ROSQUILLAS DE ANÍS
Ingredientes:
1 kg de
fariña
4 ovos
1/2 vasos de aceite
1 vaso de auga
1 vaso de leite
½ vaso de anís ou esencia de anis
Azucre
Lavadura en po ou un sobre de levadora de panadería
Maneira de facelas:
Mesturamos ben a
fariña coa levadora, batemos os ovos, e engadímoslles o leite a auga, o aceite
e o anís, poñémolo a quentar o lume tendo coidado que non nos queza moito para
que non se tralle o ovo.
Con esta mestura
amasamos a fariña hasta conseguir unha masa ben traballada que non se nos pegue
as mans
Cubrimos a masa con un
pano e deixámola repousar nun sitio a poder ser quentiño para que levede. O
tempo de levedado depende a levadora que utilicemos, se e tipo roial levaralle
mais tempo que si e levadora de panadería. Podemos comprobar que está cando
estea o suficientemente esponxosa coma para dobrar o seu volume.
Cando estea léveda a
masa, procedemos a modelar as rosquillas deixándoas un anaquiño para que de
novo levede a rosquilla feita.
Poñemos a quentar
abundante aceite en unha tixola a fogo non moi forte, cando este quente
fritimos as rosquillas a fogo non moi forte para que non se nos queimen e mais
para deixarlles tempo a que se nos pasen ben por dentro e así saian mais
esponxosas.
Despois de fritilas,
procedemos a facerlles o almíbar, botando en unha tixola sobre ½ kg de azucre o que lle engadimos ½ vaso de auga.
Deixamos cocer hasta conseguir que este a punto de ebra.
Pasamos a roscas unha
a unha por el para que nos queden ben impregnadas, cando o almíbar se enfríe
estarán listas para servir.
Nota: as cantidades
son orientativas, podemos varialas a gusto. Se non e suficiente cantidade para
amasar ben a fariña podemos engadir leite ou auga.