MERMELADA DE CIROLA

Este ano, a colleita de cirolas foi moi abundante, e iso fíxome plantexar que facer cos excedentes e pensei en unha marmelada de cirolas que por certo salio riquísima por iso vos vou a deixar esta sinxela forma de facela por se vos animades.
Ingredientes:
Azucre
Cirolas (no meu caso
negras)
Limón (opcional)
1.-lavamos as cirolas
e poñémolas a escorrer hasta que estean ben secas.
2.-sacamos os osos das cirolas e vámolas botando no recipiente onde vamos a cocelas
3.-engadimos azucre a razón de 500gr por cada kg de cirolas e o zume de limón (opcional)
4.-removemos e deixamos macerar todo isto tapado durante unhas horas,(pode incluso deixarse macerar durante unha noite) xa que así o azucre vaise derretendo e facilitaranos a cocción.
5.-poñemos a cocer, removendo constantemente para que non se nos queime,e vixiando que non se nos saia da cachara porque o principio adopta facer moita espuma e pode saírse.
6.-deixamos cocer hasta que vexamos que ten a consistencia que desexamos, tendo en conta que o arrefriar sempre collera algo de mais consistencia.
7.- envasamos en botes de cristal, que si vamos a gardar durante moito tempo teremos que ferver o baño maría, si vamos a consumir pronto non será necesario, xa que pola alta concentración de azucre adoita conservarse bastante ben na neveira.
A forma que eu utilizo para conservala durante moito tempo e metela botes ou en tapers pequenos e conxelala, así podemos alongar a súa conservación