; para isto
engadimos un pouco de cebola e allo ben picadiño e cando xa esta
sofrito, engadimos unha cullerada de pemento doce e baleirámolo encima do
caldo.
Servímolo ben quentiño , e acompañámolo
con un pouco de pemento picante para
quen queira engadirllo.
A mesma receita, pódese facer con fabas
se nos gustan mais que os garavanzos, e de feito, o dia da nosa matanza,
acostumamos a facelo das dúas maneiras habendo tantos partidarios do de fabas
coma do de garavanzos.
luns, 10 de decembro de 2012
filloas de sangre
Estamos en
tempo de matanza, e aquí na nosa zona, na maioría dos fogares seguimos mantendo esa
bonita tradición, que ademais de facer os traballos propios da matanza, serve
de encontro de familiares e amigos.
Ligadas as matanzas hai unha serie de
receitas; tales como as filloas de sangre, o fígado encebolado, o caldo de osos,
a zorza............, un senfín delas dependendo de cada zoa de Galiza,
FILLOAS DE SANGRE:
INGREDIENTES:
v
Medio litro de leite
v
Medio litro de auga
v
1 vaso non moi grande de sangre de porco
v
4 ovos
v
Fariña ( a que admita)
v
Peladura de un limón
v
Un anaco de touciño
v
Un pouco aceite de oliva
v
Azúcre ou mel
MANEIRA
DE FACELAS:
En un bol batemos
ben os ovos, e engadimos o leite o que lle mesturamos a misma cantidade de auga e a
raiadura do limón, e un pelizco de sal, cando todos os ingredientes estean ben
mesturados, vamos engadindo a fariña pouco a pouco, hasta que non nos quede
ningún grumo, engadimos o sangue e mesturamos ben, deixamos repousar sobre unha
hora.
En unha taza botamos un pouco de
aceite de oliva e con un garfo pinchamos o anaco de touciño e metémolo no
aceite.
Poñemos unha tixola a quentar, e
cando xa estea quente, fregámola co anaco de touciño, con un cucharón imos
botando masa, e extendendoa de maneira que quede o mais fina posible, cando xa
se cualle, dámoslle a volta e pasámola polo outro lado, botámola nun prato e
espolvoreámolas de azúcre ou mel; repetimos
a operación hasta acabar toda a masa.
Deixamosvos tamen este enlace se queredes saber algo mais sobre as filloas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)