
Levamos xa dous anos de blogueiras, xa que, a nosa primeira entrada, esta datada o 14 de febreiro do ano 2012; en este
tempo, tratamos de compartir con vos os nosos traballos, o noso sentir, as nosas
actividades, e todo o que fomos facendo na asociación nestes dous anos, en un
total de 66 entradas.
A día de hoxe, o marcador de páxinas visualizadas, contabiliza un
total de 9083, o que nos enche de satisfacción e nos anima a seguir publicando,
facendo vídeos das nosas cousas e compartilos con todas as persoas que nos
visitades.
Podemos comprobar, no noso contador de visitas, que entran a ver a
nosa páxina dende numerosas partes do
mundo, dende O Xapón ou Moscú, hasta países hispano americanos como poden ser
Brasil ou Arxentina e como non podía ser menos dende numerosos puntos da
xeografía galega e nacional.
Creemos tamén, que por todos estes motivos e porque o contido xa era
moito e moi difícil de encontrar o que
se buscaba, debíamos de organizar un pouco todo o contido do blog, e
estamos traballando en elo para que sigades visitándonos, deixando os vosos
comentarios e as vosas suxerencias e así, conseguir este reto, que e o de
compartir todas as nosas cousas con vos. traballar para chegar as 10000 páxinas visualizadas, que xa están ahí a volta da esquina, e como non conseguir as 20000, que ainda que parece un reto difícil de lograr estamos seguras de que o acadaremos con todos vos que nos visitades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario