de todo un pouco

venres, 10 de agosto de 2012

ROSQUILLAS DE ANÍS

Ingredientes:
  1 kg de fariña
4 ovos
1/2 vasos de aceite
1 vaso de auga

1 vaso de leite
½ vaso de anís ou esencia de anis
Azucre
Lavadura en po ou un sobre de levadora de panadería

 Maneira de facelas:
Mesturamos ben a fariña coa levadora, batemos os ovos, e engadímoslles o leite a auga, o aceite e o anís, poñémolo a quentar o lume tendo coidado que non nos queza moito para que non se tralle o ovo.
Con esta mestura amasamos a fariña hasta conseguir unha masa ben traballada que non se nos pegue as mans
Cubrimos a masa con un pano e deixámola repousar nun sitio a poder ser quentiño para que levede. O tempo de levedado depende a levadora que utilicemos, se e tipo roial levaralle mais tempo que si e levadora de panadería. Podemos comprobar que está cando estea o suficientemente esponxosa coma para dobrar o seu volume.
Cando estea léveda a masa, procedemos a modelar as rosquillas deixándoas un anaquiño para que de novo levede a rosquilla feita.
Poñemos a quentar abundante aceite en unha tixola a fogo non moi forte, cando este quente fritimos as rosquillas a fogo non moi forte para que non se nos queimen e mais para deixarlles tempo a que se nos pasen ben por dentro e así saian mais esponxosas.
Despois de fritilas, procedemos a facerlles o almíbar, botando en unha tixola sobre ½ kg de  azucre o que lle engadimos ½ vaso de auga. Deixamos cocer hasta conseguir que este a punto de  ebra.
            Pasamos a roscas unha a unha por el para que nos queden ben impregnadas, cando o almíbar se enfríe estarán listas para servir.
Nota: as cantidades son orientativas, podemos varialas a gusto. Se non e suficiente cantidade para amasar ben a fariña podemos engadir leite ou auga.

2 comentarios:

  1. deliciosas... me encantan.... gracias por la receta.... espero que publiques mas rcetas todos estan deliciosas... gracias

    ResponderEliminar
  2. publicaremos mais claro que si, iremolas facendo e facendo fotos para podervos ofrecer mais postres e mais recetas de todo tipo, ainda que claro estä, que nos non somos cociñeiras profesionais,solo simples mulleres rurais que nos gusta conservar as tradiccións e as receitas da cociña tradicciona que algunhas xa case que estan un pouco lonxe do nosos recordos.

    ResponderEliminar