Hoxe, foi un día de esos longos, nos que as cousas amontóanse e, nunca acabas o que tes que facer, de todos e sabido que no medio rural de estos días hai moitos o longo do ano.
O mesmo tempo, sentía que chegara a hora que chegara a casa tiña unha cousa pendente, que era facer a miña pequena homenaxe a ese poeta co que tanto me identifico e o que hoxe se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Unha das miñas tarefas cotidiáns, como todos os que nos dedicamos a gandería, e facer o muxido, que hoxe tamén me tocou soa, así que entre vacas, e co ruxido da muxideira, acompañada do meu inseparable Lubís ( o meu canciño), matinei isto que vou a publicar para todos vos, que e miña humilde homenaxe a Manuel María.
De camiño a
casa recollín unhas cantas cousas que acompañadas de unha antoloxía
poética do homenaxeado e unhas cantas
montaxes que pensaba facer me serviría para acadar o meu propósito.



Algunhas das súas poesías son cantadas por grupos de música galegos como e o caso “do carro” ou “Galiza”

Ou o carro