Solemos utilizar este blog para comentar cousas que pasan
no noso concello e mais e unha plataforma para ir contarvos o que imos facendo na nosa asociación
na que ultimamente tivemos un montón de actividades das que non demos conta.
E como di o refrán que ovella que vala bocado que perde,
xa imos empezar a contarvos mais ben con imaxes as nosas ultimas actividades
que intentaremos resumir todas en este post.
GRAVACIÓN DE
GRANDES LUGARES
A TVG, púxose en contacto con nos para a gravación do programa Grandes Lugares, no que participamos de unha maneira moi activa
pasando un bonito día de gravación do
que dan conta estas imaxes.
A gravación prolongouse durante todo o día 9 de febreiro
de 2017, fomos a comer co equipo de
gravación a Adega de Cabanas, un menú riquísimo do que dan testimonio tamén as
fotos.
VISITA AS TORRENTES DE MACARA E BALNEARIO DE PAMBRE
Coa chegada da primavera solemos reiniciar as saídas e
excursións, e esta foi a primeira do 2017.
Un sábado de marzo,
collemos os nosos coches, roupa e calzado cómodos e dispuxemos a pasar unha
velada en contacto ca natureza a primeira hora da mañas e xa terminada a visita
as torrentes, unha xornada de relax no Balneario de Pambre con unha comida
todas xuntas no Pazo de Lodeiro e posterior visita a Feira do Viño de Chantada
onde algunhas de nos estivemos de festa hasta xa ben avanzada a noite, en este
vídeo temos algunhas das moitas imaxes que son reflexo da fermosura de estas
paraxes
O expectacular da pasaxe ben merece un momento de relax e de descanso observando e escoitando o ruido da auga
Mereceo a pena chegar ala arriba
Xantando no Pazo de Lodeiro, onde como de costumbre fixemos a foto de familia.

O alcalde metendo o primeiro pan no forno
Botella de champan obsequio do alcalde Juan Serrano para a ocasión
Este foi o resultado da fornada
@s forneir@s co pan xa elaborado
As empanadas repartíronse entre os asistentes a inauguración
FESTA DA AUGARDENTE
vídeo da exposición de manualidades
O expectacular da pasaxe ben merece un momento de relax e de descanso observando e escoitando o ruido da auga
Mereceo a pena chegar ala arriba
Despois da caminata un relaxante baño termal antes de partir para o Pazo de Lodeiro a disfrutar de un bo xantar en un ambiente moi acolledor
Xantando no Pazo de Lodeiro, onde como de costumbre fixemos a foto de familia.

INAURACIÓN DO FORNO COMUNITARIO DE PORTOMARIN
O pasado 15 de abril, véspera da Festa da Augardente, fomos noticia no Progreso por participar na
inauguración do forno colectivo que o concello mandou construír para uso comunitario dos veciños, elaborando a
primeira fornada de pan entre algunhas de nos e o alcalde Juán Serrano que se
encargou persoalmente de quentar o forno.
O pan e as empanadas que se fixeron coméronse acompañando
a riquísima paella que preparon membros da Asociación Río Miño.
Como testimonio de esta tarde na que
o alcalde nos obsequiou a todas as que participamos con unha botella de
un champan especial para a ocasión quedaron todas estas fotos que vos deixamos.
Traballando con ganas
O alcalde metendo o primeiro pan no forno
Botella de champan obsequio do alcalde Juan Serrano para a ocasión
Este foi o resultado da fornada
@s forneir@s co pan xa elaborado
As empanadas repartíronse entre os asistentes a inauguración
FESTA DA AUGARDENTE
Un dos actos que sempre e habitual na Festa da Augardente
e a nosa exposición, a que montamos con gran entusiasmo porque sempre contamos
con un gran número de visitantes, o que nos anima a seguir mostrando os nosos
traballos, e celebrar tamén unha xornada festiva xuntas, disfrutando dos actos
que se ofrecen ese día dende a misa e a procesión hasta rematar a verbena
Este ano, ademais da exposición, celebramos outro
acontecemento, que foi o nomeamento da presidenta da nosa asociación Dama da
Serenísima Orden da Alquitara; acudindo alí todas as que podemos para acompañala no nomeamento, de todo isto, son
fel reflexo todas estas imaxes e vídeos
vídeo da exposición de manualidades
Algúns momentos
da exposición
NOMEAMENTO DA NOSA PRESIDENTA COMO DAMA DA SERENÍSIMA ORDEN DA
ALQUITARA